Federación Gallega de Boxeo

Cómo llegar Página web

Federación Gallega de Boxeo Facebook oficial de la Federación Gallega de Boxeo
🖥| Nuestras redes 👇🏼
linktr.ee/fgboxeo

🖤 Dende a Federación Galega de Boxeo queremos expresar o noso máis sentido pesar polo tráxico accidente ferroviario.Tras...
31/10/2026

🖤 Dende a Federación Galega de Boxeo queremos expresar o noso máis sentido pesar polo tráxico accidente ferroviario.

Trasladamos todo o noso cariño, apoio e solidariedade ás familias e amizades das persoas falecidas, así como os nosos mellores desexos de recuperación ás persoas feridas.

O noso pensamento está con todas as persoas afectadas.

Hoxe, o boxeo galego viste de loito. 🖤

🥊🖤 II MEMORIAL FELIPE «PANTERA» RODRÍGUEZ 🖤🥊Despois de 25 anos, o boxeo volve render homenaxe a Felipe «Pantera» Rodrígu...
30/10/2026

🥊🖤 II MEMORIAL FELIPE «PANTERA» RODRÍGUEZ 🖤🥊

Despois de 25 anos, o boxeo volve render homenaxe a Felipe «Pantera» Rodríguez cun segundo memorial moi especial.

Unha velada para lembrar a Felipe e a todas aquelas persoas que, como Amoedo, Luis Torrado ou Tono da Silva, formaron parte da historia do noso deporte e que hoxe permanecen na nosa memoria. ❤️

Agárdanos unha xornada chea de emoción e bo boxeo, con:
🥊 5 combates amateur.
🥊 1 exhibición de boxeo adaptado.
🏆 2 títulos neoprofesionais.

Unha oportunidade para honrar os que abriron o camiño e celebrar o talento dunha comarca do Salnés e dunha zona de Arousa que son hoxe unha auténtica canteira de campións.

Porque o boxeo é moito máis ca combates e títulos: é historia, compañeirismo, paixón e memoria.

Por Felipe, polos que xa non están e por todos os que manteñen viva a chama do boxeo.🖤🥊

II Memorial Felipe «Pantera» RodríguezDespois de 25 anos, chega o segundo Memorial Felipe «Pantera» Rodríguez. Moitos do...
29/10/2026

II Memorial Felipe «Pantera» Rodríguez
Despois de 25 anos, chega o segundo Memorial Felipe «Pantera» Rodríguez. Moitos dos que compartiron cartel con el e colaboraron naqueles tempos, como Amoedo, Luis Torrado ou Tono da Silva, xa non están entre nós. Ao igual que Felipe, permanecen agora no noso recordo.

Pero estamos seguros de que todos eles, alí onde estean, contemplarán este segundo memorial coa mesma ilusión coa que o viviron en vida.

Agárdanos unha velada de apenas dúas horas, pero cargada de emoción e bo boxeo, con cinco combates amateur, unha exhibición de boxeo adaptado e dous títulos Neo.

Unha gran oportunidade para render homenaxe a todos aqueles que fixeron grande o noso deporte e, ao mesmo tempo, comprobar como a comarca do Salnés e a zona de Arousa se converteron nunha auténtica canteira de campións.

Porque o boxeo é moito máis ca combates e títulos: é historia, compañeirismo, paixón e memoria. E mentres sigamos lembrando a quen abriu o camiño, o seu legado seguirá vivo entre nós.

Por Felipe, polos que xa non están e por todos os que manteñen viva a chama do boxeo.

26/10/2026
🥊🔥 CALENDARIO DE VELADAS · NOVEMBRO 2026 🔥🥊Novembro chega cargado de boxeo e emoción! 💥📅 Xa podes consultar o calendario...
26/10/2026

🥊🔥 CALENDARIO DE VELADAS · NOVEMBRO 2026 🔥🥊

Novembro chega cargado de boxeo e emoción! 💥

📅 Xa podes consultar o calendario de veladas deste mes e anotar as datas para non perder ningunha cita co boxeo galego. 🥊

Seguimos impulsando o noso deporte, apoiando os nosos deportistas e facendo medrar o boxeo en Galicia. 💪❤️

📍 Garda a publicación e compártea para que non se che escape ningunha velada!

🥊🔥 VELADA DO CONCELLO DE ARBO: GRAN NOITE DE LOITA 🔥🥊Este sábado chega unha gran cita cos deportes de combate en Arbo! 💥...
19/10/2026

🥊🔥 VELADA DO CONCELLO DE ARBO: GRAN NOITE DE LOITA 🔥🥊

Este sábado chega unha gran cita cos deportes de combate en Arbo! 💥

🥊 Combates protagonistas:
🔴 Mario Núñez
🔴 Samu Marfo
🔴 Dani Castro
🔴 Noé Vila
🔴 Diego Castro

📅 Sábado, 24 de outubro de 2026
🕗 Hora: 20:00 h
📍 Lugar: Pavillón Municipal de Arbo

🎟️ Entradas: 12 € anticipada · 15 € en taquilla

📌 Venda anticipada en A Esmorga (Arbo) e Contact Sport e Vista Alegre (Vigo).

Prepárate para unha auténtica gran noite de loita! 💪🔥

🥊🔥 FLOW FIGHT – VIGO 🔥🥊O domingo 18 de outubro, o combate profesional chega ao Pavillón Polideportivo de Coruxo cunha gr...
15/10/2026

🥊🔥 FLOW FIGHT – VIGO 🔥🥊

O domingo 18 de outubro, o combate profesional chega ao Pavillón Polideportivo de Coruxo cunha gran xornada de boxeo! 💥

🥊 Combates neoprofesionais, elite e promesas.
📍 Pavillón Polideportivo de Coruxo, Vigo
🗓️ Domingo, 18 de outubro
🚪 Apertura de portas: 17:00 h
🔔 Inicio: 17:30 h
🎟️ Entrada: 20 €

Unha cita imprescindible para os amantes do boxeo e do deporte de contacto. Non perdas a oportunidade de vivir a emoción do combate en directo! 💪🔥

📅 17 de octubre📍 Pabellón Agustín Mourís, Noia🕖 Apertura de puertas: 19:00 h🏆 Combate estelar por el título gallego neop...
12/10/2026

📅 17 de octubre

📍 Pabellón Agustín Mourís, Noia

🕖 Apertura de puertas: 19:00 h

🏆 Combate estelar por el título gallego neoprofesional: Ismael Riveiro vs. Angello Vázquez.
🥊 Un gran cartel con combates amateur y neoprofesionales.

🍽️ ¡También podrás disfrutar de la gastronomía! En el cartel colaboran establecimientos como La Parrilla de Champi, A Taberna do Lelo, Motor Café y Café Bar Cheliño.

🎟️ Donativo: 12 € anticipada / 15 € en taquilla.

¡Nos vemos en Noia! 💥

Campionatos Promesas de Galicia: o futuro do deporte galego, en Negreira37 clubs de toda Galicia daranse cita nos Campio...
06/10/2026

Campionatos Promesas de Galicia: o futuro do deporte galego, en Negreira
37 clubs de toda Galicia daranse cita nos Campionatos Promesas deste ano, unha competición que, co apoio da Deputación da Coruña, servirá para o ránking e para impulsar aos deportistas que, nun futuro próximo, poderán chegar a converterse en campións de España.
A competición reunirá 130 deportistas procedentes das catro provincias galegas, entre eles máis de 30 deportistas femininas, nunha auténtica festa do deporte e da competición.
📍 Concello de Negreira
📅 10, 11 e 12 de outubro
🕚 Mañás: de 11:00 a 14:00 h
🕔 Tardes: de 17:00 a 21:00 h
Durante os tres días poderemos desfrutar de máis de 90 apaixonantes combates, nos que os novos talentos do deporte galego demostrarán o seu esforzo, ilusión e nivel competitivo.
Un evento que será posible grazas ao patrocinio da Deputación da Coruña, á colaboración do Concello de Negreira e ao apoio da Xunta de Galicia.
🥊 O futuro do deporte galego ten unha cita en Negreira.
Tres días de competición, 37 clubs, 130 deportistas e máis de 90 combates. O espectáculo está garantido!

🥊🏆 O CAMPIONATO GALEGO DE BOXEO PROMESAS XA TEN DATA!Do 10 ao 12 de outubro, Negreira converterase no punto de encontro ...
03/10/2026

🥊🏆 O CAMPIONATO GALEGO DE BOXEO PROMESAS XA TEN DATA!

Do 10 ao 12 de outubro, Negreira converterase no punto de encontro das novas promesas do boxeo galego. 🔥

🥊 Categorías masculina e feminina
🇪🇸 Rumbo ao Campionato de España
📍 Pavillón Municipal Pedra Mámoa · Negreira

🍽️ E non todo será boxeo! Durante a vosa visita a Negreira tamén poderedes g***r da súa gastronomía, das súas paisaxes e de todo o que este fermoso municipio ten para ofrecer. 🌿🥘

👉 Deixámosvos unha lista de propostas para descubrir Negreira e desfrutar da súa gastronomía e das súas paisaxes.

Tres días para vivir o deporte, apoiar o futuro do boxeo galego e descubrir Negreira. 💙🥊

Vémonos no Campionato!

Dirección

Pza. Agustín Díaz, 3 (sala 4)/ELVIÑA
A Coruña
15008

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Federación Gallega de Boxeo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos