Asociación Deloa

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Asociación Deloa A asociación de Desarrollo Local DELOA está constituída por entidades públicas e colectivos privados para o desenvolvemento sostible do ámbito territorial.

16/10/2026

Un pequeno recordo dun día moi especial 💚

Grazas a todas as persoas que formastes parte destes 25 anos de historia, tecendo redes, apoiando ideas e construíndo xuntas un territorio con máis futuro.

11/09/2026

🚨 SÓ QUEDA 1 PRAZA!

Tes entre 18 e 30 anos e vives no Concello de Muros ou nas comarcas do Sar, Barbanza e Noia?

Esta pode ser a túa última oportunidade para vivir un mes en Alemaña cun programa 100 % gratuíto e con todos os gastos cuberto ✨

Mobilidade prevista para outubro de 2026. Só queda 1 praza!

Durante a experiencia poderás:

✨ Realizar prácticas nunha entidade social
🗣️ Recibir clases de alemán
🎭 Participar en actividades culturais
🙌🏽 Contar con acompañamento durante toda a mobilidade

Se estabas pensando 🤔 en dar o paso, este é o momento!

📩 Ligazón na bio

Programa levado a cabo en colaboración coa e a 💙

📣 NOVA FORMACIÓN: "DENDE A COMUNIDADE PARA AS PERSOAS. CAPACITACIÓN EN COIDADOS PARA O BENESTAR"Queres mellorar as túas ...
01/09/2026

📣 NOVA FORMACIÓN: "DENDE A COMUNIDADE PARA AS PERSOAS. CAPACITACIÓN EN COIDADOS PARA O BENESTAR"

Queres mellorar as túas habilidades no ámbito dos coidados? Xa sexas profesional do sector social e sociosanitario, persoa coidadora (profesional ou familiar), ou simplemente queiras aprender máis sobre o benestar das persoas dependentes, esta formación é para ti!

A Asociación Deloa organiza esta actividade formativa presencial que che axudará a ofrecer unha atención máis segura, personalizada e de calidade.

💶 Formación 100% gratuíta

💡 Como me podo inscribir?
Tes total flexibilidade! Podes inscribirte ás tres temáticas completas ou escoller de xeito independente cada unha delas en función do que máis che interese:

1️⃣ Procesos de mellora da alimentación (texturizados), adaptación do fogar e benestar emocional na demencia
• 📅 Sábados 19 e 26 de setembro
• ⏰ De 09:00h a 14:00h
• 📍 Sede de Agadea (Rúa Cardenal Cisneros, 15960 Ribeira)

2️⃣ O abordaxe de conductas complexas
• 📅 Sábados 3 e 10 de outubro
• ⏰ De 09:00h a 14:00h
• 📍 Sede de Ambar- San Roque (Lg de Granxa, 5, 15967 Ribeira)

3️⃣ Primeiros auxilios e actuación ante emerxencias
• 📅 Sábados 24 e 31 de outubro
• ⏰ De 09:00h a 14:00h
• 📍 Sede de Misela (Rúa República Argentina, 60, 15200 Noia)

📩 Inscricións en https://deloa.es/proxectos/capacitacion-en-coidados-para-o-benestar/

📧Mais información en [email protected]

⚠️ Prazas limitadas!

30/08/2026

Hai momentos que quedarán para sempre! 🥹✨

Así foi a actuación da rapazada do CEIP Camiño De Santiago, de O Pino, xunto a no escenario de cun público totalmente entregado no 🫶🏽🎶

é un proxecto de cooperación no marco dos fondos de Galicia, coordinado por Deloa, coa colaboración dos GDR e , e coa participación da

🎶🐦‍⬛ Onte, o escenario de   encheuse de música, emoción e moitísimo orgullo no Festival de la Luz 🌽Os nenos e nenas dos ...
30/08/2026

🎶🐦‍⬛ Onte, o escenario de encheuse de música, emoción e moitísimo orgullo no Festival de la Luz 🌽

Os nenos e nenas dos 5 coles de subiron ao escenario da man dos grupos de música de raíz que os acompañaron durante estes meses, compartindo con eles saberes, tempo, ilusión e, sobre todo, moito amor pola nosa cultura 🫶🏽

E o resultado? Momentos para non esquecer ✨

Grazas por facelo posible e por demostrar que as nosas raíces tamén medran fortes nas novas xeracións 🌱🎶

Xílgaro é un proxecto de cooperación no marco dos fondos LEADER de Galicia, coordinado por Deloa, coa colaboración dos Gdr Ulla Tambre Mandeo e GDR Ribeira Sacra-Courel , e coa participación da Fundación Paideia Galiza 🥁

20/08/2026
16/07/2026

Este verán, o campamento reuniu á rapazada do CEIP Rosalía de Castro (Padrón) para descubrir, da man de .noia, a música, a tradición e o patrimonio inmaterial dunha forma creativa e participativa 🎶✨

Con campamentos, obradoiros e actividades como a que terá lugar o vindeiro mes no , Xílgaro achega a cultura galega á infancia e crea espazos para conectar coas nosas raíces 🥁

Proxecto de cooperación no marco dos fondos de Galicia coa coordinación de Deloa e a colaboración dos GDRs e Participa

🌍 Tes plans para outubro?Se tes entre 18 e 30 anos e vives no Concello de Muros ou nas comarcas do Sar, Barbanza e Noia,...
03/07/2026

🌍 Tes plans para outubro?

Se tes entre 18 e 30 anos e vives no Concello de Muros ou nas comarcas do Sar, Barbanza e Noia, tes a oportunidade de vivir un mes en !

✨ Programa gratuíto con todos os gastos cubertos.
📅 Formación en setembro | Mobilidade prevista en outubro de 2026.
👥 Só 7 prazas.

Un mes de aprendizaxe, prácticas nunha entidade social, clases de alemán, actividades culturais e acompañamento durante toda a experiencia.

Programa en colaboración coa Deputación da Coruña e Fundación Paideia Galiza

Hai encontros que deixan pegada ❤️A semana pasada compartimos tempo, escoita, creatividade, reivindicación e comunidade....
30/06/2026

Hai encontros que deixan pegada ❤️

A semana pasada compartimos tempo, escoita, creatividade, reivindicación e comunidade.

Desfrutamos dunha xornada de entre pinceladas, paseos, conversas que abrazan, risas, música e baile. Fomos tecendo unha rede que nos lembra algo esencial: os coidados sosteñen a vida, pero tamén precisan ser coidados.

Xuntas reflexionamos sobre a importancia das redes de apoio, do autocuidado e do papel imprescindible das persoas coidadoras 🫂

E puxémoslle palabras ao que queremos construír: un sistema público, universal e de calidade para os coidados; residencias gratuítas; coidados para quen coida; medidas reais de conciliación; espazos onde atoparnos, compartir e facer comunidade; lugares vivos que axuden a dinamizar o rural e a coidar das persoas maiores.

Grazas ás mulleres de 📍Taboada, Baroña, Triacastela e Manzaneda por facer desta xornada un espazo de emoción, forza e esperanza. E grazas a Leni Pérez Leni Pérez por regalarnos ese necesario momento de desconexión 🍃

✨ Isto continúa. No mes de xullo, Baroña abriranos as portas para compartir as historias, experiencias e vivencias das súas mulleres. Moi pronto contaremos todos os detalles. Agardámosvos!

Proxecto financiado polo FEADER no marcó da Intervención LEADER de Galicia.

Hai cancións, historias e saberes que forman parte da nosa identidade colectiva. Para que sigan vivos, cómpre compartilo...
19/06/2026

Hai cancións, historias e saberes que forman parte da nosa identidade colectiva. Para que sigan vivos, cómpre compartilos 🗣️💬

nace para conectar xeracións en a través da cultura, a oralidade e a creación artística. Un proxecto que transforma a escola 🚸 nun espazo de cultura viva, onde a rapazada aprende creando e participando activamente 🥁🎶

🫱🏼‍🫲🏽 Persoas maiores, artistas e comunidade educativa comparten memoria e coñecementos, favorecendo a transmisión do e impulsando a participación cultural no .

Proxecto de cooperación no marco dos fondos de Galicia coa coordinación de Deloa e a colaboración dos GDRs Gdr Ulla Tambre Mandeo e . Participa Fundación Paideia Galiza .

🎨 Ilustadora: Sara Cardona Valcárcel

Dirección

Lugar Da Escravitude S/N
Padrón
15980

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 18:15
Martes 09:00 - 18:15
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 18:15
Viernes 09:00 - 14:45

Teléfono

+34981817000

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Deloa publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Asociación Deloa:

Atajos

Compartir