18/10/2026
🌰💚 GRAZAS POR UNHA XORNADA INCRIBLE! 💚🌰
Onte xuntámonos 75 persoas para compartir un día cheo de alegría, risas, música e moitas ganas de pasalo ben. E non podemos estar máis felices! 🥰
Grazas a todas as persoas que viñestes desfrutar da xornada, ás que botastes unha man para que todo saíse adiante, ás que puxestes a música, tocastes e bailastes… e, por suposto, aos máis de 30 nenos e nenas que xogaron toooodo o día e encheron o lugar de vida e ledicia! 🧒👧🎶💃
Grazas tamén a quen colaborou coa preparación, coa comida, coas castañas e con cada pequeno detalle. Porque detrás dun día así hai moitas mans, tempo, ilusión e ganas de construír comunidade.
O mellor de todo foi comprobar que, cando nos xuntamos, pasan cousas bonitas. Que hai ganas de compartir, de coñecernos, de rir e de facer comunidade. Pola nosa parte como asociación, temos moita vida e moitas ganas de seguir medrando xuntos e xuntas. 🌿
Marchamos coa barriga chea, os pés cansos de tanto bailar e o corazón aínda máis cheo. ❤️
Grazas por vir, por colaborar e por formar parte disto. Isto só acaba de comezar!
🌰💚 AV Pego-Sar! 💚🌰