IXP Castaña de Galicia

IXP Castaña de Galicia Ente de Dereito Público que defende únicamente o interese da marca de calidade ao marxe de calquera ideoloxía, pensamento, manisfestación persoal...

Xornadas "A Marca de Calidade IXP Castaña de Galicia"3 de setembro as 18:00 h no Forum, Carballo
31/08/2026

Xornadas "A Marca de Calidade IXP Castaña de Galicia"
3 de setembro as 18:00 h no Forum, Carballo

Resumo da XVI edición do concurso «Cociña con Castaña de Cidade da Cultura de Galicia
06/08/2026

Resumo da XVI edición do concurso «Cociña con Castaña de Cidade da Cultura de Galicia

A creatividade, a innovación e a versatilidade da Castaña de Galici...

Momentos da XVI edición do concurso "Cociña con Castaña de Galicia"• Mellor receita salgada: Rodrigo Diaz, Crema de cast...
03/08/2026

Momentos da XVI edición do concurso "Cociña con Castaña de Galicia"
• Mellor receita salgada: Rodrigo Diaz, Crema de castañas e cogomelos.
• Mellor receita doce: Luciana Aparecida, Empanada doce De castañas con mazá
• Mellor receita – Estudante de Hostalería: Joana Marinho, Winter Ember

A IXP Castaña de Galicia premia as mellores receitas da XVI edición do concurso "Cociña con Castaña de Galicia"https://c...
03/08/2026

A IXP Castaña de Galicia premia as mellores receitas da XVI edición do concurso "Cociña con Castaña de Galicia"

https://castanadegalicia.org/concurso-castanas-25-3-2/

A creatividade, a innovación e a versatilidade da Castaña de Galicia protagonizaron a final do certame gastronómico celebrada na aula de Cociña Porto-Muiños, onde se recoñeceron as mellores elaboracións nas categorías de receitas salgadas, doces e estudantes de hostalería. A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia fixo entrega dos premios do concurso "Cociña con Castaña de Galicia", un certame que ten como obxectivo fomentar o uso gastronómico deste produto de calidade diferenciada e poñer en valor a súa versatilidade na cociña, tanto tradicional como de vangarda. A final do concurso celebrouse o 30 de xullo 2.026 na aula de Cociña Porto-Muiños, en Cambre (A Coruña), onde os seis finalistas seleccionados defenderon as súas propostas culinarias ante un xurado formado por profesionais de recoñecido prestixio do ámbito da hostalería, representantes da IXP Castaña de Galicia e gañadores de anteriores edicións. Durante a xornada, os participantes elaboraron e presentaron as súas receitas, que foron avaliadas atendendo a criterios de orixinalidade, sabor, presentación e técnicas empregadas. Tras a deliberación do xurado, os premios recaeron en:

• Mellor receita salgada: Rodrigo Diaz, pola receita "Crema de castañas e cogomelos".

• Mellor receita doce: Luciana Aparecida Bernardo pola receita "Empanada doce De castañas con mazá".

• Mellor receita – Estudante de Hostalería: Joana Marinho, pola receita "Winter Ember".

O concurso "Cociña con Castaña de Galicia" reafirma o compromiso da IXP Castaña de Galicia coa promoción deste froito autóctono, impulsando novas formas de consumo e fomentando a creatividade entre profesionais, afeccionados á cociña e futuros cociñeiros. A elevada calidade das receitas finalistas volveu poñer de manifesto o enorme potencial gastronómico da Castaña de Galicia, un produto con Indicación Xeográfica Protexida que destaca pola súa calidade, sabor e estreita vinculación co territorio galego. Con iniciativas como este concurso, a IXP Castaña de Galicia continúa traballando para achegar este produto ao consumidor e favorecer a súa presenza na cociña contemporánea, contribuíndo ademais á valorización do sector produtor e do patrimonio gastronómico de Galicia.

RECETARIO:
https://castanadegalicia.org/wp-content/uploads/2026/07/Recetas_Finalistas26.pdf

29/07/2026

Queres participar como público na final do XVI Concurso Cociña con Castaña de Galicia??
Reserva praza, hata completar aforo.

Recetas finalistas:
https://castanadegalicia.org/wp-content/uploads/2026/07/Recetas_Finalistas26.pdf

Data: Xoves 30 de xullo ás 18:00h.
Localización: Aula de Cociña Porto-Muiños Praza Casares Quiroga, 5-6-7. Urb. A Barcala. Cambre. (A Coruña)

FINALSITAS

Categoría de Receitas salgadas

1. Antonio Garcia Castellanos – Magret de pato relleno de castaña
2. Rodrigo Diaz – Crema de Castañas y setas.

Categoría de Receitas doces

1. Joana Marinho – Puré de castaña ahumado
2. Ana Cristina Saìnchez – Bombón Helado de Castaña Gallega

Categoría de Receitas de estudantes de hostalería

1. Luciana Aparecida Bernardo- Empanada Dulce de Castañas y Manzanas
2. Patrizia Cosimo – Tartaletas Castiñal

Ampliado prazo XVI edición do concurso COCIÑA CON CASTAÑA DE GALICIA
23/06/2026

Ampliado prazo XVI edición do concurso COCIÑA CON CASTAÑA DE GALICIA

O 18 de xuño ás 19:00 h📖, xornada no concello ourensano de📍O Bolo sobre o futuro da vide 🍇 e da castaña🌰Campo Galego
10/06/2026

O 18 de xuño ás 19:00 h📖, xornada no concello ourensano de📍O Bolo sobre o futuro da vide 🍇 e da castaña🌰
Campo Galego

El Concello de O Bolo celebrará el jueves 18 de junio a partir de las 19.00 horas la I Jornada de la Vid y la Castaña de las Tierras de O Bolo, un encuentro concebido para reflexionar sobre el presente y el futuro de dos sectores estratégicos para la identidad y la economía de este […]

A Marca de Calidade IXP Castaña de Galicia en GUITIRIZ (Lugo) día 29 de maio de 2026
28/05/2026

A Marca de Calidade IXP Castaña de Galicia en GUITIRIZ (Lugo) día 29 de maio de 2026

Dirección

Rúa Progreso, 28
Orense
32003

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando IXP Castaña de Galicia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir