Asociación Praza de Abastos de Marín

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Asociación Praza de Abastos de Marín Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Marín

21/10/2026
Gañadora do sorteo dos 100€ do 19º aniversario da Praza❗️Agustina Iglesias Iglesias, que selou a sua papeleta en Silveri...
14/07/2026

Gañadora do sorteo dos 100€ do 19º aniversario da Praza❗️

Agustina Iglesias Iglesias, que selou a sua papeleta en Silverio Iglesias.

A entrega do premio realizouse hoxe martes ás 10:00 horas na propia Praza de Abastos

cofinancia Xunta de Galicia Comercio galego

Xa temos gañadora da campaña do 19 aniversario da Praza de Abastos de Marín 🎉A afortunada foi Agustina Iglesias Iglesias...
11/07/2026

Xa temos gañadora da campaña do 19 aniversario da Praza de Abastos de Marín 🎉

A afortunada foi Agustina Iglesias Iglesias, quen gañou un vale de compra de 100 € para gastar no posto Silverio Iglesias, tras participar na campaña co seu ticket de compra.

Ao longo da xornada de hoxe tamén repartimos agasallos entre os clientes que presentaron os seus tickets de compra dos postos asociados.

Grazas a todas as persoas que vos achegastes a celebrar connosco este aniversario e por seguir apostando polo comercio de proximidade.

A campaña contou coa cofinanciación da Xunta de Galicia Comercio galego

De 9:30 a 12:30 estaremos repartindo agasallos! Só tes que presentar o ticket de compra dun posto asociado‼️
11/07/2026

De 9:30 a 12:30 estaremos repartindo agasallos! Só tes que presentar o ticket de compra dun posto asociado‼️

Dende a Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Marín queremos celebrar o 19 aniversario da reforma da nosa pr...
01/07/2026

Dende a Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Marín queremos celebrar o 19 aniversario da reforma da nosa praza, poñendo en marcha unha nova acción de dinamización comercial.

Dende o mércores 1 de xullo e ata o sábado 11 de xullo, os clientes que realicen as súas compras en calquera dos postos asociados recibirán unha papeleta que deberán cubrir cos seus datos e depositar na urna habilitada na propia Praza de Abastos.

👉 O vindeiro sábado 11 de xullo estaremos na Praza de Abastos repartindo agasallos entre a veciñanza. Para poder recibilo será necesario presentar un ticket de compra realizado nun dos postos asociados durante os días da campaña (ata agotar existencias).

Con esta iniciativa queremos agradecer a confianza dos nosos clientes e seguir dinamizando o comercio de proximidade.

A campaña conta coa colaboración da Xunta de Galicia Comercio galego

Parabéns!
23/04/2026

Parabéns!

Hai noticias que emocionan de verdade 💙

Recibir unha mención honorífica nos Premios Nacionais de Comercio é unha inmensa alegría para todo o comercio local de Marín.

Este recoñecemento non fala só dun premio. Fala de esforzo, de ilusión, de portas abertas cada día, de atención próxima, de confianza e de compromiso coa nosa vila.

É un logro compartido con cada comercio, con cada persoa que merca en local e con todas as que cren que Marín tamén se constrúe desde os seus escaparates, as súas rúas e a súa xente.

Grazas por estar aí, por apoiar e por formar parte deste camiño.
Este recoñecemento tamén é voso ✨

MercaEnLocal OrgulloDeMarín Concello de Marín Comercio de Marin Comercio galego

Dende a asociación queremos celebrar o Día da Nai poñendo en marcha unha nova acción de dinamización comercial para prem...
15/04/2026

Dende a asociación queremos celebrar o Día da Nai poñendo en marcha unha nova acción de dinamización comercial para premiar a fidelidade dos nosos clientes.

Dende o xoves 16 de abril ata o lunes 4 de maio, todas as persoas que realicen as súas compras en calquera dos postos asociados poderán participar nun sorteo especial. Para iso, só terán que rexistrar o seu ticket de compra a través do código QR da campaña ou en https://prazadeabastosdemarin.es/campana-dia-da-nai-2026/

Entre todos os participantes sortearase unha tarxeta regalo de 50€, co obxectivo de seguir apoiando o comercio local e celebrar esta data tan especial coas familias.
- Cofinancia: Xunta de Galicia Comercio galego

Dirección

Serafín Tobío S/n°
Marín

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 14:00
Martes 08:00 - 14:00
Miércoles 08:00 - 14:00
Jueves 08:00 - 14:00
Viernes 08:00 - 14:00
Sábado 08:00 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Praza de Abastos de Marín publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Asociación Praza de Abastos de Marín:

Atajos

Compartir