Grupo Scout ILEX 695

Cómo llegar Página web

Grupo Scout ILEX 695 Asociación educativa que traballa dende o tempo de lecer, ofrecendo actividades de aventura para tr

Nos definimos como unha entidade independente, formada libremente por persoas moi heteroxéneas pero ás que nos une un ideal educativo que busca favorecer o desenvolvemento do espíritu crítico no proceso de crecemento persoal das mozas e mozos cos que traballamos, facendo deles mellores persoas, activas e coa ambición a contribuir a constuir un mundo mellor. Formamos parte da federación ASDE – Scouts de Galicia, que a súa vez forma parte de ASDE – Scouts de España mediante a que somos parte tamén da Organización Mundial do Movemento Scout, que da cobertura a máis de 40 millóns de scouts en activo no mundo sendo recoñecida pola ONU como a organización xuvenil máis extensa do mundo. Somos totalmente independentes dos partidos políticos ou de calquera relixión ou igrexa, polo que nos definimos como un colectivo laico, aínda que somos absolutamente respectuosos coas crenzas persoais de calquera persoa que nunca serán un impedimento para participar plenamente no noso colectivo. Entendemos que a defensa do noso medio ambiente é unha obriga ineludible e facemos esta defensa extensiva á nosa cultura e a nosa lingua, e por suposto estamos fondamente comprometidos coas causas sociais, buscando sinerxias con outras entidades, públicas ou privadas, para brindarnos apoio mútuo na consecución dos obxectivos que compartamos.

O noso pasado campamento de inauguración chegou, como é habitual xa, ás páxinas do suplemento VIDA do xornal La Región.S...
30/10/2026

O noso pasado campamento de inauguración chegou, como é habitual xa, ás páxinas do suplemento VIDA do xornal La Región.

Se queres formar parte das súas próximas aventuras. Apúntate! :)
https://scoutsourense.org/apuntante/preinscribete

Aquí tendes algunhas das fotiños do campa de inicio de xeira, de xa hai unhas semanas atrás.Empezamos con moitas ganas e...
23/10/2026

Aquí tendes algunhas das fotiños do campa de inicio de xeira, de xa hai unhas semanas atrás.

Empezamos con moitas ganas e preparadas para todo o que nos vén. Agardamos que vós tamén e que vos gusten moito estes recordos :)

Moitas grazas á xente do Centro Equal de Coles pola súa hospitalidade e xenerosidade, coas cales puidemos g***r dunha gran experiencia.

Coñece a equipa de scouters da rolda '26-27! 💜Este ano decidimos presentarnos por aquí para que puidésedes saber algunha...
10/10/2026

Coñece a equipa de scouters da rolda '26-27! 💜

Este ano decidimos presentarnos por aquí para que puidésedes saber algunhas cousiñas sobre nós e nos puxerades cara :)

Agardámosvos con moitas ganas de pasalo en grande e aprender moito! ⚜️

Gran ambiente e asistencia a nosa reunión informativa para as familias no inicio desta nova xeira solar 26/27 do pasado ...
27/09/2026

Gran ambiente e asistencia a nosa reunión informativa para as familias no inicio desta nova xeira solar 26/27 do pasado sábado.

Aínda estades a tempo de apuntar a rapazada ao inicio de actividades que comezará o próximo fin de semana co noso campamento de inauguración no albergue Centro EQUAL, en Coles.

Este curso 2026/2027 vén cargado de entretemento e ensinanzas que non deberías desaproveitar...Se queres formar parte do...
02/09/2026

Este curso 2026/2027 vén cargado de entretemento e ensinanzas que non deberías desaproveitar...

Se queres formar parte do noso grupo e vivir un montón de grandes aventuras, non dubides en inscribirte na nosa web, onde poderás obter máis información.

Para calquera dúbida, podes contactar con nós mediante correo electrónico ou o teléfono de contacto

Agardámoste! 💜 Axúdasnos a difundir esta información?
ℹ️https://scoutsourense.org/apuntante/preinscribete

ASDE Scouts de Galicia ASDE Scouts de España

Queres coñecer as nosas aventuras no nos pasado campamento de verán? Pois xa está subida a crónica á nosa web.Lembrade q...
29/08/2026

Queres coñecer as nosas aventuras no nos pasado campamento de verán? Pois xa está subida a crónica á nosa web.

Lembrade que xa están abertas a inscrición para esta nova xeira solar. Axidádenos a difundir estos contidos para dar a coñecer a nosa actividade e que chegue a máis rapazada!

https://scoutsourense.org/o-noso-campamento-de-veran-en-portugal ASDE Scouts de Galicia ASDE Scouts de España Grupo de Escoteiros de Santo Tirso

Do 25 de xullo ao 5 de agosto, as nosas mochilas volveron encherse de ganas de aventura para poñer rumbo a Chaves, en Portugal, onde vivimos un campamento de verán moi especial. Durante doce días tivemos a oportunidade de g***r da vida scout nun entorno diferente ao habitual, pero, sobre todo, de...

25/08/2026

A nosa scouter Pau cóntanos como é un día calquera como monitora da sección scout neste último compamento de verán.

Onte vos trouxémosvos un video resumo do noso pasado campamento de verán internacional que fixemos en Chaves (Portugal) ...
20/08/2026

Onte vos trouxémosvos un video resumo do noso pasado campamento de verán internacional que fixemos en Chaves (Portugal) e que compartimos en parte coas nosas irmás e irmáns lusos do Grupo de Escoteiros de Santo Tirso, e hoxe deixamos caer por aquí algunhas da imaxes representativas desta experiencia tan intensa e fabulosa.

Lembrade que pronto comezaremos de novos as actividades, así que animade a outras familias a participar da aventura de ser scout. Os formularios de preinscrición están abertos aquí:

https://scoutsourense.org/apuntante/preinscribete

Somos un espazo seguro para todas as persoas!
28/06/2026

Somos un espazo seguro para todas as persoas!

Dirección

Peña Trevinca, 32
Orense
32005

Horario de apertura

16:30 - 19:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Grupo Scout ILEX 695 publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos