22/10/2025
🌿 No III Encontro Burla Verde celebrado hai menos de un mes en Vilanova dos Infantes, reafirmamos o que xa é evidente:
𝐀 𝐜𝐡𝐚𝐦𝐚𝐝𝐚 “𝐭𝐫𝐚𝐧𝐬𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐞𝐧𝐞𝐫𝐱𝐞́𝐭𝐢𝐜𝐚 𝐠𝐚𝐥𝐞𝐠𝐚” 𝐞́, 𝐞𝐧 𝐫𝐞𝐚𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞, 𝐮𝐧 𝐩𝐫𝐨𝐜𝐞𝐬𝐨 𝐝𝐞 𝐬𝐚𝐪𝐮𝐞𝐨 𝐝𝐨 𝐭𝐞𝐫𝐫𝐢𝐭𝐨𝐫𝐢𝐨 𝐝𝐢𝐬𝐟𝐫𝐚𝐳𝐚𝐝𝐨 𝐝𝐞 𝐩𝐫𝐨𝐠𝐫𝐞𝐬𝐨 𝐯𝐞𝐫𝐝𝐞.
💢 Mentres nas aldeas defendemos o noso patrimonio, a nosa paisaxe e a nosa vida, a Xunta de Galicia continúa deixando paso libre ás eléctricas, modificando leis para favorecer o negocio dos megaparques eólicos e reducindo os dereitos das comunidades locais.
💢 Galicia non precisa máis megapolígonos eólicos, precisa respecto, planificación e soberanía sobre o seu territorio.
Hoxe coñecemos os novos detalles da Lei de Acompañamento dos Orzamentos da Xunta, e confírmase o que xa temiamos:
➡️ Decláranse os proxectos eólicos de interese público superior, por riba da protección da paisaxe e do dereito das comunidades a decidir.
➡️ Redúcense os controis ambientais e simplifícanse as tramitacións, abrindo a porta a un novo ciclo de espolio legalizado.
➡️ A Xunta continúa poñendo a alfombra vermella ao lobby enerxético, mentres o rural queda sen voz e sen futuro.
⚡ Galicia xa é autosuficiente enerxeticamente — exporta máis do 40% da electricidade que produce e máis do 80% procede de fontes renovables. Non se trata de avanzar, senón de espoliar.
𝗡𝗼𝗻 𝗲́ 𝘁𝗿𝗮𝗻𝘀𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻: 𝗲́ 𝘁𝗿𝗮𝗶𝘇𝗼́𝗻 𝗶𝗻𝘀𝘁𝗶𝘁𝘂𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮𝗱𝗮 𝗽𝗼𝗿 𝗹𝗲𝗶.
📣 No Burla Verde deixámolo claro:
• 𝐍𝐨𝐧 𝐚𝐜𝐞𝐩𝐭𝐚𝐦𝐨𝐬 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐟𝐚𝐥𝐬𝐚 “𝐭𝐫𝐚𝐧𝐬𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐯𝐞𝐫𝐝𝐞” 𝐪𝐮𝐞 𝐝𝐞𝐬𝐭𝐫𝐮́𝐞 𝐦𝐨𝐧𝐭𝐞𝐬, 𝐛𝐫𝐚𝐧̃𝐚𝐬 𝐞 𝐚𝐥𝐝𝐞𝐚𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐞𝐧𝐠𝐨𝐫𝐝𝐚𝐫 𝐨𝐬 𝐛𝐞𝐧𝐞𝐟𝐢𝐜𝐢𝐨𝐬 𝐝𝐚𝐬 𝐞𝐥𝐞́𝐜𝐭𝐫𝐢𝐜𝐚𝐬.
• 𝐎 𝐭𝐞𝐫𝐫𝐢𝐭𝐨𝐫𝐢𝐨 𝐧𝐨𝐧 𝐬𝐞 𝐯𝐞𝐧𝐝𝐞.
• 𝗡𝗼𝗻 𝗵𝗮𝗶 𝘅𝘂𝘀𝘁𝗶𝘇𝗮 𝗰𝗹𝗶𝗺𝗮́𝘁𝗶𝗰𝗮 𝘀𝗲𝗻 𝘅𝘂𝘀𝘁𝗶𝘇𝗮 𝘁𝗲𝗿𝗿𝗶𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮𝗹.
• 𝗡𝗼𝗻 𝗵𝗮𝗶 𝘁𝗿𝗮𝗻𝘀𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝘀𝗲𝗻 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻.
• 𝗡𝗼𝗻 𝗵𝗮𝗶 𝗳𝘂𝘁𝘂𝗿𝗼 𝘀𝗲 𝘀𝗲𝗴𝘂𝗶𝗺𝗼𝘀 𝗱𝗲𝘀𝘁𝗿𝘂𝗶́𝗻𝗱𝗼 𝗼 𝗽𝗿𝗲𝘀𝗲𝗻𝘁𝗲.
• 𝗢 𝘃𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗲́ 𝗱𝗼 𝗽𝗼𝗯𝗼 𝗴𝗮𝗹𝗲𝗴𝗼, 𝗻𝗼𝗻 𝗱𝗼𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗹𝗲𝘅𝗶𝘀𝗹𝗮𝗻 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗲𝗻𝘁𝗿𝗲𝗴𝗮𝗹𝗼.
💬 A Xunta chámalle transición. Nós chamámoslle saqueo.