Asociación AMIPA

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Asociación AMIPA Somos persoas facendo comunidade na nosa contorna rural.

💙 INÉS VARELA, UNHA VOZ QUE DEIXOU PEGADA NO ENCONTRO DE POBOS MÁXICOS DE ESPAÑA 👏Este sábado tivemos a oportunidade de ...
26/10/2026

💙 INÉS VARELA, UNHA VOZ QUE DEIXOU PEGADA NO ENCONTRO DE POBOS MÁXICOS DE ESPAÑA 👏

Este sábado tivemos a oportunidade de compartir, convidadas polo CONCELLO DE PADRÓN, o proxecto «Camiño á Inclusión» no Encontro de Pobos Máxicos de España, celebrado no Campus Tecnolóxico de Cortizo, en Padrón.

Foi unha tarde moi especial para AMIPA e, sobre todo, para Inés Varela, que emocionou o público compartindo a súa experiencia neste proxecto de no Camiño Portugués a Santiago.

Inés falou de autonomía, de confianza, de talentos e de oportunidades das persoas con discapacidade ao servizo da comunidade e do turismo. Contou os resultados do proxecto para as súas compañeiras e como, a través de «Camiño á Inclusión», puido atender persoas peregrinas de diferentes países e vender os produtos elaborados en AMIPA.

Pola súa parte, Begoña Suárez, xerente de AMIPA, convidou a cambiar a mirada: deixar de preguntarnos unicamente que necesitan as persoas con discapacidade e comezar a preguntarnos que queren e que poden achegar á súa comunidade.

Porque a inclusión real consiste en recoñecer os talentos de cada persoa e construír, entre todas, comunidades que funcionen ben para todas as persoas.

Grazas a por desenvolver este proxecto, e q galiwonders.com por sumarse ao mesmo, así como a todas as persoas e entidades que fixeron posible este camiño compartido.

E grazas á organización do Encontro de Pueblos Mágicos de España por abrir un espazo para escoitar as voces das persoas con discapacidade e como contribúen con proxectos reais ao desenvolvemento dos territorio que habitan.
Porque ningunha persoa teña que ser incluída nun lugar ao que xa pertence.

💙 Parabéns, Inés!!!

16/10/2026

🫴Juan Carlos e Inés preséntannos o novo posto de venta de produtos de artesanía e papelería do no AlberguesVieira en Escravitude, Padrón, ao pé da N-550

💚María e Roberto apoian, no seu albergue con encanto, o noso proxecto local no coa venta de libretas, marcapáxinas, bolsas, neceseres e outros produtos elaborados por nós, as persoas de AMIPA.

✨Podes adquirir estas pezas directamente en Villa Vieira ou contactando co albergue.

14/10/2026

Esta fin de semana pasada desfrutamos da 🦀🦞🦐no e dun tempo de relax na área recreativa de Valga🌳🌱

Gústanos coñecer recursos de interese na nosa comunidade e formamos parte daquelo que vibra con forza ✨️

17/09/2026
🌿 Coñecendo o noso patrimonio: visita á Capela de Nosa Señora de SoutulloGústanos explorar a nosa contorna💚Nesta ocasión...
09/09/2026

🌿 Coñecendo o noso patrimonio: visita á Capela de Nosa Señora de Soutullo

Gústanos explorar a nosa contorna💚

Nesta ocasión achegámonos ata a Capela de Soutullo, en Urdilde (Rois), un pequeno recuncho do noso patrimonio local rodeado de natureza.

Habitar os lugares tamén é coñecelos, percorrelos e desfrutalos 🌳👣

📍 Capela de Soutullo · Urdilde · Rois

🪡 Pequenos detalles feitos á man, con moito talento e significado 💙Fixemos un encargo moi especial: preparar os detalles...
07/09/2026

🪡 Pequenos detalles feitos á man, con moito talento e significado 💙

Fixemos un encargo moi especial: preparar os detalles para o bautismo de Mateo.

🐰 Para a ocasión, elaboramos uns bastidores bordados á man polas persoas de AMIPA, coidados puntada a puntada e rematados cun empaquetado personalizado. Cada peza é única e detrás dela hai dedicación, aprendizaxe e, sobre todo, os dons e talentos das persoas que a crean.

🤝 O resultado é froito dun traballo en equipo: cortar teas, bordar, preparar os lazos e as etiquetas, as flores de papel, empaquetar....

Para nós, a artesanía dános a oportunidade de realizar un traballo con valor artesanal e social.

💙 E tivemos a oportunidade de entregarlle persoalmente o encargo á Directora xeral de Persoas con Discapacidade, Bego AF, compartindo con ela o resultado dun traballo feito con dedicación e en equipo polas persoas de AMIPA.

Grazas pola confianza na nosa artesanía e, sobre todo, por confiar nos dons e talentos das persoas.

🖥️📕Preparando setembroEsta primeira semana de agosto, as profesionais do equipo de AMIPA estivemos:➡️Programando e avali...
07/08/2026

🖥️📕Preparando setembro

Esta primeira semana de agosto, as profesionais do equipo de AMIPA estivemos:

➡️Programando e avaliando
➡️Revisando protocolos
➡️Desenvolvendo xestións económicas e administativas
➡️Realizando tarefas de mantemento
➡️Compartindo a diagnose do programa VIRADA TEAL
➡️Reflexionando sobre a práctica profesional e as áreas de mellora da mesma
➡️Orientándonos a futuros servizos
➡️Formándonos
✅ E celebrando éxitos

✨E todo isto, para seguir prestando apoios, acompañamento e servizos ás persoas de AMIPA e ás familias na súa comunidade de referencia.

🙋Vémonos á volta! Bo verán!🌞

💙 𝐂𝐚𝐦𝐢𝐧̃𝐨 𝐚́ 𝐈𝐧𝐜𝐥𝐮𝐬𝐢𝐨́𝐧:  𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐟𝐨𝐭𝐨 𝐞 𝐦𝐨𝐢𝐭𝐚𝐬 𝐡𝐢𝐬𝐭𝐨𝐫𝐢𝐚𝐬 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐝𝐚𝐬. Así rematou 𝐂𝐚𝐦𝐢𝐧̃𝐨 𝐚́ 𝐈𝐧𝐜𝐥𝐮𝐬𝐢𝐨́𝐧, un proxecto que d...
06/08/2026

💙 𝐂𝐚𝐦𝐢𝐧̃𝐨 𝐚́ 𝐈𝐧𝐜𝐥𝐮𝐬𝐢𝐨́𝐧:  𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐟𝐨𝐭𝐨 𝐞 𝐦𝐨𝐢𝐭𝐚𝐬 𝐡𝐢𝐬𝐭𝐨𝐫𝐢𝐚𝐬 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐝𝐚𝐬.
 
Así rematou 𝐂𝐚𝐦𝐢𝐧̃𝐨 𝐚́ 𝐈𝐧𝐜𝐥𝐮𝐬𝐢𝐨́𝐧, un proxecto que durante estas semanas converteu o Camiño Portugués nun espazo de encontro, aprendizaxe e hospitalidade.
 
Na última xornada tivemos a sorte de compartir esta experiencia con 50 mozos e mozas de Latinoamérica descendentes de familias galegas, participantes no programa Conecta con Galicia no Camiño.
 
🌿 Falamos do Camiño de Santiago e da nosa terra.
🎨 Compartimos a artesanía elaborada en AMIPA.
🎶 Descubrimos xuntos instrumentos da música tradicional galega.
🎯 Xogamos á chave.
🍃 Creamos recordos nun obradoiro de estampación con follas de árbores autóctonas.
🤝 E, sobre todo, coñecemos persoas, compartimos sorrisos e construímos novas amizades.
 
Porque a inclusión tamén consiste en crear espazos onde todas as persoas poden participar, achegar e sentirse parte da comunidade.
 
Grazas a todas as persoas e entidades que fixeron posible esta experiencia, especialmente a Alma Peregrina , Galiwonders 🧭 Camino de Santiago , á Parroquia da Escravitude e á mocidade de Conecta con Galicia no Camiño por compartir con nós unha xornada que permanecerá na nosa memoria.
 
💛 Bo Camiño... e ata a próxima!
 

☀️🎉 Celebramos o verán en comunidade 💙🌿O pasado 31 de xullo vivimos unha das citas máis especiais do ano: a nosa tradici...
04/08/2026

☀️🎉 Celebramos o verán en comunidade 💙🌿

O pasado 31 de xullo vivimos unha das citas máis especiais do ano: a nosa tradicional Festa do Verán. 💙

Máis de 130 persoas reunímonos na horta da Reitoral de Sorribas para compartir unha tarde de convivencia e momentos especiais. Acompañáronnos familias, persoas socias e colaboradoras, voluntarias, representantes políticos e as nosas veciñas e veciños de Sorribas, Xiaxe, Touríz, Vilar e Reibó. 🫂✨

Ao redor da mesa non faltaron os tradicionais bolos preñados, as deliciosas empanadillas elaboradas xunto á nosa veciña Katy 🥟❤️ e os refrescantes smoothies preparados polo noso veciño Álex🍓🥤

🎲👧👵 Pequenas e maiores gozamos tamén dos xogos populares e tradicionais, da man da e do traballo artesán e agasallo de Yosi Fervenza, enchendo a tarde de participación e encontro.

🎁✨ E o broche de ouro da xornada chegou co sorteo de produtos artesanais elaborados por nós e de vales regalo cedidos por AgronovoRois🌄, Bianco moda y complementos e Bar Muelle 💙 Moitos parabéns ás persoas agraciadas grazas ás empresas colaboradoras👏

💚 Porque en AMIPA cremos que as mellores festas son aquelas que nos permiten coñecernos, compartir e seguir construíndo xuntas comunidades que funcionen ben para todas as persoas en espazos de encontro e conexión.

Grazas a todas as persoas que o fixestes posible. Xa estamos desexando a próxima! 🌞💙

✨Visitamos o albergue con encanto Villa Viera, de AlberguesVieira, situado ao pé do Camiño de Santiago Portugués ao seu ...
31/07/2026

✨Visitamos o albergue con encanto Villa Viera, de AlberguesVieira, situado ao pé do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso por Escravitude.

🤝 Ademais de coñecer as súas instalacións e servizos que prestan ás persoas peregrinas da man de María e Roberto, os seus propietarios, mantivemos unha xuntanza na que acordamos futuras liñas de colaboración co seu albergue.

💛 Grazas pola vosa hospitaldade, amabilidade e por contribuir á expansión do noso proxecto no rural galego!

Dirección

San Tomé De Sorribas 2, Sorribas
Rois
15980

Horario de apertura

Lunes 09:30 - 17:30
Martes 09:30 - 17:30
Miércoles 09:30 - 17:30
Jueves 09:30 - 17:30
Viernes 09:30 - 17:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación AMIPA publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Asociación AMIPA:

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos


Otros Organización sin ánimo de lucro en Rois

Ver Todo