24/08/2026
Crónica do histórico encerro de Vilaboa
Vilaboa viviu un día de gloria, perigo e plástico inchable nun encerro que pasará á historia da tauromaquia local.
O cartel anunciaba tres reses de enorme bravura: dúas vaquillas e o temido touro “Manso”, disposto a poñer a proba os reflexos do mestre Emilio “Jamardito de la Rosaleda”.
E vaia se os puxo!
Tras uns instantes de máxima tensión, “Manso” caeu fulminado tras unha estocada perfecta do mestre Jamardito de la Rosaleda, executada cunha precisión que fixo tremer ata os espectadores máis veteranos. A praza enmudecía… bueno, algún tamén ría, pero seguramente pola emoción.
Mentres tanto, as dúas vaquillas protagonizaron a súa propia faena.
Unha delas, facendo honra ao seu espírito rebelde, emprendeu unha espectacular fuxida a toda velocidade. Desde entón, nada se sabe dela. Descoñécese o seu paradoiro e hai quen asegura que aínda segue correndo por algún lugar de Vilaboa, buscando unha saída e preguntándose como acabou metida en semejante lío.
A outra vaquilla tivo un destino ben diferente. Despois de demostrar unha extraordinaria capacidade para o baile e un ritmo impropio dunha res da súa categoría, o público pediu clemencia. E así foi: indulto merecidísimo.
Deste xeito rematou un día para o recordo:
Un touro no chan, unha vaquilla en paradoiro descoñecido e outra indultada por artista.
Vilaboa xa ten nova lenda taurina.
E o mestre Emilio “Jamardito de la Rosaleda”,
xa pode presumir de ter cortado, polo menos, unha orella… de plástico. 🐂🎩
Un OLE! para os que fixeron posible que xa seamos oficialmente "Os da vaquilla"!!!
Emilio, T**i, Diego e Alvaro grazas infinitas