Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada A principal acción é a de recuperar e facer visible a figura e obra do arquitecto e pintor chantad

Antes de nacer esta asociación, tódolos seus membros estiveron impllicados xa en actividades relacionadas coa divulgación da obra e figura do arquitecto e pintor chantadino Manuel Jorge; ben de xeito individual ou ben a través de outras asociacións como a de Airoá Comunicación. A nova entidade xorde como necesidade de continuar isto con máis forza, centrándonos nos obxectivos que se indican no apartado correspondente. Sobre o artista poderedes atopar máis información nas seguintes ligazóns:

Airoá Comunicación:
http://airoa.gal/manuel-jorge/
Fundación Manuel Jorge:
http://www.fundacionmanueljorge.org/site/

Fotos: Inauguración da Retrospectiva de Manuel Jorge
https://www.facebook.com/pg/AiroaComunicacion/photos/?tab=album&album_id=1039620126137291

Fotos: Pequenos artistas xunto a Manuel Jorge https://www.facebook.com/pg/AiroaComunicacion/photos/?tab=album&album_id=1068454836587153

Fotos: Últimas visitas á expo. de Manuel Jorge
https://www.facebook.com/pg/AiroaComunicacion/photos/?tab=album&album_id=1081759378590032

Facebook da Fundación Manuel Jorge
https://www.facebook.com/FManuelJorge/

Estamos moi felices co resultado da experiencia cos centros educativos de Chantada da que resultou a exposición MANUEL J...
02/10/2026

Estamos moi felices co resultado da experiencia cos centros educativos de Chantada da que resultou a exposición MANUEL JORGE. UNHA MIRADA NOVA.

Ademais de facer as obras que a compoñen, estas dúas semanas foi visitada por mais de trescentos escolares xa vila.

Está aberta ata o sábado 3 de outubro no Auditorio de Chantada.

🕐 Venres de 19 a 21 horas
🕐 Sábado de 12 a 14 horas

Coa colaboración de Concello de Chantada

🎨 «Manuel Jorge. Unha mirada nova» xa está aberta no Auditorio de Chantada!Máis de 300 alumnos e alumnas (6-16 anos) dos...
21/09/2026

🎨 «Manuel Jorge. Unha mirada nova» xa está aberta no Auditorio de Chantada!

Máis de 300 alumnos e alumnas (6-16 anos) dos catro centros educativos da vila —IES Val do Asma, IES Lama das Quendas, CEIP Eloísa Rivadulla e CEIP Xoán de Requeixo— dialogaron coa obra do pintor Manuel Jorge e o resultado é unha exposición chea de creatividade 🖌️

Con cadros de Manuel Jorge xunto a
✨ Camisetas estampadas
✨ Debuxos do románico
✨ Retratos feitos con fíos e chinchetas
✨ Casas ideais
✨ Composicións de cor

A mostra foi inaugurada polo concelleiro de Cultura de Chantada, Manuel Diéguez, e a presidenta da Asociación Amigos de Manuel Jorge, Mercedes Vázquez.

📍 Auditorio de Chantada
📅 Ata o 3 de outubro
🕖 Venres 25/09 e 02/10, de 19h a 21h
🕐 Sábados 26/09 e 03/10, de 12h a 14h

Para visitas concertadas pódese contactar coa Asociación.

Esta actividade conta co apoio do Concello de Chantada e a colaboración dos catro centros educativos da vila.

Os cadros de Manuel Jorge e a enogastronomía chantadesa protagonizaron unha experiencia moi especial no 17º Ribeira Sacr...
29/07/2026

Os cadros de Manuel Jorge e a enogastronomía chantadesa protagonizaron unha experiencia moi especial no 17º Ribeira Sacra Festival, na que as rúas do casco antigo de Chantada foron no escenario perfecto para descubrir a súa obra.

A través dun percorrido guiado por Cristina de la Torre e Cecilia Fernández, os participantes puideron coñecer as etapas creativas do pintor mentres degustaban viños de Chantada seleccionados coa colaboración do enólogo Bruno Lovelle.

Dende a Praza do Cantón ata a Casa da Cultura, cada parada combinaba arte, historia e unha selección de viños e produtos gastronómicos locais. Segundo os asistentes, foi unha experiencia «única», «todo un luxo» e «unha sorpresa» descubrir a arte que será conservada no futuro Museo Manuel Jorge.

Esta actividade foi posible grazas ao equipo da Asociación e do Festival e mais á axuda do Concello de Chantada e do Estudio de Arquitectura X+P. Grazas! 💚

O ano próximo, se nos deixan, repetimos!😊

🙆Descubrir a obra de Manuel Jorge e experimentar con ela. Esa foi a actividade na que participaron máis de trescentos al...
25/06/2026

🙆Descubrir a obra de Manuel Jorge e experimentar con ela. Esa foi a actividade na que participaron máis de trescentos alumnos e alumnas dos catro centros educativos de Chantada e que nos ten marabilladas.

🙌 Moitas grazas ao IES Val do Asma, IES Lama das Quendas, CEIP Eloísa Rivadulla e CEIP Xoán de Requeixo, e moi especialmente ás profesoras involucradas, entre elas: Lola López, Cristina Ouro, Sandra Sánchez e Raquel Riesgo.

🎨 O resultado da experiencia foi pendurado das paredes do centro e formará parte dunha mostra que estará no mes de setembro no Auditorio municipal, na que as creacións do alumnado dialogarán cos cadros, planos e fotografías que as inspiraron.

Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Chantada. Tedes máis detalles na nosa web 👇

https://www.manueljorge.com/o-alumnado-de-chantada-reinterpreta-a-obra-de-manuel-jorge/

Deixámosvos por aquí o vídeo do Foro Territorios Patrimonio. A mesa na que participamos comeza no 6:38:56 pero é todo be...
30/10/2025

Deixámosvos por aquí o vídeo do Foro Territorios Patrimonio. A mesa na que participamos comeza no 6:38:56 pero é todo ben interesante 🙂!

Emisión en streaming da primeira xornada do Foro Territorios Patrimonio 2025, que se celebra no parador de Monforte de Lemos.

Esta semana participamos en Monforte do IX Foro Territorios Patrimonio 2025 no que se analizou o estado da candidatura d...
30/10/2025

Esta semana participamos en Monforte do IX Foro Territorios Patrimonio 2025 no que se analizou o estado da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade e a vitalidade dos proxectos que manteñen esta paisaxe.

Compartimos mesa con grandes amigos e outros novos para falar do patrimonio vivo entre o que incluiron o proxecto do Museo Manuel Jorge, representado no evento pola nosa colaboradora Cristina de la Torre.

Grazas a Alexandra Seara, xerente de Ribeira Sacra Consorcio de Turismo, por facer tan amena a moderación. E aos nosos compañeiros de mesa: María José Yravedra Soriano, de Ronsel do Sil, Juan Luis Méndez Rojo, de Vía Romana Adegas e Viñedos e José Antonio Quiroga, do Ecomuseo Pazo de Arxeriz, o noso recoñecemento polo gran traballo xa feito ata o de agora e todos os azos para os proxectos de futuro. Aí nos atoparemos!

Aos organizadores do evento, I-radia Crea e Turismo de Galicia, o noso agradecemento polo convite. Tamén a Mario Crecente, alma mater da candidatura. A resolución da Unesco agárdase para a primavera de 2026 e estamos seguros de que a Ribeira Sacra pasará a formar parte dos lugares recoñecidos como Patrimonio Mundial. Agardamos estar listos para abrir as portas do Museo e celebralo como se merece.

Esta semana puxemos en marcha a iniciativa ‘Un cadro nun lugar’, unha mostra expandida de cesión temporal de cadros de M...
25/10/2025

Esta semana puxemos en marcha a iniciativa ‘Un cadro nun lugar’, unha mostra expandida de cesión temporal de cadros de Manuel Jorge a institucións e empresas con arraigo na Ribeira Sacra.

O obxectivo é que as pezas ocupen espazos públicos ou con tránsito, para crear lazos coa veciñanza, sumándoas ao imaxinario colectivo como parte do patrimonio cultural da Ribeira Sacra.

Xa se poden desfrutar as obras de Manuel Jorge nestes lugares:

- Auditorio do Concello de Chantada
- Ecomuseo Pazo de Arxeriz, Saviñao
- Queixería Airas Moniz, Chantada
- Estudio X+P, Chantada.

Grazas a todos eles por sumarse á iniciativa que seguiremos extendendo a outros lugares da Ribeira Sacra.

Comezamos o ano con esta pequena homenaxe fotográfica á vivenda que será a sede do Museo Manuel Jorge na Praza do Cantón...
01/01/2025

Comezamos o ano con esta pequena homenaxe fotográfica á vivenda que será a sede do Museo Manuel Jorge na Praza do Cantón de Chantada.

A reforma xa está en marcha e o proxecto tomará forma neste 2025, así que dende a Asociación queremos agradecerlle así as vidas que acolleu e darlle a benvida a todo o que está por chegar. Estamos desexando compartilo convosco. Feliz aninovo!

📸Lucía Cereijo Fotografía

Estamos felices de comunicar que as obras do Museo Manuel Jorge comezarán nos próximos días!Hoxe asinamos o contrato coa...
23/10/2024

Estamos felices de comunicar que as obras do Museo Manuel Jorge comezarán nos próximos días!

Hoxe asinamos o contrato coa empresa Inside The Team, que se encargará da execución da reforma baixo a supervisión de Estudio X+P de Chantada, responsable do proxecto arquitectónico xunto a BOG Arquitectura.

A obra durará dezaseis meses e o Museo abrirá as súas portas na primavera de 2026. Tedes todos os detalles na nosa web 👇
https://www.manueljorge.com/asinado-contrato-obras-museo/

O Patrimonio son as persoas e destas imaxes exemplifican o compromiso polo territorio, a memoria e a cultura das aldeas ...
22/10/2024

O Patrimonio son as persoas e destas imaxes exemplifican o compromiso polo territorio, a memoria e a cultura das aldeas da Ribeira Sacra.

Entroido Ribeirao, Segredos de Pantón, Colado do Vento, Ouro do Sil, Cocas e Danzantes e Fachas de Vilelos... estamos desexando compartir convosco dende a mirada da arte! As portas do Museo Manuel Jorge estarán sempre abertas para colaborar.

Grazas por estas xornadas tan interesantes do no que tamén aprendimos doutras iniciativas como e

Dirección

Chantada
27500

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada:

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos