27/10/2026
Nunha época na que a crise climática é unha realidade diaria e sabemos os estragos que causa o plástico nos nosos ecosistemas, o Concello de Vilagarcía segue apostando por tapizar , parques infantís e mesmo áreas portuarias con céspede artificial.
Aínda que se venda como unha opción limpa ou de baixo mantemento, a realidade é outra moi distinta: No verán, o céspede artificial alcanza temperaturas altísimas (superando facilmente os 50 °C ou 60 °C), facendo os parques impracticables e queimando a pel dos máis pequenos.
Co uso, o sol e a choiva, as fibras desgástanse. En zonas costeiras ou portuarias, o vento e a escorrentía arrastran estas partículas directamente ao mar, contaminando a vida mariña.
Existen múltiples estudos e normativas de urbanismo sostible que recomendan alternativas naturais e seguras para os espazos de xogo:
Corteza de piñeiro, virutas de madeira natural, area ou grava, amortiguan de marabilla as caídas e permiten o xogo sensorial dos nenos con elementos naturais.
Encher o Concello non cumple Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da axenda 2️⃣0️⃣3️⃣0️⃣
ODS 14 (Vida Submarina): Reducir a contaminación por plásticos e protexer as augas costeiras.
ODS 15 (Vida de Ecosistemas Terrestres): Frear a perda de biodiversidade e a degradación do solo.
AODS 11 (Cidades e Comunidades Sostibles): Crear espazos verdes e de xogo reais, seguros, saudables e resilientes ao clima.
Seguimos pensando que o concello ten MOITO que mellorar en materia de medioambiente. Non queremos unha vila plastificada.