18/09/2026
🌿 Despois do verán, retomamos os nosos obradoiros de formación e benestar!
Volvemos á carga da man de Euroeume e contando, coma sempre, cos mellores especialistas para traervos actividades útiles e de calidade.
Moitas veces esquecémonos de nós mesmos mentres atendemos aos demais, por iso arrancamos cunha cita moi especial: o obradoiro gratuíto "Xestión do estrés", dentro do programa de Familias Coidadoras.
Impartido pola psicóloga Lydia Galán, traballaremos aspectos clave como:
🧠 Comprender o estrés e a sobrecarga
🧘♀️ Mindfulness e respiración consciente
🚶♂️ Movemento consciente
💙 Xestión e aceptación emocional
🌸 Autocoidado realista
📅 Cando: Venres, 25 de setembro ás 17:00 h
📍 Onde: Local SCRD San Mamede Laraxe (Concello de Cabanas)
🎟️ Prazas: Gratuítas (aberto a todas as persoas interesadas)
📩 Inscricións e contacto:
Mail: [email protected]
Teléfono: 981 44 06 68 (nº 3)
Anímate a reservar o teu espazo de desconexión e aprendizaxe! Compárteo con quen creas que o poida precisar. 👇