22/12/2025
✔️𝐂𝐨𝐦𝐞𝐳𝐚𝐧 𝐨𝐬 𝐩𝐚𝐬𝐞𝐨𝐬 𝐝𝐞 "𝐍𝐚𝐝𝐚𝐥 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐭𝐨𝐝𝐱𝐬" 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐩𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚𝐬 𝐝𝐞𝐩𝐞𝐧𝐝𝐞𝐧𝐭𝐞𝐬 𝐞 𝐜𝐨𝐧 𝐝𝐢𝐯𝐞𝐫𝐬𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞
📌Trala excelente acollida do pasado ano, vólvese a poñer en marcha dende hoxe “Un Nadal para Todxs”, unha iniciativa solidaria organizada por profesionais e comerciantes de Vilagarcía, xunto cos clubes ciclistas da cidade, respaldados polo Concello de Vilagarcía.
📌Son paseos na carroza de Papá Noel para que maiores dependentes ou persoas con diversidade poidan contemplar a iluminación e decoración navideñas.
O itinerario, que se realiza na compaña dun familiar ou persoa coidadora, dura 30 minutos, sae desde Moto Bazar e finaliza cun chocolate e un biscoito.
📌As solicitudes poden realizarse en Moto Bazar ou en calquera negocio adherido a Zona Aberta.
No caso de persoas cun grado menor de dependencia, poderían viaxar dúas persoas xuntas se así o solicitan.
📌A organización tamén fai un chamamento á participación voluntaria da cidadanía “para dar unhas pedaladas por unha boa causa e compartir a experiencia coas persoas usuarias”
O requisito é ser maior de idade, levar algún atuendo de Nadal e, sobre todo, ganas de pasalo ben.
📌Zona Aberta aporta a merenda para as persoas que participan na actividade.
Os clubes Arousa en Bici, Arousa Bike BTT, BTT Trotacumes e Triatlón Vilagarcía aportarán unha vez máis as pedaladas que moverán a carroza de Papá Noel, cedida por Pablo Jueguen e Cristina Durán, promotores da iniciativa.
📌As viaxes comezan hoxe e se prolongarán ata o 3 de xaneiro sempre que a climatoloxía o permita, con saídas entre as 18.30 e as 20:30h., agás domingos, 24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro.
O número de viaxes será ampliable no caso de ser preciso e dispoñendo do voluntariado necesario.
Concello Vilagarcía de Arousa Arousa en Bici Triatlón Vilagarcía