AVPC PROTECCIÓN CIVIL MUXIA

AVPC PROTECCIÓN CIVIL MUXIA Servizo de emerxencias e rescate 🛟,🚒🚨, Protección Civil Muxía.

A Agrupación Local de Protección Civil leva traballando no municipio dende 1992 en casos de risco grave, catástrofe pública ou emerxencias de todo tipo, actualmente conta con 52 voluntarios.

Compartimos os horarios da Novena da Virxe da Barca, para que poidades consultar as celebracións e acompañarnos nestes d...
25/08/2026

Compartimos os horarios da Novena da Virxe da Barca, para que poidades consultar as celebracións e acompañarnos nestes días tan especiais para Muxía.
🙏 Agardámosvos para vivir xuntos a devoción, a tradición e a emoción que rodean a nosa Virxe da Barca.
📅 Consultade os horarios na imaxe da publicación.

25/08/2026

Comenzamos semana informando á veciñanza das 🏪farmacias de garda dispoñibles durante esta semana, co obxectivo de facilitar o acceso á atención farmacéutica fóra do horario habitual.
Farmacia Quintáns

🌡️ AVISO POR CALOR | DOMINGO 26 DE XULLO.⚠️ Actívase o aviso por episodio de vaga de calor. A partir de mañá comezarán a...
25/07/2026

🌡️ AVISO POR CALOR | DOMINGO 26 DE XULLO.
⚠️ Actívase o aviso por episodio de vaga de calor.
A partir de mañá comezarán a subir as temperaturas, que serán especialmente elevadas entre o luns e o mércores.
🟡 A Coruña (Noroeste): Nivel 1 (amarelo)
🔴 Pontevedra (Interior): Nivel 3 (vermello)
👉 Dende Protección Civil Muxía recomendamos extremar as precaucións, manterse ben hidratado e evitar a exposición ao sol nas horas centrais do día.

Neste día queremos render homenaxe á nosa terra, á súa historia, á súa cultura e, sobre todo, ás persoas que cada día co...
25/07/2026

Neste día queremos render homenaxe á nosa terra, á súa historia, á súa cultura e, sobre todo, ás persoas que cada día contribúen a facer de Galicia un lugar mellor.
Desde Protección Civil Muxía reafirmamos o noso compromiso de continuar traballando con responsabilidade, vocación de servizo e colaboración para velar pola seguridade e o benestar da cidadanía.
Que esta xornada sexa unha oportunidade para celebrar con orgullo a nosa identidade e os valores que nos unen como pobo.
💙 Feliz Día de Galicia.

⚠️ AVISO METEOROLÓXICO | NIVEL AMARELO POR CHOIVAS E TORMENTAS ⛈️🌧️A partir do mediodía deste venres 24 de xullo e ata a...
23/07/2026

⚠️ AVISO METEOROLÓXICO | NIVEL AMARELO POR CHOIVAS E TORMENTAS ⛈️🌧️
A partir do mediodía deste venres 24 de xullo e ata a primeira hora do sábado 25, agárdanse choivas intensas, tormentas, posibles sarabiadas e fortes refachos de vento.
👉 Extrema a precaución, evita desprazamentos innecesarios e segue sempre as indicacións dos organismos oficiais.
🚨 Ante calquera emerxencia, chama ao 112.

21/07/2026

Comenzamos semana informando á veciñanza das farmacias de garda dispoñibles durante esta semana, co obxectivo de facilitar o acceso á atención farmacéutica fóra do horario habitual.
Farmacia Quintáns

⚠️🌊 AVISO METEOROLÓXICO | ALERTA AMARELA POR FENÓMENO COSTEIRO.A AEMET activa a alerta amarela por fenómeno costeiro no ...
20/07/2026

⚠️🌊 AVISO METEOROLÓXICO | ALERTA AMARELA POR FENÓMENO COSTEIRO.
A AEMET activa a alerta amarela por fenómeno costeiro no litoral noroeste da provincia da Coruña.
📅 Martes, 21 de xullo de 2026 🕛 Dende o mediodía ata últimas horas da xornada.
💨 Agárdanse ventos do leste e nordés de 50 a 61 km/h (forza 7).
👉 Recomendamos extremar a precaución, evitar achegarse á costa e seguir sempre as indicacións das autoridades.

Dirección

Calle Virxe Dá Barca 26
Mugia
15124

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando AVPC PROTECCIÓN CIVIL MUXIA publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir