27/10/2026
📺🎬 Luces, cámaras… e moita diversión! 🌦️😄
Hoxe as persoas usuarias de Asociación AGORA para persoas con discapacidade fixemos unha visita moi especial ás instalacións da Tic - Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo.
🔎 Descubrimos como é un plató por dentro, coñecemos algúns dos segredos que se agochan detrás das cámaras e aprendemos todo o que pasa para que a televisión chegue ás nosas casas.
Pero o mellor estaba por chegar… 🎤😜 Porque algunha persoa animouse a poñerse diante das cámaras e mesmo se atreveu a facer a súa propia predición do tempo! 🌧️☀️🌈 (non temades so era unha interpretación👩🎤)
Quen sabe, igual temos entre nós futuras estrelas da televisión ou auténticos homes e mulleres do tempo! 😂
👏 Moitísimas grazas á Deputación de Lugo por abrirnos as portas e permitirnos vivir esta experiencia tan divertida e enriquecedora.
Quen sabe, igual con todo o aprendido no día de hoxe soprendemos ca nosa arte 💚
Seguiremos informando😎