Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo

Cómo llegar Página web

Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo, Asociación vecinal, rúa Oliva 12, Vigo.

Dende o ano 1998 a Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos presta atención, apoio e acompañamento ás mulleres no proceso de concienciación e ruptura cos malos tratos.

A Rede convoca á concentración que terá lugar este xoves día 29 de outubro de 2026 ás 20.00h, diante do Museo de Arte Co...
26/10/2026

A Rede convoca á concentración que terá lugar este xoves día 29 de outubro de 2026 ás 20.00h, diante do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO). Unha representante da nosa entidade lerá un comunicado en repulsa da violencia de xénero. Agardámosvos!

Dende a Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo, queremos informámosvos do Foro Aberto que terá lugar o...
22/10/2026

Dende a Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo, queremos informámosvos do Foro Aberto que terá lugar o vindeiro 4 de novembro de 2026.

Tareixa Ledo Regal levará a cabo un obradoiro nomeado: "Enraizadas no noso poder persoal e colectivo".

Podedes inscribirvos na seguinte ligazón: https://forms.gle/h2uULwX8ve7UnejL9

Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto a través dos teléfonos: 986 222 328 / 670 453 431

Agardámosvos!!

15⁰ Encontro de Mulleres✊🏻Dende a Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos convidámosvos a asistir a estas xorna...
21/10/2026

15⁰ Encontro de Mulleres✊🏻

Dende a Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos convidámosvos a asistir a estas xornadas os días 30 e 31 de outubro na Residencia de Tempo Libre de Panxón.

Levaránse a cabo 3 obradoiros simultáneos impartidos por:

- Tareixa Ledo Regal: "Das relacións de poder ás relacións de igualdade para o bo trato"

- Natalia Gantes Mella: "Recursos prácticos para a saúde física e emocional con perspectiva de xénero"

- Patri do Camiño: "As mulleres que deixaron pegada"

A inscrición pode facerse a través desta ligazón: https://forms.gle/gedJSvqNAQ7wRtgS8

O evento ten un custe de 5€ que se deberán aboar na oficina da Rede de Mulleres (rúa Oliva, 12 2⁰), antes da data do encontro. Dito custe inclúe todas as actividades, a pernocta, as comidas (almorzó, xantar e cea), así como o bus de ida e volta en caso de que haxa demanda suficiente do mesmo.

O IMPAGO DA PENSIÓN ALIMENTICIA NON É UNHA DISPUTA ECONÓMICA: É VIOLENCIA VICARIA.Dende a Rede denunciamos publicamente ...
05/10/2026

O IMPAGO DA PENSIÓN ALIMENTICIA NON É UNHA DISPUTA ECONÓMICA: É VIOLENCIA VICARIA.

Dende a Rede denunciamos publicamente unha das formas de violencia de xénero máis invisibles e comúns que sofren miles de nais e os seus fillos e fillas: a violencia económica a través do incumprimento do sustento vital dos menores.

Hai unha forma de dano que raramente se inclúe nas estatísticas porque se manifesta como pensións impagadas, pensións alimenticias non realizadas, gastos médicos nunca cubertos ou actividades extraescolares que unha crianza se ve obrigada a abandonar. Non se trata dun simple desacordo económico nin dun problema de liquidez, senón dunha estratexia deliberada de control e castigo.

Dende a Rede queremos recordar que:

1. A manutención dos nenos e nenas é un DEREITO FUNDAMENTAL, non unha concesión nin unha ferramenta de negociación ou chantaxe para debilitar a autonomía das nais.
2. O impago reiterado da manutención é chantaxe directa contra as nais: é unha coacción económica, que provoca unha presión emocional insoportable.
3. É un vehículo para a violencia vicaria: o agresor non ataca á muller directamente, senón a través da privación e as dificultades impostas aos seus propios fillas e fillos para inflixir o maior dano posible.
4. É unha forma grave de violencia económica: o impago deliberado da manutención viola os dereitos dos nenos e nenas e socava a estabilidade e a dignidade da unidade familiar.
5. Os dereitos de visita deberían suspenderse, de acordo co Código Civil (Art. 94) nos casos de impago da manutención, xa que se considera violencia contra a unidade familiar.

Instamos ás administracións e ao sistema xudicial a axilizar os mecanismos de execución das sentenzas, garantir o pago efectivo da pensións de alimentos e os gastos extraordinarios e abordar esta lacra coa perspectiva de xénero e de protección da infancia que require. Privar os nenos do que necesitan para prexudicar á súa nai tamén é VIOLENCIA DE XÉNERO.

Facemos un chamamento á sociedade para que faga visible esta realidade e a recoñeza.

A Rede convoca á concentración que terá lugar este xoves día 24 de setembro de 2026 ás 20.00h, diante do Museo de Arte C...
18/09/2026

A Rede convoca á concentración que terá lugar este xoves día 24 de setembro de 2026 ás 20.00h, diante do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO). Nesta ocasión, a actriz Mariana Carballal, da ESADg (Escola Superior de Arte Dramática de Galicia), lerá un comunicado en repulsa da violencia de xénero. Agardámosvos!

Bo día! Dende a Rede queremos informarvos da realización, o próximo venres 18 de setembro en horario de 17.00h a 19.00h ...
11/09/2026

Bo día! Dende a Rede queremos informarvos da realización, o próximo venres 18 de setembro en horario de 17.00h a 19.00h da charla gratuíta que vaise impartir por parte da Asociación ASOTRAME (Asociación de Persoas Trasplantadas de Médula Ósea e Enfermidades Oncohematolóxicas) no Centro Cívico Casco Vello, na Rúa Oliva nº12. Durante a primeira hora da charla, se tratará o tema da alimentación consciente e hábitos saudables, e a segunda hora estará relacionada co autocuidado emocional e benestar psicólogico. Estas temáticas serán abordadas por parte de Laura Bueno, educadora social; e Raquel Lucio, nutricionista. Non dubides en acudir, agardámosvos!

O venres 25 de setembro ás 14:00 terá lugar no Hotel Coia a entrega do primeiro Premio Rosa Fontaíña. As persoas galardo...
10/09/2026

O venres 25 de setembro ás 14:00 terá lugar no Hotel Coia a entrega do primeiro Premio Rosa Fontaíña. As persoas galardoadas son Aurita González, fundadora de Mulleres Dorna, Matilde Lago, unha das primeiras integrantes da Rede, e o avogado Raúl Vázquez Carneiro.
Agardámosvos!

Dende a Rede de Mulleres queremos convidarvos á xornada que se vai levar a cabo o 10 de Setembro na Deputación de Pontev...
04/09/2026

Dende a Rede de Mulleres queremos convidarvos á xornada que se vai levar a cabo o 10 de Setembro na Deputación de Pontevedra en Vigo.

Nesta xornada, "A autoorganización como resposta á Violencia de Xénero", contaremos con tres asociacións como son Alborada, co seu Programa Casandra, Fundación Diagrama e O Soño de Lilith. Falarannos das súas respectivas entidades e proxectos, coñecendo de primeira man a súa experiencia no traballo que implica a eliminación da violencia de xénero e todo o que conleva.

Esperámosvos o 10 de Setembro na Rúa Eduardo Chao, 17 (Deputación de Pontevedra en Vigo), nesta xornada que dará comezo ás 17h e rematará ás 20h.

Podedes anotarvos:

- A través do formulario que vos deixamos a continuación: https://forms.gle/DkRxNwuNzLvb18gx5

- Chamando a un dos nosos teléfonos 670453431 /986222328

- Na nosa oficina, R/Oliva 12, 2°

Estaremos encantadas de veros, así que, anotádevos canto antes!

Dende a Rede de Mulleres condenamos con toda a nosa firmeza os dous novos feminicidios cometidos onte: o dunha muller de...
06/08/2026

Dende a Rede de Mulleres condenamos con toda a nosa firmeza os dous novos feminicidios cometidos onte: o dunha muller de 50 anos en Asturias e o doutra muller de 44 anos en Murcia. Dúas vidas máis arrebatadas pola violencia machista. Dúas familias destrozadas. Dous nomes que nunca deberon formar parte desta lista interminable.

A muller asasinada en Llanes tiña unha orde de afastamento contra a súa exparella. E, aínda así, foi asasinada presuntamente por el no propio cuartel da Garda Civil da localidade. Deixa tres fillos e fillas orfos. Unha realidade insoportable que volve poñer sobre a mesa unha pregunta que non deixa de repetirse: de que serve unha orde de protección se non é capaz de protexer a vida dunha muller?

No caso da vítima de Murcia tamén existían denuncias previas por violencia de xénero contra o presunto agresor, que foi detido tras fuxir. Unha vez máis, comprobamos que denunciar non sempre garante a seguridade que as vítimas precisan e merecen.

Isto ten que cambiar. As ordes de afastamento e as denuncias previas non están sendo suficientes para evitar que se sigan producindo feminicidios. É urxente reforzar a protección das vítimas, dotar de máis recursos aos corpos e forzas de seguridade e mellorar o control das medidas de protección para que cumpran realmente a súa función.

As mulleres seguen tendo medo a denunciar e, cando finalmente conseguen unha orde de protección, ese medo non desaparece. Son elas quen ven limitada a súa vida e a súa liberdade mentres o sistema continúa sen ofrecer as garantías necesarias.

As autoridades condenan cada feminicidio, pero as palabras xa non abondan. Dende a Rede de Mulleres seguiremos loitando contra a violencia machista e denunciando, alto e claro, que a protección das mulleres segue sendo insuficiente.

Dende a Rede expresamos a nosa máis profunda rabia e dor polos recentes asasinatos de 3 mulleres a mans das súas parella...
22/07/2026

Dende a Rede expresamos a nosa máis profunda rabia e dor polos recentes asasinatos de 3 mulleres a mans das súas parellas ou exparellas.
A violencia machista é unha lacra social que arrebata vidas, crea tormento en múltiples esferas e perpetúa a desigualdade de xénero. O asasinato é unha das máximas expresións desta problemática, habendo xa a escalofriante cifra de 57 mulleres e crianzas asasinadas no que vai de 2026. Xullo é históricamente o mes no que máis casos adoita haber; as vacacións, o illamento e os cambios na rutina elevan o risco da violencia xa existente e dificultan que familiares, amigos e profesionais detecten a tempo as sinais e poidan intervir. Tendo isto en conta esiximos medidas de prevención específicas, aumento de persoal especializado e medidas de intervención que non nos fagan logo lamentar as pérdidas tan dolorosas que ano tras ano levamos sufrindo.

A violencia de xénero non aparece porque sí dun momento para outro, é produto da sociedade patriarcal que día a día perpetúa o poder que os homes queren exercer sobre as mulleres, utilizando a violencia en todas as súas formas como medio para sometelas.

O risco ao que están expostas as víctimas pode cambiar en cuestión de días. Dúas das tres mulleres asasinadas estiveron no sistema VioGén, pero os seus casos xa non estaban activos, por iso apelamos á necesidade imperiosa dun maior seguimento e protección das víctimas.

Querémonos vivas, libres e sen medo. Seguiremos na loita por unha sociedade libre de violencias machistas.

Dirección

Rúa Oliva 12
Vigo
36202

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos