Raiolas Lugo

Cómo llegar Página web

Raiolas Lugo Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Raiolas Lugo, Organización benéfica, Rúa Músico Falla, 21, Lugo.

🍁🍂 Queremos dar as grazas a Lugo Monumental por convidarnos a participar no Outlet de Outono que se realizou na Praza Ma...
16/10/2026

🍁🍂 Queremos dar as grazas a Lugo Monumental por convidarnos a participar no Outlet de Outono que se realizou na Praza Maior 🍂🍁

Foi un pracer formar parte desta iniciativa, compartindo momentos e enchendo de vida e ambiente as rúas da nosa cidade.
Grazas por contar con nós e polo traballo que realizades para dinamizar o comercio local.

Encantounos formar parte desta experiencia!!
Agardamos repetir moi pronto!❤️

San Froilán 2026!!🎡🎢Este ano desfrutamos moito das nosas festas patronais 🎉🎨 Fixemos manualidades cos máis pequenos, pas...
14/10/2026

San Froilán 2026!!🎡🎢

Este ano desfrutamos moito das nosas festas patronais 🎉

🎨 Fixemos manualidades cos máis pequenos, paseamos polo recinto feiral, gozando das distintas atraccións 🎠 🎡
E, por suposto, non faltaron uns deliciosos churros para merendar!!🥨

Un San Froilán amable e accesible para todos e todas, con diferentes medidas para poder g***r das festas da nosa cidade.
Moitas grazas ao Concello de Lugo pola súa colaboración!!

13/10/2026

A semana pasada, tivemos uns días de moitas emocións en Raiolas!!😍🥳

Primeiro retomamos a actividade de baloncesto coa Fundación Breogán 🏀⛹️, moitas canastras e moita alegría de volver a xogar!!!
E tamén fixemos unha festa de despedida da nosa querida educadora social Sara, desexándolle moita sorte!!☘️

Mostramos un vídeo do ben que o pasamos!!

O sábado 3 de outubro participamos na Xornada "Atendendo á diversidade na aula" en Santiago de Compostela.Foi unha xorna...
06/10/2026

O sábado 3 de outubro participamos na Xornada "Atendendo á diversidade na aula" en Santiago de Compostela.
Foi unha xornada moi enriquecedora na que Mª Teresa López Prado, Psicopedagoga e Mª Cruz Crespo García, Logopeda, impartiron un seminario sobre inclusión educativa.
Ademáis participamos no stand informativo, facendo rede con outras entidades da nosa comunidade.

Xa temos dispoñible a Lotería de Nadal de Raiolas!! 🎁🌲Faite coa túa participación 🎫 e axúdanos a seguir facendo posible ...
02/10/2026

Xa temos dispoñible a Lotería de Nadal de Raiolas!! 🎁🌲

Faite coa túa participación 🎫 e axúdanos a seguir facendo posible o noso traballo e os nosos proxectos!!

Por só 5€:
👉4.20€ xogas
👉0.80 céntimos doas para apoiar á nosa

📍 Podes conseguila no noso local da Rúa Músico Falla n°21 (Lugo)

⚡ Non te quedes sen ela!
🍀 Xoga e colabora connosco!

♾ PROGRAMA ESCOLA DE FAMILIA ♾O vindeiro sábado 17 de outubro, terá lugar unha nova charla do noso programa Escola de Fa...
29/09/2026

♾ PROGRAMA ESCOLA DE FAMILIA ♾

O vindeiro sábado 17 de outubro, terá lugar unha nova charla do noso programa Escola de Familias 2026, en colaboración co Concello de Lugo, destinado as persoas socias da nosa entidade.

Nesta ocasión contaremos con Ignacio Rey Mato, Psicólogo Clínico, Director Programa de Empleo BATA, que impartirá a charla: "Desarrollo de Proyectos de Vida Adulta"

Esperámosvos!!

🎉 RAIOLAS LUGO XUNTO CO CONCELLO DE LUGO, POR UNHAS FESTAS DO SAN FROILÁN MÁIS INCLUSIVASRAIOLAS LUGO, xunto co Concello...
29/09/2026

🎉 RAIOLAS LUGO XUNTO CO CONCELLO DE LUGO, POR UNHAS FESTAS DO SAN FROILÁN MÁIS INCLUSIVAS

RAIOLAS LUGO, xunto co Concello de Lugo traballamos para promover unhas festas máis accesibles e inclusivas, adaptando diferentes medidas para que todas as persoas poidan desfrutar das festas da cidade:

🎆 Festas sen cohetes, para reducir o impacto do ruído.

🎧 Cascos antirruído, dispoñibles para quen os precise durante as actividades festivas, podendo solicitalos no punto de información turística da Praza Maior.

🔇 Unha hora sen ruído, establecendo un período de calma acústica onde as barracas baixan o volume da música e dos altofalantes de 17.00 a 18.00 horas todos os días.

🎟️ Pases de acceso prioritario, para facilitar a entrada e participación de persoas que poidan necesitar medidas de accesibilidade ou apoio, tamén se poden solicitar no punto de información turística da Praza Maior.

Toda esta información, tamén se pode ver na páxina 38 da programación das festas.

RAIOLAS Lugo | Por unhas festas máis inclusivas, accesibles e para todas as persoas.

28/09/2026

Hoxe queremos compartir con todos vós unha alegría inmensa coa incorporación deste novo vehículo adaptado aos nosos servizos de atención a persoas autistas. Este investimento mellorará substancialmente a calidade dos nosos traslados e dos programas desenvoltos en Lugo e arredores, facilitando que os nosos usuarios participen en todo tipo de actividades.
Esta adquisición foi posible grazas ao financiamento da Xunta de Galicia a través da subvención IF403-Axudas para a adquisición de vehículos adaptados que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade por parte de entidades de iniciativa social da Comunidade Autónoma de Galicia.
Co novo vehículo xa listo... ¡estamos desexando empezar a facer quilometros!
O noso sincero agradecemento á Xunta de Galicia
Xunta de Galicia

O pasado mércores asistimos á asinatura do Convenio de Colaboración que mantemos co Concello de Lugo para o desenvolveme...
25/09/2026

O pasado mércores asistimos á asinatura do Convenio de Colaboración que mantemos co Concello de Lugo para o desenvolvemento do noso programa Escola de Familias, na que estiveron presentes Elena Candia - Alcaldesa de Lugo e Gustavo Díaz Rey, e deronnos a coñecer as novidades aplicadas en ditos convenios.

Dirección

Rúa Músico Falla, 21
Lugo
27004

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Raiolas Lugo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir