01/10/2026
🏴☠️ A XOGHAR A CANGAS 🏴☠️
Ven disfrutar dunha xornada moi pirata!!
Este sábado 3 de outubro agardamos por ti en Cangas do Morrazo para xogar!!!
E non tes excusa por que hai opcións para tódolos gustos:
- O xogo de miniaturas "A Defensa da Vila", creado especialmente para a ocasión polo noso socio Jesús Cortés. Nel recrearse o evento histórico do ataque turco-berberiscoquimera_ á Vila de Cangas en 1617. Qué bando elixes? Pirata ou Cangués/Canguesa?
- Unha partida de rol dirixida polo tamén socio Miguel Trassierra , "Arr! Asalto ao Forte de San Fernando". Nel encarnarás a un pirata que revise unha carta moi peculiar do corsario X.A. Gago de Mendoza. Uniraste a el para conseguir un bo tesouro no Marín de 1809, en plena invasión napoleónica?
- Tamén terás ocasión de probar o prototipo do próximo xogo de Quimera Xogos! 7 MARES. Nel formarás parte dunha tripulación pirata que navega en busca de tesouros. A canto estarás disposto/a a renunciar para evitar que se afunda o voso barco?
E por se isto te parece pouco, haberá unha selección dos nosos xogos: Piratoons, Port Royal, Catan Junior...
E contaremos coa colaboración da asociación moañesa Os Gardiáns, que ensinarán a xogar a Skull King.
Vémonos o sábado!! 🏴☠️