Asociación Lenda de Saúde Mental

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Asociación Lenda de Saúde Mental Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Asociación Lenda de Saúde Mental, Organización sin ánimo de lucro, Rúa Reveriano Soutullo 57/Prego de Montao, 17, Redondela.

PREVIR O SUICIDIO É UNHA TAREFA DE TODAS E TODOS.Ás veces, detrás do silencio hai sufrimento. Detrás dunha situación de ...
06/11/2026

PREVIR O SUICIDIO É UNHA TAREFA DE TODAS E TODOS.

Ás veces, detrás do silencio hai sufrimento. Detrás dunha situación de vulnerabilidade pode haber unha persoa que necesita ser escoitada, acompañada e apoiada.

Na Asociación Lenda desenvolvemos TREBA PROXECTO VITAL 2ª EDICIÓN, un programa de prevención do suicidio e posvención que ofrece:

🤝 Atención psicolóxica e psicosocial individualizada.
💚 Acompañamento a persoas en situación de risco ou vulnerabilidade.
🫂 Apoio a familias, persoas achegadas e superviventes.
🌱 Accións de sensibilización e prevención.
🔗 Coordinación cos recursos sanitarios, sociais e comunitarios.

Traballamos para que pedir apoio sexa máis doado e para que ninguén teña que afrontar o sufrimento en soidade.

Escoitar, acompañar e crear vínculos tamén é previr.

📣 Buscamos profesional de prospección laboral!En Lenda Saúde Mental abrimos un proceso de selección para incorporar unha...
21/10/2026

📣 Buscamos profesional de prospección laboral!

En Lenda Saúde Mental abrimos un proceso de selección para incorporar unha persoa ao noso equipo no CRPL Lenda, en Redondela.

Se tes formación na área social ou da saúde e experiencia en orientación, inserción laboral e intermediación con empresas, queremos coñecerte!

📍 CRPL Lenda · Redondela
🕐 Xornada completa
📄 Contrato de 1 ano
📅 Incorporación: outubro de 2026
🤝 Salario e horario segundo o XVI Convenio Colectivo General de Centros y Servicios de Atención a Personas con Discapacidad.

Consulta todos os requisitos no cartaz e envía o teu CV a:
📩 [email protected]

Coñeces alguén a quen lle poida interesar? Comparte esta oferta!

19/10/2026

O equipo feminino de petanca de Lenda participou no seu segundo torneo en Bandeira, con Fonte da Virxe, Andaina, A Creba e Alume. Entre partidas, conversas e risas, fomos coñecéndonos un pouco máis. 💜

Despois achegámonos ao miradoiro da Fervenza do Río Toxa e rematamos cun pícnic na Carixa, en Merza. Un día ben completo e en boa compañía!

Grazas a todas por compartir a xornada. Xa temos gañas de repetir!

No pasado mes de abril visitamos o Arquivo Municipal do Concello de Redondela e aproveitamos a ocasión para entrevistar ...
15/10/2026

No pasado mes de abril visitamos o Arquivo Municipal do Concello de Redondela e aproveitamos a ocasión para entrevistar a Ana Xesteira Ponce. Alí non só coñecemos as funcións e fins do arquivo, tamén aprendemos a importancia do traballo realizado por Ana.
Se queredes ler a entrevista completa, xa sabedes, a mercar a nova revista d'A Voz de Lenda. Anuski GesPon Arquivo Concello de Redondela

Coa excusa do Día Mundial da Saúde Mental, onte presentamos o novo número d'A Voz de Lenda. Un acto que nos permitiu com...
09/10/2026

Coa excusa do Día Mundial da Saúde Mental, onte presentamos o novo número d'A Voz de Lenda. Un acto que nos permitiu compartir páxinas, falas, e reivindicacións, e lembrar por que é tan necesario falar de saúde mental sen tabús, con comodidade e ferramentas.
Grazas a todas as persoas que vos achegáchedes e facedes posible que este novo número teña sentido.
Hoxe estaremos toda a mañá vendendo a revista na praza de Alejandro Otero.
Seguimos tecendo redes, palabra a palabra

🧠 DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL 2026A saúde mental tamén depende do mundo no que vivimos.Este ano, desde a Asociación Lend...
08/10/2026

🧠 DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL 2026
A saúde mental tamén depende do mundo no que vivimos.
Este ano, desde a Asociación Lenda de Saúde Mental, queremos poñer o foco naquilo que, desde a nosa experiencia, tamén forma parte do coidado da saúde mental.
📢 Os bulos e os prexuízos.
📺 A exposición constante ás noticias negativas.
💭 As dores que non sempre se ven.
⏳ A importancia de ter tempo de calidade, vínculos, ocio e descanso.
🏠 O acceso a unha vivenda, ao emprego e a unha vida digna.
🌱 O coidado do planeta.
🤝 E, sobre todo, a necesidade de construír unha sociedade máis comprensiva, na que todas as persoas poidamos participar, decidir e ser valoradas.
🌍 Porque un mundo que coida o seu contorno tamén coida a saúde mental de quen o habita.
Por iso queremos lembrar que:
As palabras importan.
A información importa.
Un tratamento axeitado importa.
Ter apoio importa.
Ter oportunidades importa.
A perspectiva de xénero importa.
Ter tempo para nós importa.
O respecto importa.
Ter unha vivenda digna importa.
As persoas importan.
👉 Desliza o carrusel e coñece as ideas que queremos compartir neste Día Mundial da Saúde Mental.
✨A saúde mental constrúese cada día ✨

LENDA sae á vila polo Día Mundial da Saúde Mental!O xoves 8 de outubro estaremos na Praza de Alejandro Otero, en Redonde...
02/10/2026

LENDA sae á vila polo Día Mundial da Saúde Mental!

O xoves 8 de outubro estaremos na Praza de Alejandro Otero, en Redondela, para compartir unha xornada de encontro e reivindicación dos dereitos das persoas con diagnóstico de enfermidade mental ou doenzas en saúde mental.

Pola mañá:
☕ 11:30 h · Café e un pequeno petisco.
📣 12:00 h · Lectura do manifesto.bus
📖 12:05 h · Presentación do número 46 da revista «A Voz de Lenda».
🎵 12:20 h · Actuación musical a cargo de Garabillo & Co.

Durante a mañá tamén poderedes achegarvos ao posto da revista e coñecer e mercar os produtos elaborados no noso Centro Ocupacional.

🛍️ Pola tarde, de 16:30 a 19:00 h, seguiremos na praza co posto de venda de produtos do Centro Ocupacional.

Achegádevos a coñecer o noso traballo, compartir un café e facer comunidade. Agardámosvos!

🏘️ Descubrindo “A nosa pequena vila” con Gene MuíñosNo noso obradoiro estivemos traballando arredor da segunda edición d...
28/08/2026

🏘️ Descubrindo “A nosa pequena vila” con Gene Muíños

No noso obradoiro estivemos traballando arredor da segunda edición da exposición “A nosa pequena vila. Redondela”. Como parte da actividade, visitamos esta impresionante colección de maquetas, que nos permitiu percorrer as rúas, os edificios e a historia da nosa contorna desde unha perspectiva moi especial.

Ademais, tivemos a sorte de contar coa participación do seu creador, Gene Muíños, nunha das sesións do obradoiro. Gene compartiu con nós numerosas historias e curiosidades sobre Redondela: contounos que antigamente a zona onde se atopa o actual mercado era auga e que ata alí chegaban os barcos de pesca; falounos da Picota, situada na parte máis alta, e das orixes de Redondela e Vilavella. Tamén coñecemos historias das familias que habitaron algúns dos edificios representados, como a de Don Pancho, o médico.

Sorprendeunos especialmente a maqueta da rúa Ernestina Otero, a máis longa de Redondela: unha peza de aproximadamente nove metros que representa unha vía de case un quilómetro de lonxitude. Para conseguir tanta precisión, Gene pode empregar arredor de 300 fotografías como referencia.

Leva máis de 25 anos dedicándose a este labor. Cada maqueta pode requirir entre tres e catro meses de traballo, cunha dedicación de ata cinco horas diarias. Un esforzo enorme que se aprecia no coidado dos materiais e, sobre todo, nos pequenos detalles que tanto lle gusta reproducir. 🔎🏠

Foi unha actividade moi enriquecedora coa que traballamos a memoria, a curiosidade, a creatividade e o sentimento de pertenza á nosa comunidade.

Moitas grazas, Gene, pola túa proximidade, xenerosidade e por compartir con nós tantos anos de traballo, historias e amor por Redondela.

https://lendasaudemental.com/subvencions-a-entidades-de-iniciativa-social-da-provincia-de-pontevedra-para-a-adquisicion-...
31/07/2026

https://lendasaudemental.com/subvencions-a-entidades-de-iniciativa-social-da-provincia-de-pontevedra-para-a-adquisicion-ou-adaptacion-de-vehiculos-directamente-vinculados-ao-desenvolvemento-da-sua-actividade-social-no-ano-2026/

Vimos de recibir a confirmación da concesión dunha subvención da Deputación de Pontevedra para a adquisición dun vehículo novo ó abeiro da “Convocatoria e bases reguladoras de subvencións a entidades de iniciativa social da provincia de Pontevedra para a adquisición ou adaptación de veh....

Hoxe pasamos a mañá petanqueando en Redondela. Compartimos o xogo coas compañeiras de Andaina Pro Saúde Mental 💪🧠 Alume ...
17/07/2026

Hoxe pasamos a mañá petanqueando en Redondela. Compartimos o xogo coas compañeiras de Andaina Pro Saúde Mental 💪🧠 Alume Saúde Mental Asociación Avelaíña Fonte da Virxe e Saúde Mental FEAFES Galicia
Foi unha xornada de confraternidade e deporte. Desexando que se volte repetir.
Dende Lenda queremos agradecer ás Concellarías de Deporte e Parques e Xardíns o seu apoio nesta iniciativa. A petanca xa é un novo punto de unión na saúde mental de Galicia.

Dirección

Rúa Reveriano Soutullo 57/Prego De Montao, 17
Redondela
36800

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 14:30
16:00 - 19:30
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 14:30
16:00 - 19:30
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Lenda de Saúde Mental publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Asociación Lenda de Saúde Mental:

Atajos

Compartir