Ponte Farruca

Ponte Farruca Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Ponte Farruca, Organización sin ánimo de lucro, Ponte Farruca, Laza.

A Romería Ponte Farruca é unha iniciativa sen ánimo de lucro que se celebra no rural ourensán, concretamente en Laza, ao sur da provincia. É unha romería co obxectivo de reivindicar a igualdade da muller e a diversidade sexual e de xénero no rural.

🚗 Ruta de Coches Clásicos!Se tes un clásico e che apetece formar parte desta xornada, xa podes apuntarte.📅 Data límite d...
04/08/2026

🚗 Ruta de Coches Clásicos!

Se tes un clásico e che apetece formar parte desta xornada, xa podes apuntarte.

📅 Data límite de inscrición: 25 de agosto.
💶 Prezo: 10 € por coche.
🚘 Prazas limitadas: máximo 30 coches.

Para inscribirte ou solicitar máis información, contacta con:

📲 Natalia: 639 557 608

02/08/2026

⚠️ AVISO IMPORTANTE

Goteo está a sufrir unha incidencia técnica, polo que a plataforma pode non funcionar correctamente neste momento.

🛠️ O equipo técnico xa está a traballar para solucionar o problema o antes posible.

⏳ Boas novas: a nosa campaña ampliarase automaticamente polo mesmo tempo que a plataforma permaneza fóra de servizo.

💚 Grazas pola vosa paciencia e comprensión. Avisarémosvos en canto o servizo volva á normalidade.

Non apto para veganas… pero ben apto para as que non o son. 😏🥩Porque si, este ano tamén volvemos contar con Juan.Un ano ...
27/07/2026

Non apto para veganas… pero ben apto para as que non o son. 😏🥩
Porque si, este ano tamén volvemos contar con Juan.
Un ano máis estará con nós na sesión vermú do domingo, cortando xamón e facendo que máis dunha pase por alí “só a saudar”… xa.

Que gusto contar contigo outro ano máis.

Vémonos arredor do xamón. 🥩

Pouco se fala do que nos gusta sentarnos a comer.Para nós é un dos momentos máis farrucos da romaría.Chegar coa cestiña,...
26/07/2026

Pouco se fala do que nos gusta sentarnos a comer.
Para nós é un dos momentos máis farrucos da romaría.
Chegar coa cestiña, estender o mantel, repartir a comida e pasar un rato arredor da mesa.

Así, sen présa. Así de a gusto.

E a nós… encántanos. 💘🚜

📸 Sabela Souto

E para quen vai máis alá da comida popular… 🍴✨ Este ano volvemos contar cunha boa selección de food trucks para que teña...
26/07/2026

E para quen vai máis alá da comida popular… 🍴✨ Este ano volvemos contar cunha boa selección de food trucks para que teñades onde escoller e non falte variedade durante toda a romaría.

Bailar está moi ben… pero comer… Ai comer!

Así que ide facendo sitio, que este ano tamén se vén comer como se merece. 💘🚜

Pero que ben o pasamos na tractorada… De verdad, que ben o pasamos!Un ano máis, bailando, parando polos bares, comendo, ...
26/07/2026

Pero que ben o pasamos na tractorada… De verdad, que ben o pasamos!
Un ano máis, bailando, parando polos bares, comendo, bebendo, rindo… e facendo unha tractorada como Deus manda.

É que como nos gusta este plan.

Pois si, este ano tamén volve a Tractorada Engalanada. 🚜✨

Se vos apetece participar ou queredes máis información, podedes escribir a:

📲 Natalia · 639 55 76 08
📲 Cristian · 679 21 57 50

Veña, ide avisando á veciñanza e preparando os tractores, que xa non queda nada.

Xa está.Aquí o tedes.O cartel oficial do Ponte Farruca 2026. 💘🚜Tiñamos unhas ganas tolas de poder ensinárvolo.Agora si q...
20/07/2026

Xa está.

Aquí o tedes.

O cartel oficial do Ponte Farruca 2026. 💘🚜

Tiñamos unhas ganas tolas de poder ensinárvolo.

Agora si que si: empeza a conta atrás.

Nun mes e pouco vémonos en Laza.

Que ganas de volver montar esta tolemia con todas vós.

Vémonos moi, moi pronto. 💖

Dirección

Ponte Farruca
Laza
32620

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Ponte Farruca publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir