10/04/2024
📢 VENRES, 12 DE ABRIL DÍA DA ATENCIÓN PRIMARIA: CONCENTRACIÓN DIANTE DO PARLAMENTO PORQUE OS PROBLEMAS CONTINÚAN SEN RESOLVER ✂️
Aínda que non ocupen grandes titulares os problemas na sanidade pública seguen sen resolver:🔹problemas en pediatría🔹lista de agarda para medicina de familia🔹meses para atención en saúde mental🔹retrasos nas citas con especialistas🔹problemas no servizo de ambulancias cos traballadores da empresa Civera anunciando folga etc.
Case dous meses despois das eleccións 🤐 esta semana investirase ao presidente da Xunta que nomeará Conselleir@s, entre el@s de Sanidade. Para que non se esquezan de que os seus recortes sufrímolos doentes, todas as plataformas convocamos unha concentración simbólica ás portas do Parlamento coincidindo co día da atención primaria.
📅 Venres 12 de abril
📍 Diante do Parlamento Galego (Compostela)
🕙 Ás 12h
🚗 Se queres asistir ponte en contacto con nós no 699 484 676.
👆🏽 Se tes coche con prazas libres, avísanos tamén para organizarnos.
Xa o dixemos por activa e por pasiva, mentres haxa recortes, veñan ou non as eleccións, seguiremos a reclamar a nosa sanidade, porque 𝗖𝗢𝗔 𝗡𝗢𝗦𝗔 𝗦𝗔𝗨́𝗗𝗘 𝗡𝗢𝗡 𝗦𝗘 𝗫𝗢𝗚𝗔 💪🏼
́blica
Plataforma Defensa Sanidade Pública Barbanza Plataforma Sanidade Pública O Rosal Plataforma de Moaña Plataforma en Defensa da Sanidade Pública. Sanxenxo Plataforma en defensa da Sanidade Pública en Tomiño SOS Sanidade Pública Plataforma de Defensa da Sanidade Pública. Oia Plataforma en defensa da Sanidade Pública en Tomiño. Plataforma na defensa da Sanidade Pública de Ponteareas Plataforma Sanidade de Tui PEDIATRAS EN O CARBALLIÑO XA!! Plataforma en defensa da sanidade pública do Condado SOS Costa da Morte Plataforma en Defensa da Sanidade Pública - O Salnés Cruces de Cores pola sanidade Pediatras En Verín Xa SOS Sanidade O Salnés Cerdedo pola sanidade pública Plataforma en Defensa da Sanidade Pùblica do Val Miñor Plataforma en defensa da sanidade pública da Guarda Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña Plataforma Medico Catoira Pladesapu Monforte Pediatras e matronas Xa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Comarca de Monterrei LoitaPediátricaDaLimia Celadores Galicia Sanidad Pública Enfermeiras en Loita Movemento Galego da Saúde Mental Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo SOS Compostela Sos Sanidade O Grove SOS Sanidade Pública Arcade-Soutomaior Chantada quere sanidade