CineclubCangas

Cómo llegar Página web

CineclubCangas O CineclubCangas pertence á Asociación Cultural Xiria. O noso obxectivo é fomentar a cultura cinéfila

Aínda que as actividades cinematográficas do CineclubCangas comezaron en 1977, fixéronse continuadas en 1983, coa constitución da Asociación Cívico Cultural Xiria da que forma parte. Desde entón, veu desenvolvendo un labor central de difusión e potenciación do cine e do audiovisual.

Hoxe ás 21:00h no Auditorio Cangas proxectamos Naza.
30/10/2026

Hoxe ás 21:00h no Auditorio Cangas proxectamos Naza.

NAZA📆 Venres 30/10 | 21:00h📍 Auditorio MunicipalRodada de noite nos tellados de Tel Aviv, a película revela con todo det...
25/10/2026

NAZA
📆 Venres 30/10 | 21:00h
📍 Auditorio Municipal

Rodada de noite nos tellados de Tel Aviv, a película revela con todo detalle os mecanismos que hai detrás do asasinato en masa e deliberado de civís palestinos en Gaza por parte das tropas de Israel. Naza é a palabra utilizada polo exército israelí para denominar as vítimas civís como “danos colaterais”.

Máis información en cineclubcangas.gal

O vindeiro venres 30 de outubro ás 21:00h no Auditorio Cangas proxectamos Naza dos/das cineastas Yuval Abraham e Rachel ...
24/10/2026

O vindeiro venres 30 de outubro ás 21:00h no Auditorio Cangas proxectamos Naza dos/das cineastas Yuval Abraham e Rachel Szor.

Concello de Cangas de Morrazo Feciga Xerente Cineclubes Galicia

UMBERTO DENTRADA DE BALDE - SESIÓN FILMOTECA DE GALICIA📆 Martes 20/10 | 20:00h📍 Auditorio MunicipalUmberto Doménico Ferr...
17/10/2026

UMBERTO D
ENTRADA DE BALDE - SESIÓN FILMOTECA DE GALICIA

📆 Martes 20/10 | 20:00h
📍 Auditorio Municipal

Umberto Doménico Ferrari é un xubilado que intenta sobrevivir coa súa miserable pensión. Vive na pensión dunha muller que o maltrata sumido na pobreza sen conseguir xuntar diñeiro para pagar o aluguer do seu cuarto. Os únicos amigos de Umberto son unha xove criada e, sobre todo, o seu can Flike.

Máis información en cineclubcangas.gal

Sesión Filmoteca de Galicia este martes 20  de outubro ás 20:00h no Auditorio Cangas proxectamos Umberto D do cineasta V...
17/10/2026

Sesión Filmoteca de Galicia este martes 20 de outubro ás 20:00h no Auditorio Cangas proxectamos Umberto D do cineasta Vittorio De Sica. Entrada de balde

Concello de Cangas de Morrazo Cineclubes Galicia Feciga Xerente

Hoxe ás 21:00h O amor que permanece no Auditorio Cangas
16/10/2026

Hoxe ás 21:00h O amor que permanece no Auditorio Cangas

🎬 Apáganse as luces. Pero queda todo o que vivimos diante da pantalla.Chegamos ao final de Cinemas Ocultos 2026 – XXI Se...
14/10/2026

🎬 Apáganse as luces. Pero queda todo o que vivimos diante da pantalla.

Chegamos ao final de Cinemas Ocultos 2026 – XXI Semana de Cine de Cangas.

Foron oito días de películas, curtametraxes, animación, cinema galego, estatal e internacional. Oito días descubrindo outras historias e outras maneiras de mirar. Pero, sobre todo, oito días compartindo cinema.

Este ano escollemos como lema «Celebracións». E iso foi exactamente o que quixemos facer: celebrar as películas, as salas, as conversas antes e despois de cada proxección, os descubrimentos inesperados e esa experiencia que só acontece cando as luces se apagan e unha sala chea de persoas mira xunta cara á mesma pantalla.

💛 Grazas a todas as persoas que ocupastes as butacas do Auditorio Municipal de Cangas durante estes días.

Grazas a quen nos acompañades edición tras edición e tamén a quen descubristes Cinemas Ocultos por primeira vez.

Grazas ás creadoras e creadores, ás persoas e entidades que colaboran connosco e a todas as que, dun xeito ou doutro, facedes posible que esta Semana de Cine siga existindo.

Porque Cinemas Ocultos son as películas, pero tamén sodes todas as persoas que vos sentades diante delas.

Pechamos esta XXI edición coa sensación de ter celebrado exactamente aquilo que queriamos celebrar: o cinema e a alegría de velo xuntos.

As luces acéndense por agora.

🎞️ Vémonos na próxima. E, como sempre, vémonos no cine.

Dirección

Auditorio Municipal De Cangas Xosé Manuel Pazos Avenida De Lugo, 27A
Cangas

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando CineclubCangas publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos


Otros Organización sin ánimo de lucro en Cangas

Ver Todo