Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next As empresas da Ribeira Sacra unímonos como asociación para crear unha comunidade que impulse a economía e nos proxecte cara ao futuro.

Co traballo conxunto potenciarase a cadea de valor para favorecer o tecido económico do territorio e da súa poboación. Impulsamos el desarrollo sostenible, la innovación y la promoción de la Ribeira Sacra, un espacio de gran valor en el corazón de Galicia.

📢 Lembrade! O 30 de outubro temos unha cita no Foro do Emprendemento e Eficacia Empresarial Ribeira Sacra 2026.Contaremo...
24/10/2026

📢 Lembrade! O 30 de outubro temos unha cita no Foro do Emprendemento e Eficacia Empresarial Ribeira Sacra 2026.
Contaremos con poñentes como:

- Álvaro Fontela, CEO e fundador de Raiola Networks
- Xesús Mazaira, administrador de Airas Moniz
- Amancio López, presidente do Hotusa
- José Manuel Silva (Cuqui Silva), ex representante de España no Comité Director do EuroHPC.

Apertura con Zaira Dapena de Afundación

📍 Auditorio Municipal de Chantada
🕤 De 9:30 a 14:30 h

Contamos con todos vós! Inscribídevos na ligazón 👇
https://ribeirasacranext.gal/inscricion-actividades/new?actividade=AC.000175

🚀 Arrancamos a segunda edición de «Emprendemento na Escola»!📍 Hoxe reunímonos no IES Río Cabe de Monforte de Lemos, de m...
21/10/2026

🚀 Arrancamos a segunda edición de «Emprendemento na Escola»!

📍 Hoxe reunímonos no IES Río Cabe de Monforte de Lemos, de maneira presencial e telemática, para marcar a folla de ruta desta nova edición.

Contamos coa presenza de Carmen José López, directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia en Lugo, Consellería de Emprego, Comercio e Emigración quen participou na presentación do programa.

Tras o éxito do pasado curso, damos un paso máis: 11 centros educativos das catro provincias galegas participarán nesta iniciativa para achegar o mundo empresarial ás aulas.

🏢 Asociacións empresariais participantes:
Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next
Asociación de Empresarios SEARA
Aemos
Asociación de Empresarios do Polígono do Pereiro de Aguiar

💡 Porque o talento está nas aulas e as grandes ideas non teñen idade!

Grazas a todos os centros e entidades participantes pola súa implicación. Comezamos con moita ilusión! 😍

Máis info 👉 https://ribeirasacranext.gal/blog/eventos/marcamos-a-folla-de-ruta-da-segunda-edici%C3%B3n-de-%C2%ABemprendemento-na-escola%C2%BB-que-chegar%C3%A1-a-11-centros-educativos-de-toda-galicia

hashtag hashtag hashtag hashtag hashtag hashtag

📣 Foro do Emprendemento e Eficacia Empresarial – Ribeira Sacra 2026O vindeiro venres, 30 de outubro, o Auditorio Municip...
19/10/2026

📣 Foro do Emprendemento e Eficacia Empresarial – Ribeira Sacra 2026

O vindeiro venres, 30 de outubro, o Auditorio Municipal de Chantada acollerá unha xornada para falar de empresa, competitividade, remuda xeracional, profesionalización das pemes e novas oportunidades de investimento ligadas ao territorio.

🕘 Horario: 9:30 – 14:30 h
📍 Lugar: Auditorio Municipal de Chantada

Ao longo da mañá contaremos con empresarios, directivos e expertos que compartirán experiencias e reflexións arredor de tres grandes bloques:

Remuda xeracional e novas formas de dirixir unha empresa
Competitividade, asesoramento e profesionalización das pemes
Atracción de investimento e oportunidades empresariais na Ribeira Sacra

Entre os participantes estarán Álvaro Fontela Sánchez de Raiola Networks, Gonzalo López Otero de Calzados Losal, Xesús Mazaira Varela de Airas Moniz, Manuel López García, Amancio López Seijas de Hotusa e José Manuel Silva Rodríguez “Cuqui Silva”, entre outros.

Organiza: Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next
Patrocina: Afundación
Colaboran: Concello de Chantada, CCA Ribeira Sacra, D.O. Ribeira Sacra e Ribeira Sacra Consorcio de Turismo.

📝 Inscricións abertas! Para participar no foro, realiza a túa inscrición a través do enlace: https://ribeirasacranext.gal/inscricion-actividades/new?actividade=AC.000175

Hoxe tivemos o pracer de participar na xornada “Amas da Terra by Lucía Freitas: talento, territorio e emprendemento femi...
29/09/2026

Hoxe tivemos o pracer de participar na xornada “Amas da Terra by Lucía Freitas: talento, territorio e emprendemento feminino”, celebrada no Ateneo Casino de Monforte de Lemos.

A nosa vicepresidenta e empresaria de ADEGA VELLA, Marisol Borrajo Lorenzo participou nunha mesa xunto con Lucía Freitas de Restaurante A Tafona by Lucia Freitas e outras mulleres emprendedoras e empresarias, compartindo experiencias, traxectorias e reflexións sobre emprendemento, territorio e liderado feminino.

A xornada, organizada polo Polo de Emprendemento de Monforte, contou coa colaboración de Ribeira Sacra Next. Queremos destacar o excelente traballo que desenvolve o Polo no acompañamento e impulso de novas iniciativas empresariais no territorio.

Lucía Freitas compartiu ademais a súa traxectoria profesional e empresarial, marcada pola gastronomía, o produto galego e unha forte vinculación co territorio.

Desde Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next seguiremos colaborando en iniciativas que contribúan a visibilizar o talento, fortalecer o tecido empresarial e xerar novas oportunidades na Ribeira Sacra.

Máis info: https://ribeirasacranext.gal/blog/general/ribeira-sacra-next-participa-na-xornada-%C2%ABamas-da-terra-by-luc%C3%ADa-freitas%C2%BB

Grazas, Raiola Networks ! 🙌Pechamos o   co corazón cheo. Foi un pracer compartir espazo convosco nesta 9ª edición do RMC...
26/09/2026

Grazas, Raiola Networks ! 🙌

Pechamos o co corazón cheo. Foi un pracer compartir espazo convosco nesta 9ª edición do RMC e g***r do talento que as e os poñentes demostraron en cada charla.

Pero, sobre todo, grazas por estar sempre á vangarda e por poñer tamén o foco no talento da nosa terra, con referentes da Ribeira Sacra como Brais Moure entre outr@s.

Seguir apostando por eventos deste nivel é tamén construír futuro. Sabemos todo o esforzo, o traballo e a ilusión que hai detrás dunha cita coma esta, e precisamente de iniciativas así nacen grandes cousas.
Parabéns a e a todo o equipo de Raiola Networks polo enorme traballo realizado. Xa contamos os días para a próxima edición! 💚

🌱 A mocidade, o emprego e o futuro do ruralDesde a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next participamos no encontro “N...
18/09/2026

🌱 A mocidade, o emprego e o futuro do rural

Desde a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next participamos no encontro “Novas Ruralidades”, celebrado no Ies Daviña Rey de Monforte de Lemos.

Durante a xornada presentáronse os resultados do estudo sobre a intención migratoria da mocidade do sur de Lugo, que permitiu coñecer mellor as súas expectativas, inquietudes e perspectivas de futuro.

A iniciativa foi impulsada por Acción contra el Hambre España e Atoupa Cooperativa, no marco do proxecto Comunidades de Dinamización e Emprego Inclusivo: Novas Ruralidades, coa colaboración da Fundación "la Caixa".

🤝 O encontro serviu tamén para contrastar estes resultados coa propia mocidade e compartir experiencias con profesionais e entidades que traballan no territorio.

Desde Ribeira Sacra Next consideramos fundamental seguir creando oportunidades de emprego, emprendemento e desenvolvemento profesional que permitan á mocidade quedar, regresar ou apostar pola Ribeira Sacra para desenvolver aquí o seu proxecto de vida.

💚 Seguimos traballando e colaborando por unha Ribeira Sacra viva, dinámica e con futuro.

Máis info 👉 https://ribeirasacranext.gal/blog/general/a-asociaci%C3%B3n-de-empresas-ribeira-sacra-next-participa-no-encontro-%E2%80%9Cnovas-ruralidades%E2%80%9D-sobre-o-futuro-da-mocidade-rural

📢 Nova oferta de emprego na Ribeira Sacra!A empresa ct.galega busca Consultor/a de Solucións Dixitais de Xestión – ERP/C...
10/09/2026

📢 Nova oferta de emprego na Ribeira Sacra!

A empresa ct.galega busca Consultor/a de Solucións Dixitais de Xestión – ERP/CRM, un perfil con interese pola tecnoloxía, a dixitalización e a xestión empresarial.

👉 Consulta toda a información e inscríbete:
https://empleo.ribeirasacranext.gal/oferta/detalle/56

🌿 A Ribeira Sacra segue sumando proxectos que apostan polo territorio.Desde a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next ...
07/09/2026

🌿 A Ribeira Sacra segue sumando proxectos que apostan polo territorio.

Desde a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next tivemos o pracer de asistir á inauguración de Guardabosques, en Donelle Concello de Sober, un novo espazo impulsado por Ecooo Revolución Solar que aposta pola formación ecosocial, a sustentabilidade, a conservación da contorna e a dinamización do medio rural.

Para nós é unha satisfacción especial, xa que Guardabosques forma parte de Ribeira Sacra Next como socio membro da Asociación.

A chegada de iniciativas coma esta é unha excelente noticia para a Ribeira Sacra: permite recuperar patrimonio e espazos en desuso, atraer persoas e coñecemento, xerar actividade e abrir novas oportunidades de colaboración co tecido empresarial e social da comarca.

Queremos destacar tamén o labor de Vicente Barcia Magaz, coordinador de Guardabosques, e a súa aposta por desenvolver desde Donelle un proxecto conectado co territorio e co seu futuro.

Desde Ribeira Sacra Next seguiremos traballando para sumar empresas, proxectos e persoas que crean nas posibilidades da nosa comarca. 🤝

Benvidos a Ribeira Sacra Next e moitos éxitos nesta nova etapa!

Máis info 👉 https://ribeirasacranext.gal/blog/general/guardabosques-en-donelle-un-novo-proxecto-para-impulsar-o-rural-da-ribeira-sacra

🤝 Novo convenio de colaboración con Raiola NetworksHoxe, 26 de agosto de 2026, desde Asociación de Empresas Ribeira Sacr...
26/08/2026

🤝 Novo convenio de colaboración con Raiola Networks

Hoxe, 26 de agosto de 2026, desde Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next asinamos un convenio con Raiola Networks, empresa nacida en Lugo e referente no sector do hosting e da infraestrutura dixital en España.

Grazas a este acordo, as nosas empresas e profesionais asociados poderán acceder a condicións especiais:

🔹 50 % de desconto durante o primeiro ano en Hosting SSD e VPS.
🔹 Dominio gratuíto durante o primeiro ano.
🔹 Migración de contidos gratuíta, ata 10 webs e 10 contas de correo electrónico.

📌 Para beneficiarse destas condicións será necesario solicitar previamente a Ribeira Sacra Next o certificado que acredite a condición de asociado.

Máis info 👉 https://ribeirasacranext.gal/blog/general/ribeira-sacra-next-e-raiola-networks-asinan-un-convenio-para-as-empresas-asociadas

Dirección

Avenida De Galicia, 38, Entresuelo 4 Local E1/
Monforte De Lemos
27400

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next:

Atajos

Compartir