30/10/2026
🎃👻 QUE BEN O PASAMOS NO NOSO SAMAÍN! 🧙♀️🕸️
Onte o noso cole encheuse de maxia, risas, cores e moita diversión! 🧡🖤
Os nosos pequenos e pequenas desfrutaron dunha tarde terrorificamente divertida, chea de actividades:
🎨 Pintamos cabazas e deixamos voar a imaxinación.
🕷️ Transformámonos con pintacaras e tatuaxes terroríficas.
🧙♀️ Vivimos momentos máxicos coas nosas bruxiñas e o seu conxuro.
🎶 Bailamos, xogamos e compartimos moitas risas.
🍬 E, por suposto, repuxemos forzas cunha merenda de medo!
Porque detrás de cada festa hai ilusión, traballo e moitas ganas de crear recordos bonitos para os nosos nenos e nenas. 🥰
✨ O mellor do Samaín non foron os sustos… foron os seus sorrisos! ✨
💚 ANPA O MONTIÑO