A.C.enLAZAdos

A.C.enLAZAdos Asociación Cultural sin ánimo de lucro

🌿📅 Benvido, Xullo 2026 📅🌿Comezamos un novo mes rodeados de natureza, luz e momentos para compartir. 💚Este mes destaca un...
06/07/2026

🌿📅 Benvido, Xullo 2026 📅🌿

Comezamos un novo mes rodeados de natureza, luz e momentos para compartir. 💚
Este mes destaca unha data moi especial para Galicia:
✨ 25 de xullo – Día de Galicia e Santiago Apóstolo ✨

Agardamos que este calendario vos axude a organizar as vosas actividades e a g***r de cada día do verán.

☀️ Que non falten os paseos, os encontros e os bos momentos ao aire libre.

✨🌿 A noite máis máxica do ano xa está aquí… 🌙🔥Sabes por que todo o mundo fala das herbas de San Xoán? 👀💐 Non son só plan...
23/06/2026

✨🌿 A noite máis máxica do ano xa está aquí… 🌙🔥

Sabes por que todo o mundo fala das herbas de San Xoán? 👀

💐 Non son só plantas… son tradición, protección e un chisco de maxia:
🌿 Fiúncho – limpa as malas enerxías
🌼 Xesta – trae sorte
🌱 Fento – o máis misterioso
🌸 Malva – calma e equilibrio
🌿 Herba luísa – relax total
🌼 Herba de San Xoán – alegría e protección
🌿 Romeu – saúde e forza
💧 O segredo está no ritual…

Déixanse en auga a noite do 23 🌙
E pola mañá… a lavar a cara para comezar o verán con boa enerxía ✨

🔥 Porque hai tradicións que non se explican… vívense
🌍 E ti… es máis de celebrar aquí ou de descubrir novas tradicións polo mundo? 😉

👇 Cóntanolo nos comentarios

🌼 XUÑO 2026 🌼Xuño chega a Laza coas tardes longas, o arrecendo do verán e as ganas de volver encontrarnos arredor das fe...
02/06/2026

🌼 XUÑO 2026 🌼

Xuño chega a Laza coas tardes longas, o arrecendo do verán e as ganas de volver encontrarnos arredor das festas.

Datas marcadas no calendario:

📍 20 e 21 de xuño – Festas do Patrón San Xoán

📍 21 de xuño – Solsticio de Verán
O día máis longo do ano dá a benvida ao verán.

📍 23 de xuño – Noite de San Xoán
"Ata San Xoán, toda herba é pan."
Lume, encontro e tradición para celebrar unha das noites máis máxicas do ano.

📍 28 de xuño – Día Internacional do Orgullo LGTBI+
Diversidade, respecto e liberdade para ser e vivir.

🌼 Xuño en Laza: o mes no que o lume ilumina a noite e o verán chama á porta.

🌿📚 17 de maio · Día das Letras GalegasHoxe celebramos a nosa lingua, a nosa literatura e todas esas voces que axudaron a...
17/05/2026

🌿📚 17 de maio · Día das Letras Galegas

Hoxe celebramos a nosa lingua, a nosa literatura e todas esas voces que axudaron a construír Galicia palabra a palabra 💙

Neste 2026, as Letras Galegas homenaxean a Begoña Caamaño, escritora, xornalista e activista que fixo da literatura un espazo de pensamento, rebeldía e liberdade.

✨ “A lingua vive en quen a fala, a escribe e a defende.”

Porque o galego non é só unha lingua.
É memoria, identidade e futuro.

🌸 MAIO 2026 🌸Maio chega a Laza con forza, tradición e emoción compartida.É mes de encontro, de memoria viva e de celebra...
01/05/2026

🌸 MAIO 2026 🌸

Maio chega a Laza con forza, tradición e emoción compartida.
É mes de encontro, de memoria viva e de celebrar o que somos.

Datas marcadas no calendario:

📍 1 de maio – Día do Traballo
Un recoñecemento a quen constrúe cada día.

📍 3 de maio – Santo Cristo
Coa primavera xa presente, Laza énchese de vida, de xente e de tradición.

📍 17 de maio – Día das Letras Galegas
Lingua, cultura e identidade que nos une.

🌸 Maio en Laza: onde a tradición non se lembra, vívese.

🔄 repost______________✨ A Asociación de Veciños da parroquia de San Xoán de Laza vén de presentar o cartel oficial do Sa...
25/04/2026

🔄 repost
______________

✨ A Asociación de Veciños da parroquia de San Xoán de Laza vén de presentar o cartel oficial do Santo Cristo 2026.

Unha celebración única que mestura tradición, emoción e identidade, mantendo vivas algunhas das citas máis especiais do noso pobo: a procura e levantamento do Maio, a saída da Eva, as danzas, o Sacrificio de Isaac, a loita de mouros e cristiáns e a música que enche as rúas de festa.

📍 Laza volverá vivir con intensidade os días 1, 2 e 3 de maio de 2026 unha das súas festas máis emblemáticas.

🤍 Garda a data e comparte para que chegue ben lonxe.

🌿 ABRIL 2026 🌿Abril chega a Laza cun aire de camiño aberto, terra mollada, flores novas e pasos que buscan luz. Mes de t...
01/04/2026

🌿 ABRIL 2026 🌿

Abril chega a Laza cun aire de camiño aberto, terra mollada, flores novas e pasos que buscan luz. Mes de tránsito, de sendeiros e de primavera que chega con xeito.

Datas sinaladas:
🗓 2 e 3 de abril – Semana Santa

💚 “Abril que abre camiños, trae bo presaxio aos veciños.”

🌿💜 DÍA DA MULLER | 8 DE MARZOHoxe celebramos a todas as mulleres que sosteñen a vida no rural.As que traballaron a terra...
08/03/2026

🌿💜 DÍA DA MULLER | 8 DE MARZO

Hoxe celebramos a todas as mulleres que sosteñen a vida no rural.
As que traballaron a terra, coidaron das casas, transmitiron saberes e mantiveron vivas as tradicións.

Mulleres fortes, sabias e imprescindibles.
Sen elas non habería memoria, nin cultura, nin futuro.

💜 Hoxe e sempre, grazas.

🪇🥁 HAI UNHA SEMANA ESTABAMOS DE RUARADA!Hai unha semana xuntabámonos para g***r dos obradoiros da III Ruarada na das Gue...
07/03/2026

🪇🥁 HAI UNHA SEMANA ESTABAMOS DE RUARADA!

Hai unha semana xuntabámonos para g***r dos obradoiros da III Ruarada na das Guerras 💥

Pola mañá tivemos o obradoiro de pandeiro con baqueta e pola tarde o obradoiro de castañetas, ambos da man de que nos fixo aprender, tocar e desfrutar da música tradicional como se merece 🎶

Queremos dar as grazas a todas as persoas que participastes, por encher os obradoiros de ganas, ritmo e bo ambiente ❤️

E tamén ao por cedernos as instalacións para poder realizar o obradoiro de castañetas 🙌

Seguimos facendo comunidade arredor da música tradicional!

01/03/2026

🔥 DEIXÁMOSVOS O VÍDEO RESUMO DA III RUARADA NA DAS GUERRAS 🔥

Onte foi día completísimo!! 💥
🥁 Pola mañá, obradoiro de pandeiro con baqueta
🪇 Pola tarde, obradoiro de castañetas
✨ Os dous da man de

E entre ritmo e ritmo… tocou repoñer forzas cun xantar TOP 😋🍲

🌙 Pola noitiña arrancamos a ruarada co grupo Dalle que Libra e as pandereteiras de A Carrabouxa 💃🔥

Mil grazas a todas e todos por acompañarnos, por tocar, por cantar e por facer comunidade ❤️

Silveiras Do Támega

Dirección

Laza
32660

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A.C.enLAZAdos publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a A.C.enLAZAdos:

Atajos

Compartir