Montes do Viso

Montes do Viso Páxina da actividade da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso (Redondela)

Camiñata a traves dos montes da contorna de dende Reboreda ata o Castelo de Soutomaior.
26/08/2026

Camiñata a traves dos montes da contorna de dende Reboreda ata o Castelo de Soutomaior.

En agosto e seguimos coas rozas?Poi si, o traballo no monte é tanto e tan continuado que en agosto seguimos traballando ...
05/08/2026

En agosto e seguimos coas rozas?

Poi si, o traballo no monte é tanto e tan continuado que en agosto seguimos traballando na prevención de incendios. Os traballos de mantemento e xestión forestal teñense que facer durante todo o ano, de setembro dun ano a agosto do ano seguinte... A vigorosidade da vexetación que temos en Galicia, as numerosas áreas prioritarias de actuación e a dispoñibilidade das empresas de servizos forestais condicionan e así o fai necesario.

Nestas últimas semanas fixéronse rozas preto das casas no Outeiro Grande e no Espiño (zona do Escredo), que se suman aos traballos xa realizados en tódalas pistas do monte, na Lomba, na Peneda, no miradoiro de Outeiro Grande, etc. Nalgúns puntos mesmo xa é a segunda roza en menos dun ano...un coste difícil de manter de xeito continuado no tempo...pero faise o que se pode.

Aparte do traballo no monte veciñal lembramos a importancia de que as propiedades particulares lindeiras con vivendas, os terreos das propias vivendas e as parcelas contiguas ao monte veciñal tamén sexan xestionadas.

Pasiño a pasiño...

24/06/2026
Día da árbore do Colexio Outeiro das P***s nos montes do VisoUn ano máis, e xa van unha chea, as cativas e cativos do CE...
10/04/2026

Día da árbore do Colexio Outeiro das P***s nos montes do Viso

Un ano máis, e xa van unha chea, as cativas e cativos do CEIP Outeiro das P***s subiron ao monte... ao monte outeiro Grande a aportar o seu gran de area... son sos nosos, a xente de aquí, quen máis vai velar polo comunal no futuro... o relevo na xestión e coidado do monte en man común. E hoxe subiron ao monte baixo a sombra dos carballos doutras plantacións veciñais de hai xa uns 15 - 20 anos, colleron os leghóns, sacharon e plantaron, entenderon o que é un monte veciñal en man común, identificaron árbores e mesmo algún e algunha aprenderon o seu nome en latín...

Ledicia total coa semente do común que ven no Viso e en Cesantes ...

21/03/2026

Neste video obsérvase o traballo de prevención de incendios desenvolto durante moitos anos. Traballo de sumar e sumar..

- Por un lado, vese a masa de piñeiros á que se lle fixeron desmetas e ten unha densidade axeitada, sen exceso de biomasa. O mato está tamén ben controlado polo sombreo das copas.

- Vese na beira inferior diverso arborado de carballos que se foron plantando os últimos 20 anos, en sucesivos días das árbores e que agora teñen unha apariencia naturalizada. Esta é unha boa franxa de defensa contra incendios en primeira liña.

- E na beira dereita vese a roza, respetando o rexenerado natural de frondosas, da franxa de 10 metros entre a estrada asfaltada e a masa de piñeiros....

Estes días andamos a rozar as pistas, que non limpar pois non están sucias. En parte contamos cunha axuda de prevención ...
21/03/2026

Estes días andamos a rozar as pistas, que non limpar pois non están sucias. En parte contamos cunha axuda de prevención de incendios da CMR, por outra, complementamos traballos con fondos propios. Entre ese traballos estivo rozar a franxa de 10 metros ás beiras das estradas asfaltadas que atravesan o monte, lugares que se teñen un bo mantemento evitarán a propagación dalgún lume mal intencionado ou duo probocado por algún accidente...

Traballo de formiguiñas...

15/03/2026

Vai un video do traballiño feito hoxe no monte veciñal do Viso... A unión fai a forza.

Un orgullo sempre poder contar con esta presada de boa xente disposta a botar unha man.

Bo día e bo traballo feito... xuntámonos 24 veciños, bos e xenerosos, e fomos plantar no noso monte veciñal. Démoslle á ...
15/03/2026

Bo día e bo traballo feito... xuntámonos 24 veciños, bos e xenerosos, e fomos plantar no noso monte veciñal. Démoslle á zona de Soutoxuste e ao cabo de 40 minutos xa estaba o traballo feito. A xente viña con ganas... Polo que tiramos para Baltar e alí continuamos co traballiño. Deixamos bidueiros, sobreiras e érbedos nas mellores condicións para que medren e enchan de cor esas zona do montes.

Seguimos traballando, paso a paso, a modiño pero sen pausa. ;)

Traballos de roza e poda en masas de frondosas no monte veciñal. Importante avanzar en labores de consolidación de masas...
09/03/2026

Traballos de roza e poda en masas de frondosas no monte veciñal. Importante avanzar en labores de consolidación de masas arbóreas de rexeneración natural e sobre todo, tomar medidas para a prevención de icnendios forestais nelas.

Acción que conta con axuda por traballos silvicolas da Consellerçia de Medio Ambiente.

Dirección

Redondela
36810

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Montes do Viso publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Montes do Viso:

Atajos

Compartir