Fundación Breogán

Cómo llegar Página web

Fundación Breogán O seguinte paso no sentimento Breoganista

🏀 En 𝗚𝗨𝗜𝗧𝗜𝗥𝗜𝗭, o baloncesto segue gañando protagonismo!Os rapaces e rapazas de 𝗠á𝗶𝘀 𝗤𝘂𝗲 𝗕𝗮𝘀𝗸𝗲𝘁 𝗻𝗼 𝗥𝘂𝗿𝗮𝗹 continúan avanza...
03/11/2026

🏀 En 𝗚𝗨𝗜𝗧𝗜𝗥𝗜𝗭, o baloncesto segue gañando protagonismo!

Os rapaces e rapazas de 𝗠á𝗶𝘀 𝗤𝘂𝗲 𝗕𝗮𝘀𝗸𝗲𝘁 𝗻𝗼 𝗥𝘂𝗿𝗮𝗹 continúan avanzando da man de Iria Miragaya, compartindo xogos, retos e novos momentos sobre a pista.

Cada semana trae algo diferente e novas ganas de seguir aprendendo. Seguimos en marcha! 💙

Concello de Guitiriz

♻️🏀 NINGÚN ARO SEN REDE | NOVA PARADA: FRIOLEsta vez tocou facer unha parada no 𝗖𝗣𝗜 𝗗𝗿. 𝗟ó𝗽𝗲𝘇 𝗦𝘂a𝗿𝗲𝘇 de Friol, onde nos ...
02/11/2026

♻️🏀 NINGÚN ARO SEN REDE | NOVA PARADA: FRIOL

Esta vez tocou facer unha parada no 𝗖𝗣𝗜 𝗗𝗿. 𝗟ó𝗽𝗲𝘇 𝗦𝘂a𝗿𝗲𝘇 de Friol, onde nos agardaba un grupo de rapaces e rapazas con moitas ganas de descubrir como poden axudar a coidar o planeta a través da reciclaxe.

Da man da Fundación Breogán e da UNED Lugo, coñecemos un pouco mellor o funcionamento do concurso e todo o que podemos conseguir cando lle damos unha segunda vida ao material de escritura.

E, como non podía ser doutra maneira, Máximus Breogán tamén se sumou á visita e xa ten novos aliados! 🦁♻️

Grazas ao CPI Dr. López Suárez pola acollida e por formar parte desta quinta tempada. Agora toca poñerse mans á obra… Moita sorte na recollida! 💙

♻️🏀 NINGÚN ARO SEN REDE | PRIMEIRA VISITA!Arrancamos a 5ª tempada no Colexio Diocesano 𝗠𝗮𝗿Í𝗮 𝗔𝘂𝘅𝗶𝗹𝗶𝗮𝗱𝗼𝗿𝗮, onde compartim...
02/11/2026

♻️🏀 NINGÚN ARO SEN REDE | PRIMEIRA VISITA!

Arrancamos a 5ª tempada no Colexio Diocesano 𝗠𝗮𝗿Í𝗮 𝗔𝘂𝘅𝗶𝗹𝗶𝗮𝗱𝗼𝗿𝗮, onde compartimos unha mañá estupenda co alumnado de 4º de Primaria.

O director da Fundación Breogán, 𝗟𝘂𝗶𝘀 𝗔𝗯𝗲𝗹 𝗧𝗮𝗯𝗼𝗮𝗱𝗮, e a directora da UNED Lugo 𝗔𝗻𝗮 𝗧𝗿𝗮𝘀𝗲𝗶𝗿𝗮, explicaron aos rapaces e rapazas como funciona o noso concurso de reciclaxe e todo o que podemos conseguir a través de pequenos xestos.

E non estivemos sós! Acompañounos Máximus, o león máis reciclador que coñecemos, que tampouco quixo perderse o comezo desta nova aventura. 🦁♻️

Moitas grazas ao colexio pola acollida e por sumarse a esta iniciativa.

Desexámosvos moita sorte na recollida! Cada útil de escritura conta. 💙

💙 𝗥𝗢𝗦𝗘𝗧𝗧𝗔 | PRIMEIRA PARADA: COLEXIO MARISTAS.Comezamos a nosa viaxe con ROSETTA no Colexio maristaslugo!Os rapaces e ra...
30/10/2026

💙 𝗥𝗢𝗦𝗘𝗧𝗧𝗔 | PRIMEIRA PARADA: COLEXIO MARISTAS.

Comezamos a nosa viaxe con ROSETTA no Colexio maristaslugo!

Os rapaces e rapazas do centro xa están a descubrir a lingua de signos, achegándose a unha nova forma de comunicarse e comprendendo a importancia de construír unha sociedade sen barreiras.

Da man de 𝗕á𝗿𝗯𝗮𝗿𝗮 𝗥𝗼𝘃𝗶𝗿𝗮, coordinadora do proxecto, e coa colaboración de 𝗔𝗦𝗢𝗥𝗟𝗨 ASORLU, iniciamos esta experiencia de aprendizaxe e sensibilización que nos acompañará durante todo o curso.

E para deixar constancia de cada paso desta aventura, os participantes contan co seu propio Pasaporte ROSETTA, no que irán recollendo os avances e descubrimentos desta viaxe.

🎃💙 Onte, no 𝗣𝗿𝗼𝘅𝗲𝗰𝘁𝗼 𝗣𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝘀, o baloncesto compartiu protagonismo con algún que outro personaxe misterioso...Co Samaín á...
30/10/2026

🎃💙 Onte, no 𝗣𝗿𝗼𝘅𝗲𝗰𝘁𝗼 𝗣𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝘀, o baloncesto compartiu protagonismo con algún que outro personaxe misterioso...

Co Samaín á volta da esquina, algúns dos nosos rapaces e rapazas chegaron ao adestramento cunha vestimenta moi especial. Houbo disfraces e, por suposto, moitas ganas de pasalo ben!

En Persoas tamén hai sitio para as pequenas tolemias e para demostrar que, na pista, o único que dá medo é quedar sen xogar! 👻🏀

Feliz Samaín! 💙

Vicepresidencia. Deputación de Lugo

♻️🏀 NINGÚN ARO SEN REDE | PREMIOS 2025/2653,2 quilos de material de escritura recuperado. Moitos pequenos xestos que, xu...
30/10/2026

♻️🏀 NINGÚN ARO SEN REDE | PREMIOS 2025/26

53,2 quilos de material de escritura recuperado. Moitos pequenos xestos que, xuntos, conseguen grandes cousas.

Os gañadores da cuarta edición de *Ningún Aro Sen Rede* xa teñen os seus premios. Un recoñecemento ao esforzo e á implicación de toda a comunidade educativa.

🏆 𝗖𝗘𝗜𝗣 𝗱𝗲 𝗕𝗿𝗲𝘁𝗼𝗻̃𝗮 (A Pastoriza) · 3,3 kg
Categoría de menos de 50 alumnos participantes.

🏆 𝗖𝗘𝗜𝗣 𝗣𝗹𝘂𝗿𝗶𝗹𝗶𝗻𝗴ü𝗲 𝗱𝗲 𝗡𝗮𝗱𝗲𝗹𝗮 · 12,3 kg
Categoría de 51 a 150 alumnos participantes.

🏆 𝗖𝗘𝗜𝗣 𝗠𝗲𝗻é𝗻𝗱𝗲𝘇 𝗣𝗲𝗹𝗮𝘆𝗼 · 22,6 kg
Categoría de máis de 150 alumnos participantes.

Os tres centros recibiron os seus premios:
🏀 30 invitacións para presenciar un encontro do Club Baloncesto Breogán SAD
📚 Un vale de 50 € en libros de temática ambiental da UNED Lugo
♻️ Un lote de redes sostibles de Ecoballution.
🏆 Un trofeo personalizado de O artesan 3D.

O acto contou coa participación de 𝗟𝘂𝗶𝘀 𝗔𝗯𝗲𝗹 𝗧𝗮𝗯𝗼𝗮𝗱𝗮, director da Fundación Breogán, e 𝗔𝗻𝗮 𝗕𝗲𝗹e𝗻 𝗧𝗿𝗮𝘀𝗲𝗶𝗿𝗮 𝗣𝗲𝗻𝗮, directora da 𝗨𝗡𝗘𝗗 𝗟𝘂𝗴𝗼.

Grazas ao alumnado, profesorado, equipos directivos e familias de todos os centros participantes. Detrás deses 53,2 quilos hai moito máis ca material para reciclar: hai compromiso, conciencia ambiental e futuro.

Seguimos transformando pequenos xestos en grandes cambios. 💙

💙 𝗣𝗮𝘇𝗼 𝗔𝗯𝗲𝗿𝘁𝗼 | Hoxe tocou unha visita con sorpresa!O alumnado de 5º de primaria do 𝗖𝗘𝗜𝗣 𝗠𝗲𝗻é𝗻𝗱𝗲𝘇 𝗣𝗲𝗹𝗮𝘆𝗼 de Lugo viviu u...
28/10/2026

💙 𝗣𝗮𝘇𝗼 𝗔𝗯𝗲𝗿𝘁𝗼 | Hoxe tocou unha visita con sorpresa!

O alumnado de 5º de primaria do 𝗖𝗘𝗜𝗣 𝗠𝗲𝗻é𝗻𝗱𝗲𝘇 𝗣𝗲𝗹𝗮𝘆𝗼 de Lugo viviu unha nova experiencia no Pazo da man da Fundación Breogán e "El Proyecto de Bana".

E desta volta, cun acompañante de excepción: 𝗦𝗮𝗹𝘃𝗮 𝗔𝗿𝗰𝗼, director xeral do Río Breogán, que non só lles contou algunhas cousas máis sobre a súa vida, senón que tamén se animou a «comparecer» na sala de prensa. 🎙️😄

Ademais, puideron ver unha parte do adestramento, compartir pista cos xogadores, conseguir autógrafos e levar un pequeno agasallo para lembrar a visita, coa nosa pequena 𝗕𝗮𝗻𝗮, obra de O artesan 3D , incluída. 💙

Unha mañá desas nas que o Pazo se vive dun xeito moi especial.

🥋 LUZ AO DEPORTE | V EDICIÓNA karateka lucense 𝗨𝘅Í𝗮 𝗙𝗼𝗹𝗴𝘂𝗲𝗶𝗿𝗮 foi a protagonista dunha nova sesión de Luz ao Deporte, no...
27/10/2026

🥋 LUZ AO DEPORTE | V EDICIÓN

A karateka lucense 𝗨𝘅Í𝗮 𝗙𝗼𝗹𝗴𝘂𝗲𝗶𝗿𝗮 foi a protagonista dunha nova sesión de Luz ao Deporte, no Auditorio da Afundación, onde compartiu co alumnado do Colexio San José e do CEIP Albeiros a súa experiencia no camiño cara á elite do kárate.

Con tan só uns anos de traxectoria no alto nivel, Uxía xa sabe o que significa conquistar grandes títulos internacionais. Pero detrás de cada medalla hai moito máis: horas de adestramento, disciplina, concentración e capacidade para aprender de cada erro e seguir mellorando.

Nunha conversa conducida pola xornalista María Nieto Díaz , os rapaces e rapazas puideron achegarse á realidade dunha deportista que, malia os éxitos acadados, aínda ten un futuro cheo de retos e oportunidades por diante.

A sesión contou tamén coa presenza de 𝗭𝗮𝗶𝗿𝗮 𝗗𝗮𝗽𝗲𝗻𝗮, directora territorial de ABANCA en Lugo, entidade patrocinadora deste proxecto educativo da Fundación Breogán.

Grazas, Uxía, por compartir a túa historia e lembrarnos que o importante non é só ata onde chegamos, senón todo o que aprendemos polo camiño. 💙

💚 A 4ª Experiencia Breogán de 2026 culminou como o fan todas: co agarimo e o aplauso de todo o Pazo.No descanso do encon...
27/10/2026

💚 A 4ª Experiencia Breogán de 2026 culminou como o fan todas: co agarimo e o aplauso de todo o Pazo.

No descanso do encontro entre o Río Breogán e o Unicaja de Málaga, o director da Fundación Breogán, 𝗟𝘂𝗶𝘀 𝗔𝗯𝗲𝗹 𝗧𝗮𝗯𝗼𝗮𝗱𝗮, e Á𝗻𝗴𝗲𝗹𝗲𝘀 𝗜𝗴𝗹𝗲𝘀𝗶𝗮𝘀, representante da nosa empresa benefactora 𝗔𝘂𝘁𝗼𝘀 𝗜𝗴𝗹𝗲𝘀𝗶𝗮𝘀, entregaron no centro da pista un recoñecemento a 𝗣𝗶𝗹𝗮𝗿 𝗟ó𝗽𝗲𝘇 𝗦𝗲𝗶𝗷𝗮𝘀, en representación da Asociación Española Contra el Cáncer Lugo.

Desde o palco da Fundación acompañounos tamén o presidente da entidade, 𝗝𝗼𝘀é 𝗠𝗮𝗻𝘂𝗲𝗹 𝗥𝗼𝘇𝗮𝘀, xunto a 𝗡𝗶𝗰𝗼 𝗔𝗱𝗲𝗴𝗮, campión do mundo de paracanoe e gran amigo da Fundación.

Foi a nosa maneira de agradecer o traballo dunha asociación que acompaña as persoas con cancro e as súas familias, que impulsa a investigación e que traballa cada día para que ninguén teña que afrontar esta realidade en soidade.

💙 Grazas á AECC Lugo polo voso labor, a Pilar por representalo, a Jose Manuel por acompañarnos, a Nico Adega | Superviviente de cáncer y campeón del mundo por compartir esta xornada e a Autos Iglesias por facer posible esta experiencia.

O Pazo tamén é un lugar para recoñecer a quen está ao lado das persoas cando máis o necesitan.

Grazas A-VÓS, en movemento!Seguimos avanzando nesta 4ª tempada, agora coas sesións de actividade física nas residencias ...
27/10/2026

Grazas A-VÓS, en movemento!

Seguimos avanzando nesta 4ª tempada, agora coas sesións de actividade física nas residencias públicas da As Gándaras e A Milagrosa.

Cada exercicio suma, cada pequeno logro conta e cada sesión é unha nova oportunidade para desfrutar, compartir e sentirse ben. Seguimos! 💙

Dirección

Avenida Filarmónica S/N
Lugo
27002

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Fundación Breogán publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos