21/10/2026
𝗢𝗻𝘁𝗲 𝗲𝗻 𝗕𝗮𝗿𝗯𝗮𝗱á𝘀 𝗰𝗲𝗹𝗲𝗯𝗿𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗼 ú𝗹𝘁𝗶𝗺𝗼 𝗱𝗼𝘀 𝗮𝗰𝘁𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗲𝗻𝘁𝗿𝗲𝗴𝗮 𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬 𝘁𝗮𝗿𝘅𝗲𝘁𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝟱𝟬€ 𝗱𝗲 “𝗠𝗲𝗿𝗰𝗮 𝗻𝗼 𝘁𝗲𝘂 𝗰𝗼𝗺𝗲𝗿𝗰𝗶𝗼” 𝟮𝟬𝟮𝟲 💶💳🏆
Na tarde de onte celebramos, nas inmediacións da Rotonda da Famila de A Valenzá, Barbadás, o que foi o último Acto de Entrega dos Premios da campaña “Merca no teu comercio”. Esta fase de Barbadás foi desenvolta do 1 ao 15 de outubro, sendo esta a décima fase na nosa provincia e, polo tanto, a que puxo o broche final á campaña nesta edición de 2026.
Neste evento contamos coa presenza de Marta Vázquez Guzmán, Directora Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia; Beatriz Gómez Valcárcel, presidenta da Federación de Comercio de Ourense, que estivo acompañada de Jesús de Dios Manso, vicepresidente segundo, e Camilo Sotelo, vicepresidente primeiro; Xosé Carlos Valcárcel Doval, Alcalde de Barbadás; Gloria Martín, Presidenta da Asociación de Comercios de A Valenzá; e Chelo Vispo, que sendo tamén concelleira de Barbadás polo PP, neste caso a súa presencia foi en representación de Abanca.
Entre os consumidores que mercaron nos establecementos de Barbadás urante a iniciativa, sorteouse un total de 1.000 euros, repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros.
Os gañadores recibiron onte pola tarde o seu premio, que deberán empregar en novas compras no comercio de proximidade local. “Merca no teu comercio” é unha campaña de promoción e dinamización das vendas do comercio de proximidade dos barrios e municipios rurais organizada pola Federación de Comercio de Ourense, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia.
Ata aquí chegou a campaña deste ano… Animámoste a continuar apoiando ao comercio da túa vila durante todo o ano!!!!
Colaboran: Abanca e Femxa.
Xunta de Galicia Comercio galego Federación Gallega de Comercio ABANCA Consellería de Emprego, Comercio e Emigración