05/10/2026
Toc, toc… estamos de volta! 💥 E a mellor forma de arrincar é co vídeo resumo do ano pasado! Grazas por facelo inesquecible unha vez máis 💚
Pero ollo ao que vén agora! Gardade as datas porque o 2027 vai ser especial: o Millo Verde cumpre 20 anos e ímola liar! 🔥
Dende a organización queremos darlle especialmente as grazas á xente nova que se vai sumando, e sobretodo, á xente que sempre asistiu ao festival e á que xa non está como moitos de vos xa sabedes... amigos botarémosvos de menos! Sempre vos lembraremos e toda a enerxía acumulada que voe ao voso carón.
Agardámosvos o ano que vén con moitas máis novas e nós máis vellos, pero iso si, con máis forza! Longa vida ao Millo Verde!
🎥📸 Traballo audiovisual por Thomas Schwarz Cortés LYER 抜け忍 candela lora
🗓️ 3, 4 e 5 de xuño de 2027