Estrela de Marín

Cómo llegar Página web

Estrela de Marín Benvidos ao facebook do CCA Estrela de Marín. Manterémosvos informados das actividades de dinamización que poñemos en marcha así como información diversa.

Estrela de Marín é o Centro Comercial Aberto do concello de Marín. Un CCA é unha agrupación dun número indeterminado de establecementos comerciais independentes, que se atopan ubicados en rúas urbanas dun espacio concreto cunha tradición comercial na zona, cunha xestión externa común e cuns criterios de unidade e imaxe propios permanentes. Desta forma, constitúese como unha fórmula de organización comercial, cunha imaxe é unha estratexia propias, e que goza dunha concepción global de oferta comercial, servicios, cultura e de lecer. Hoxe en día, a nosa razón de ser, é a de ofrecer fórmulas que potencien, mediante a agrupación e a xeración de sinerxias, os grandes valores e activos do comercio da nosa vila: trato cercano, personalizado é "de toda a vida"; Diversidade e riqueza nos enfoques comerciais dos distintos comercios, fronte a enfoques de venda máis estandarizados; En definitiva resaltar a nosa condición de comercio "aberto", non só porque os distintos comercios se atopan unidos entre sí polas nosas rúas, senón porqué a hospitalidade e a acollida son unha seña de identidade dos nosos establecementos.

Volven os Bonos Activa Comercio Comercio galego Xunta de Galicia
26/10/2026

Volven os Bonos Activa Comercio Comercio galego Xunta de Galicia

🥩⭐ TEMOS NOVO SOCIO EN ESTRELA DE MARÍN!🎉 Dámoslle a benvida a Carnicería Fredi, situada na 📍 Praza de Abastos de Marín....
20/10/2026

🥩⭐ TEMOS NOVO SOCIO EN ESTRELA DE MARÍN!

🎉 Dámoslle a benvida a Carnicería Fredi, situada na 📍 Praza de Abastos de Marín.

🥩 Carnes de calidade, elaborados e unha ampla variedade de produtos para o teu día a día!

💙 Seguimos sumando comercios á nosa gran familia!

🛍️ Benvidos a Estrela de Marín! ⭐


Comercio galego Comercio de Marin

💙 “QUE É UN COMERCIO” PECHA CUN BALANCE MOI POSITIVODurante varias semanas quixemos falar do comercio local desde outro ...
19/10/2026

💙 “QUE É UN COMERCIO” PECHA CUN BALANCE MOI POSITIVO

Durante varias semanas quixemos falar do comercio local desde outro lugar: desde as persoas, a infancia, a confianza, a proximidade e a vida de vila.

E os datos deixan unha resposta moi clara:

👥 484 persoas no acto final no Auditorio de Marín
💶 15.538,57 € acumulados en movementos durante a campaña
📲 Preto de 200 novas altas no sistema de fidelización de Comercio de Marín
🎁 Centos de agasallos canxeados coa acumulación de puntos
👧🧒 Arredor de 500 escolares participaron na actividade educativa

O sábado puxemos o broche final cun Auditorio practicamente cheo, coa participación de Esther Estévez e Estrelín e coa representación de “A nena que quería navegar”, de Redrum Teatro.

E cando rematou a función, decenas de nenos e nenas quedaron para facerse unha foto con Estrelín no photocall.

Ese momento resume moi ben o que buscabamos con esta campaña: crear vínculo, falar do comercio desde a emoción e conseguir que a rapazada tamén sinta que forma parte da vila.

Grazas aos comercios, ás familias, aos centros educativos, ás institucións e a todas as persoas que fixestes posible “Que é un comercio”.

Detrás de cada comercio hai persoas, historias e futuro.

💙 Mercamos na nosa vila, facemos vila.



Cofinancia: Xunta de Galicia Comercio galego
Colabora: Concello de Marín
Comercio de Marin

🤖 FORMACIÓN | IA APLICADA – NIVEL ESTRATÉXICOTiñámolo pendente de compartir convosco! 😊Do 6 ao 8 de outubro celebramos n...
18/10/2026

🤖 FORMACIÓN | IA APLICADA – NIVEL ESTRATÉXICO
Tiñámolo pendente de compartir convosco! 😊
Do 6 ao 8 de outubro celebramos na sede de Estrela de Marín unha nova acción formativa dirixida ao noso comercio local, dentro do programa IA aplicada – Nivel Estratéxico.
Foron tres xornadas de traballo moi prácticas nas que afondamos no uso da Intelixencia Artificial como ferramenta para mellorar a competitividade, a planificación e a toma de decisións nos negocios.
Durante a formación traballamos aspectos como a análise de produtos e oportunidades comerciais, a preparación de promocións e campañas, a optimización de tarefas, a comunicación con provedores, a fidelización da clientela ou a diferenciación do comercio local.
Ademais, cada participante puido avanzar na elaboración dunha folla de ruta para os seguintes 90 días, definindo prioridades, accións e obxectivos concretos para aplicar directamente no seu establecemento.
📸 A campaña “Que é un comercio” absorbeunos por completo estes últimos días, pero non queriamos deixar de compartir unha formación que supuxo un novo paso na aposta de Estrela de Marín pola innovación, a dixitalización e a profesionalización do noso tecido comercial.
💙 Grazas a todas as persoas participantes pola implicación e polas ganas de seguir aprendendo e evolucionando.
Seguimos traballando por un comercio local máis preparado, competitivo e conectado co futuro.
Cofinancia: Xunta de Galicia Comercio galego
Colabora: Concello de Marín

💙 HOXE REMATA “QUE É UN COMERCIO”Foron días de escaparates con mensaxe, actividades educativas, música, Estrelín, partic...
17/10/2026

💙 HOXE REMATA “QUE É UN COMERCIO”

Foron días de escaparates con mensaxe, actividades educativas, música, Estrelín, participación da rapazada, comercios implicados e moitas historias arredor dunha pregunta moi sinxela:

Que é un comercio?

Ao longo desta campaña quixemos lembrar que detrás de cada establecemento hai moito máis ca produtos e servizos.

Hai persoas.
Hai confianza.
Hai emprego.
Hai proximidade.
Hai identidade.
Hai vida de vila.

E hoxe chega o momento de poñer o broche final.

📍 Auditorio de Marín
🕡 18:30 h · Esther Estévez + Estrelín
🎭 19:00 h · “A nena que quería navegar” · Redrum Teatro

Aínda quedan localidades dispoñibles para acompañarnos nesta última tarde de campaña.

🎟️ Entrada gratuíta con reserva previa. https://auditorio.concellodemarin.es/

Grazas aos comercios, ás familias, aos centros educativos, ás institucións e a todas as persoas que formastes parte de “Que é un comercio”.

Porque detrás de cada comercio hai unha historia.

E porque cando mercamos preto, facemos vila.

Cofinancia: Xunta de Galicia Comercio galego
Colabora: Concello de Marín
Comercio de Marin

Que é un comercio Publicado el 22/09/2026 por estrela DO 1 AO 17 DE OUTUBRO DE 2026 Campaña extraordinaria de Estrela de Marín Que é un comercio? Durante 17 días queremos mirar o comercio local doutro xeito: descubrir todo o que hai detrás dunha persiana aberta, dun escaparate iluminado e dunh...

💙 Un Auditorio cheo de rapazada e un sábado moi especial por dianteOnte vivimos unha das xornadas máis especiais de “Que...
15/10/2026

💙 Un Auditorio cheo de rapazada e un sábado moi especial por diante

Onte vivimos unha das xornadas máis especiais de “Que é un comercio”.

Centos de nenos e nenas de CEIP A Laxe, CEIP do Carballal, CEIP O Sequelo e Escola de Educación Infantil O Grupo participaron nunha actividade educativa na que descubrimos que detrás de cada comercio hai persoas, confianza, emprego, proximidade e vida de vila.

Estrelín foi un dos grandes protagonistas dunha mañá chea de participación, xogos, música e aprendizaxe, coa presenza tamén do Director Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, da Alcaldesa de Marín e do Presidente do CCA Estrela de Marín.

E agora chega o gran peche da campaña.

📅 Sábado 17 de outubro
📍 Auditorio Municipal de Marín
🕡 18:30 h · Esther Estévez + Estrelín
🎭 19:00 h · “A nena que quería navegar” · Redrum Teatro

Unha tarde para desfrutar en familia e seguir falando de soños, confianza, diversidade e acompañamento.

🎟️ A entrada é gratuíta con reserva previa e aínda quedan localidades dispoñibles.

Detrás de cada comercio hai persoas, historias e unha vila que segue navegando.
Cofinancia:Xunta de Galicia Comercio galego Xunta de Galicia
Colabora: Concello de Marín
Comercio de Marin

14/10/2026
13/10/2026

A campaña "Que é un comercio", impulsada por Estrela de Marín, celebrará este mércores o seu acto central con actividades divulgativas, a presencia da mascota Estrelín e a presentación dun tema mus...

⭐ ESTHER ESTÉVEZ SÚMASE A “QUE É UN COMERCIO” O acto final da nosa campaña vai contar cunha acompañante moi especial. "A...
11/10/2026

⭐ ESTHER ESTÉVEZ SÚMASE A “QUE É UN COMERCIO”

O acto final da nosa campaña vai contar cunha acompañante moi especial.

"A presentadora Esther Estévez será a encargada de conducir, xunto a Estrelín, a dinámica coa que poñeremos o broche final a “Que é un comercio”.

Esther é unha das caras máis recoñecibles da nova comunicación en galego. Está á fronte de DígochoEu, o proxecto da TVG que desde 2020 achega o galego dunha maneira dinámica, divulgativa e próxima, especialmente ás xeracións máis novas.

A súa traxectoria foi recoñecida, entre outros galardóns, con dous Premios Mestre Mateo como mellor comunicadora, consolidándoa como unha das profesionais máis destacadas do audiovisual galego.

O sábado 17 estará en Marín para acompañarnos nun encontro no que falaremos de comercio local, proximidade, confianza, persoas e vida de vila, antes de dar paso á representación de “A nena que quería navegar”, de Redrum Teatro.

📅 Sábado 17 de outubro
📍 Auditorio de Marín
🕡 18:30 h · Esther Estévez + Estrelín
🎭 19:00 h · “A nena que quería navegar”
Reserva entrada gratuita: https://entradas.ticketrona.com/events/a-nena-que-queria-navegar

Un peche pensado para compartir en familia e lembrar que detrás de cada comercio hai persoas, historias e unha vila que segue navegando xunta.

💙 Mercamos na nosa vila, facemos vila.

Cofinancia:Xunta de Galicia Comercio galego Xunta de Galicia
Colabora:Concello de Marín Concello de Marín
Comercio de Marin

Dirección

Rua Real Nº 10 Baixo
Marín
36900

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:30
Martes 08:00 - 15:30
Miércoles 08:00 - 15:30
Jueves 08:00 - 15:30
Viernes 08:00 - 15:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Estrela de Marín publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir