02/10/2026
Hoxe queremos compartir con vós un pedaciño do que vivimos na primeira sesión de ioga organizada pola Asociación Cultural Porta da Cadea.
Para nós, levar estas actividades ao noso pobo non é só facer exercicio; é crear comunidade, poñer en valor a nosa contorna e apostar por unha vida activa e saudable sen ter que marcharnos lonxe. Cada sesión é unha oportunidade para estirar o corpo, relaxar a mente e g***r da paz que nos rodea.
¡Grazas a todas e todos os que formades parte desta fermosa enerxía!.
Esperamos que sexa do voso agrado e seguimos animando os veciñ@s a participar nas actividades que organizamos, tanto desde Porta da Cadea, como as organizadas por as asociacións ou comisións deste pobo.