24/06/2026
🚨 MÁIS CONTROL, MENOS AUTONOMÍA NOS CENTROS EDUCATIVOS
A nova resolución da Consellería de Educación para o curso 2026/27 introduce medidas que supoñen un importante paso atrás na autonomía pedagóxica dos centros.
📌 As actividades complementarias deberán estar exhaustivamente xustificadas e vencelladas ao currículo.
📌 As actividades sobrevidas deberán ser comunicadas á Inspección Educativa.
📌 A Inspección "velará pola adecuación pedagóxica e organizativa" destas actividades.
📌 Insístese na chamada "neutralidade ideolóxica", un concepto ambiguo que pode utilizarse para cuestionar actividades relacionadas coa igualdade, a diversidade, os dereitos humanos ou a educación en valores democráticos.
A educación non é neutra fronte á discriminación, o machismo, a LGTBIfobia ou o racismo. Educar en igualdade, diversidade e dereitos humanos non é adoutrinar: é cumprir coa función social e democrática da escola pública.
⚠️ Estas instrucións abren a porta a un maior control das actividades complementarias e poden favorecer a censura dos centros e do profesorado.
🏫 Desde a Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia cremos que, máis ca nunca, é importante que os centros exerzan a súa autonomía pedagóxica e incorporen nas súas PXA todas aquelas actividades e liñas de traballo que consideren educativas e necesarias, evitando que a burocracia e a supervisión excesiva limiten a capacidade da escola para responder á realidade do alumnado.
🌈 Polas aulas libres, inclusivas e críticas.
📚 Pola autonomía pedagóxica dos centros.
✊ Por unha educación en liberdade.
+