Tarde Piache

Cómo llegar Página web

Tarde Piache Unha asociación cultural con nervio, un medio dixital con mensaxe e unha desculpa perfecta para montar festa.

Onte tivo lugar o Piadoiro: O problema é o molde. O primeiro da tempada e do cal estamos moi orgullosas, xa que coñecimo...
19/10/2026

Onte tivo lugar o Piadoiro: O problema é o molde. O primeiro da tempada e do cal estamos moi orgullosas, xa que coñecimos a Pantxo Rodríguez e con el á necesaria asociación veciña, NeuroNais Pontedeume, así como a Alex Prieto Mateus, un rapaz con moito talento, que nos brindou o pracer de ver en pantalla grande a súa curtametraxe "Kill Everyone and Cry Afterwards". 🦊

Esperamos que, tanto os convidados como as asistentes, desfrutárades do evento e do coloquio tanto como nós! 🤗

Como Asociación Cultural temos un punto común destacado do cal se fixo mención durante a charla e do que queremos deixar constancia para todas: desexamos que o noso sexa un espazo seguro! Polo que estades convidadas a vir cando queirades e esperamos contar con vós en e para futuros eventos! 🫂

Deixámosvos unha serie de fotos a modo de resumo do Piadoiro 💛.

🧩 Nacen os Piadoiros: un lugar para pensar xuntas o mundo que habitamos. O domingo 18 de outubro, celebramos o primeiro ...
11/10/2026

🧩 Nacen os Piadoiros: un lugar para pensar xuntas o mundo que habitamos.

O domingo 18 de outubro, celebramos o primeiro Piadoiro, un espazo de proxección e conversa no que queremos abrir preguntas, compartir experiencias e pensar colectivamente sobre os temas que nos preocupan.

🎬 Nesta primeira sesión trataremos diferenza, neurodiversidade e exclusión social.

Vivimos nun sistema que mide o noso valor polo que producimos, pola velocidade á que respondemos e pola nosa capacidade para adaptarnos a uns ritmos que non están feitos para todas as persoas.

Cando alguén non encaixa, pedímoslle que cambie. Pero, e se a pregunta fose outra? E se o problema non estivese nas persoas, senón nos moldes que as deixan fóra?

Contaremos coa participación de Alex Prieto Mateus, director da curtametraxe de animación "Kill Everyone and Cry Afterwards" (11'26''), e a Asociación Neuronais de Pontedeume.

Na curtametraxe coñeceremos o Raposo ao que ninguén quere. Máis, unha noite, esperta coa melosa chamada da Lúa: "Sei como axudarche co teu problema".

A partir desta historia, abriremos unha conversa sobre o acoso escolar, a exclusión social e os moldes que impón o sistema.

Porque os Piadoiros non nacen para dar respostas pechadas. Nacen para facilitar o encontro, o pensamento compartido e, se é posible, o paso da conversa á acción.

📅 Domingo, 18 de outubro
🕔 17h
📍 Escola Laica · Avda. da Torre, 40 · Cabanas

Achégate, participa e comparte a conversa con quen creas que lle pode interesar.

Quen ten que cambiar: as persoas ou o mundo que as obriga a encaixar?

Agardámosvos! 💛

Hoxe, 9 de outubro, ás 18h na Escola Laica de Cabanas teremos unha Asamblea Aberta para ver o rumbo da Asociación e ulti...
09/10/2026

Hoxe, 9 de outubro, ás 18h na Escola Laica de Cabanas teremos unha Asamblea Aberta para ver o rumbo da Asociación e ultimar detalles de cara á próxima actividade. 👌🏻

Spoiler: levarase a cabo a semana próxima.

Estades todas convidadas. Esperámosvos!! 🤗

Hoxe vémonos na Escola Laica de Cabanas ás 18:30h para preparar xuntas o material da concentración do sábado.Será unha t...
02/10/2026

Hoxe vémonos na Escola Laica de Cabanas ás 18:30h para preparar xuntas o material da concentración do sábado.

Será unha tarde aberta para todas: virán tamén crianzas, así que se tes peques, vente con elas! 🤗

A idea é pasar un rato xuntas, facer faixas, cartaces, pintar, falar e ir quentando motores para o sábado.

Traede cartón, teas, pinturas, rotuladores, ideas ou simplemente ganas de botar unha man.

📍 Escola Laica de Cabanas
🕡 Hoxe · 18:30h

Cantas máis sexamos, mellor.
A vivenda é un dereito, non un negocio. 🏘️

Este sábado, en Cabanas, colaboramos co Sindicato de Barrio na concentración polo dereito á vivenda.Nun concello no que ...
27/09/2026

Este sábado, en Cabanas, colaboramos co Sindicato de Barrio na concentración polo dereito á vivenda.

Nun concello no que cada vez é máis difícil atopar unha casa para vivir todo o ano, a concentración quere poñer o foco nos prezos dos alugueiros, na falta de vivenda habitual dispoñible e nas casas que permanecen baleiras.

Nin unha Maricarmen máis. Ata conseguir o dereito á vivenda.

📍 Parque do Barco Pirata · Cabanas
📅 Sábado 03/10
🕔 17:00 h

Botábades de menos o cinema de proximidade, os documentais con transfondo social e a cultura da boa?Tarde Piache ponse d...
23/09/2026

Botábades de menos o cinema de proximidade, os documentais con transfondo social e a cultura da boa?

Tarde Piache ponse de novo en marcha tras a pausa veraniega e voltamos con ideas frescas e motivadas ao 100% 🤗

En breve informarémosvos... Estade atentas! 💛

Hoxe ás 18:30h temos nova Asamblea Aberta na Escola Laica de Cabanas cunha orde do día do máis completiña:- Aprobación d...
20/05/2026

Hoxe ás 18:30h temos nova Asamblea Aberta na Escola Laica de Cabanas cunha orde do día do máis completiña:

- Aprobación da acta da Asamblea anterior e presentación de novas compañeiras 🫂
- Crítica e autocrítica👌🏻
- Creación de pezas Euroeume🧩
- Participación I Feira de Entidades🎙️
- Marcar a dirección da asociación🎯
- Propostas futuras para a asociación⌚
- Festival ano próximo❓
- Vindeira asemblea: formato, lugar e día🗓️

E, desta vez, engadimos a opción de conectarse a través de videochamada na seguinte ligazón: https://meet.google.com/qyw-dnme-kjc

Apuntádevos e participade!! 🙂

🎬 Proxección de cinema na Escola Laica de Cabanas: "SEN ALMA" de Iago BarradoEste venres, 15 de maio ás 20:30h, chega un...
14/05/2026

🎬 Proxección de cinema na Escola Laica de Cabanas: "SEN ALMA" de Iago Barrado

Este venres, 15 de maio ás 20:30h, chega unha proposta intensa e inquietante dentro da programación de Tarde Piache.

A historia trasládanos a un escenario marcado por unha perigosa variante do virus da rabia. Tres irmás deberán enfrontarse a unha situación límite na que a supervivencia será o único obxectivo.

Un thriller de terror galego que non deixa indiferente.

👉 Non perdades esta experiencia cinematográfica

04/05/2026

🎬 Proxección aberta de “BELKÎ SIBÊ”

Documental sobre Siria, Rojava, a guerra contra o ISIS e a revolución social construída dende abaixo, coa memoria, a resistencia e a liberación das mulleres no centro.

📍 Escola Laica de Cabanas
📅 Domingo, 10 de maio
🕰 19:00h
🎟 Entrada libre ata completar capacidade
🤝 Achegas voluntarias benvidas para apoiar a actividade

🔗 Tamén podes apoiar o filme en: belkisibe.com

🗣 Ao rematar a proxección haberá unha conversa colectiva.

⚠️ Aviso de contido: guerra, violencia e conflito armado.

Dirección

Cabanas

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Tarde Piache publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir