18/10/2026
💙 A FORMACIÓN CONTINUA, UN COMPROMISO COA SEGURIDADE DE TODOS🛟
Hoxe, domingo, rematamos unha nova edición do Curso de Formación Continuada en Socorrismo en Instalacións Acuáticas, no que unha decena de socorristas tiveron a oportunidade de reciclarse, reforzar coñecementos e actualizar as súas competencias e habilidades profesionais.
Unha formación autorizada pola AGASP (Academia Galega de Seguridade Pública), adaptada á normativa autonómica vixente e válida para a renovación do carné profesional de socorrista.
Ao longo destas xornadas traballamos tres áreas fundamentais para o noso labor diario:
🔹 Prevención de situacións de risco en instalacións acuáticas.
🔹 Primeiros auxilios.
🔹 Técnicas de rescate en instalacións acuáticas.
Desde a nosa asociación temos unha convicción clara: a formación continua, a calidade e a profesionalidade son piares fundamentais para ofrecer unha resposta segura e eficaz. Por iso, seguimos apostando pola formación regulada e pola actualización permanente, co obxectivo de que os nosos socios e o conxunto de socorristas da contorna estean cada día mellor preparados.
Sabemos que unha asociación humilde, como a nosa, pode desenvolver formacións deste nivel grazas á colaboración e á confianza de persoas e institucións que comparten os mesmos obxectivos. Por iso, queremos expresar o noso máis sincero agradecemento.
🙏 Ao Concello de Moaña, por facilitarnos unhas instalacións magníficas para o desenvolvemento das sesións teóricas e por apoiar iniciativas que contribúen á seguridade e á formación dos profesionais do noso municipio.
🙏 A Local Sports Centers Management, S.L.U., entidade xestora da Piscina Municipal de Moaña, pola cesión das instalacións para a realización das sesións prácticas, un espazo imprescindible para trasladar os coñecementos á realidade do traballo diario.
💙 E, por suposto, aos nosos socios e a todas as persoas participantes, grazas por confiar en nós, polo voso compromiso, pola vosa implicación e por seguir apostando pola aprendizaxe e pola mellora profesional. A vosa confianza é o que nos anima a continuar traballando e medrando como asociación.
Porque detrás de cada formación hai moito máis ca coñecementos e técnicas: hai compromiso, responsabilidade e vocación de servizo.
Seguimos formándonos para protexer, previr e salvar vidas. Porque traballar pola seguridade das persoas é unha responsabilidade compartida.🛟💙