Aso Nosmesmas

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Aso Nosmesmas Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Aso Nosmesmas, Asociación vecinal, Rúa Conde de Torrecedeira, 19, baixo, Vigo.

Organización feminista, asamblearia, que pretende contribuir a construcción de vías alternativas de pensamento e acción para acadar as condicións necesarias para o exercicio e pleno disfrute por parte das mulleres LBTIQA Nós Mesmas naceu no 2008 da man dun grupo de mulleres novas que querían mudar a situación de invisibilidade e en moitos casos de desprotección, que vivían por ser lesbianas e bisexuais. Baixo o lema "polos dereitos das mulleres lesbianas e bisexuais" comezaron unha andaina que agora, despois de 9 anos, ten moita historia, moitas luitas e moitos avances acadados.

05/10/2026
🗓️ En outubro seguimos a tecer Rede Profesional*!Un espazo de apoio, comunidade e desenvolvemento profesional no que com...
26/09/2026

🗓️ En outubro seguimos a tecer Rede Profesional*!
Un espazo de apoio, comunidade e desenvolvemento profesional no que compartir experiencias, coñecer outras formas de emprender e seguir aprendendo xuntas.

👀 Podemos escoitar ese «uf, cantas datas!» desde aquí 😅
Tranquis, non tedes que lembralo todo: iremos recordándovolo pouco a pouco

Estas son as próximas actividades:

🟢 Venres 2 de outubro · 18:00 h
Obradoiro «Nomeando os sistemas de opresión», con Sabela Losada. Unha reflexión dinámica sobre os sistemas de opresión que atravesan a nosa identidade e como a moldean.
Aberta a participantes que non esteades inscritas na REDE!

🔵 Venres 2 de outubro · 19:30 h
Mentoría «Coñecemos as cooperativas con Outrora». Achegarémonos a un proxecto concreto e ao cooperativismo como forma de emprendemento, da man de Outrora S. Coop. Galega.
Na sede de Nós Mesmas. Non precisa inscrición.
Aberta a participantes que non esteades inscritas na REDE!

🟡 Mércores 14 de outubro · 18:00 h
Círculo de intercambio «Comezamos a tecer rede», facilitado por Sabela Losada. Un encontro en liña para compartir experiencias e recursos nun espazo de confianza e empoderamento colectivo.
💻 Online
Esta actividade é só para persoas inscritas na Rede Profesional*.

🟠 Desde o xoves 15 de outubro · de 10:00 a 12:00 h
Inglés profesional para o sector hostaleiro, con Zintia Costas. Cinco sesións para desenvolver ferramentas útiles no ámbito laboral. Requírese un nivel mínimo A2.
5 sesións de dúas horas nas que mellorar o teu nivel de inglés!
Aberta a participantes que non esteades inscritas na REDE!
📲 Podes inscribirte nas actividades a través do Linktree ou escribindo a [email protected]. Para formar parte da Rede Profesional e participar no círculo de intercambio, inscríbete en nosmesmas.org.

💜 Agardámoste para aprender, compartir e facer rede!

Proxecto posible grazas ao financiamento da EuroCentralAsian Le***an* Community EuroCentralAsian Le***an* Community - EL*C e á cofinanciación da Unión Europea.

⚠️ Aviso de contido: violencia intraxénero.Que sabemos sobre a violencia nas relacións entre mulleres? E, sobre todo, so...
24/09/2026

⚠️ Aviso de contido: violencia intraxénero.

Que sabemos sobre a violencia nas relacións entre mulleres? E, sobre todo, somos capaces de recoñecela cando forma parte da nosa propia experiencia?

Compartimos os principais resultados da investigación «As vivencias nas relacións entre mulleres», na que participaron de maneira anónima 112 mulleres LBT+:

🔴 O 42 % afirma ter vivido violencia intraxénero nalgunha relación.

🟠 O 14,3 % non está segura de tela vivido, un dato que apunta ás dificultades para interpretar e nomear determinadas experiencias.

🟢 O 40,2 % non coñece o termo «violencia intraxénero» ou ten dúbidas.

🔵 Case 1 de cada 4 participantes non sabería exactamente onde acudir ou a que profesional dirixirse para pedir axuda.

Os datos tamén mostran que coñecer teoricamente a violencia intraxénero non garante poder recoñecela na propia vida. Por iso, a prevención debe ir máis alá de divulgar o termo: precisamos exemplos concretos, ferramentas para identificar as distintas formas de abuso e recursos públicos e especializados que sexan visibles, accesibles e seguros.

Desliza para coñecer os resultados e consulta o informe completo en:

🌐 www.nosmesmas.org

Se estás ou cres que podes estar vivindo unha situación de violencia intraxénero, podes contactar con Nós Mesmas. Estamos aquí para informarte, apoiarte e acompañarte:

📞 722 286 300
📩 [email protected]
🧠 [email protected]
⚖️ [email protected]

Esta investigación desenvolveuse no marco do proxecto +Visibles, -violencia, financiado por EL*C e a Unión Europea.

💥 Dixemos moitas veces que non somos unha fase, nin unha dúbida, nin unha etapa. Que a nosa orientación non depende das ...
23/09/2026

💥 Dixemos moitas veces que non somos unha fase, nin unha dúbida, nin unha etapa. Que a nosa orientación non depende das nosas parellas nin cambia segundo quen teñamos ao lado.

Somos bi+.

❌ E estamos fartas de que pareza que a nosa identidade ten que depender de como nos miran, de quen nos acompaña ou de cantas explicacións teñamos que dar.

A bifobia existe.

✊🏾 E non, non é unha forma máis suave de homofobia. É unha violencia específica, diferenciada e profundamente arraigada que nos marxina, nos patologiza, nos enferma, nos illa e nos mata.

Por iso, no Día Internacional da Bisexualidade, dicimos BASTA.

👉🏾 Basta de borrarnos.
🤔 Basta de cuestionarnos.
💬 Basta de converter a nosa identidade nun debate.

Temos dereito a SER.

🩷 Sen explicacións.
💜 Sen condicións.
💙 Sen pedir permiso.

Hoxe volvemos reivindicar visibilidade, esixir dereitos e ocupar o noso lugar.

Cantas veces pensaches: “pero … onde están as mulleres?” 🍍Non estás soa nesa pregunta. É unha realidade hoxe en día: é d...
20/09/2026

Cantas veces pensaches: “pero … onde están as mulleres?” 🍍

Non estás soa nesa pregunta. É unha realidade hoxe en día: é difícil coñecer mulleres. Moitas veces pensamos iso de “se estou eu, ten que haber máis coma min...”.

Hoxe damos unha resposta: unha rede de conexións reais para mulleres LTBIQA+ en Galicia.

✨ Como funciona:
→ Respondes unhas simples preguntas sobre ti e o que queres
→ A coordinadora do proxecto analiza as compatibilidades con outras mulleres da túa contorna
→ Pasades a coñecervos (se queres)

Un lugar onde non tes que explicarte, nin xustificarte, nin editar quen es. Só ser. E atoparnos. 🌈✨

Xa somos 20. Únete. Imos aproveitar as redes de nós mesmas para xuntarnos 💜

👉 Toda a info e o formulario: nosmesmas.org/mulleres

Grazas polas persoas que nos acompañachedes onte! Facer 18 anos faunos ilusión, por suposto, pero sobretodo fainos senti...
12/09/2026

Grazas polas persoas que nos acompañachedes onte! Facer 18 anos faunos ilusión, por suposto, pero sobretodo fainos sentir enormemente agradecidas por todas as experiencias vividas, por todas as personas marabillosas que coñecimos, por todas as que nos apoian e dan soporte. Polas amigas e amigues, compañeiras, polas que estiveron e polas que sempre esta. Seguiremos no camiño, quizais outros 18 años máis 🤗🤗 e seguiremos aprendendo, poñendo o corpo e as nosas vidas por diante, e recuperando o lema co que nos constituimos e que segue sendo actual “por que queda moito por facer para ser NÓS MESMAS”. Grazas a todes!

❗Hoxe presentamos os resultados da investigación “As vivencias nas relacións entre mulleres” Os resultados queimannos na...
11/09/2026

❗Hoxe presentamos os resultados da investigación “As vivencias nas relacións entre mulleres”

Os resultados queimannos nas mans e seguro vanche sorprender.
🫶🏽Agradecer ás tantísimas mulleres de toda Galiza que responderon á nosa enquisa, os datos recabados axudan a empezar a encher baleiros en torno ás nosas identidades e a rachar co silencio da invisibilidade.

Se queres saber máis, achegate hoxe e ademais da investigación, comparte connosco un ratiño para conmemorar o 18º aniversario de Nós Mesmas! 🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🏳️‍🌈🏳️‍🌈🏳️‍⚧️🏳️‍⚧️

Onde: A Morada, R/Enrique Macías, 6, Vigo A M O R A D A
Cando: venres 11/09 ás 19.30h
Proxecto (investigación) posible pola financiación da EuroCentralAsian Le***an* Community EuroCentralAsian Le***an* Community - EL*C e a Unión Europea.

Dirección

Rúa Conde De Torrecedeira, 19, Baixo
Vigo
36202

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 19:00
Martes 09:00 - 20:00
Miércoles 09:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 20:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Aso Nosmesmas publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Aso Nosmesmas:

Atajos

Compartir