Amigas e Amigos dos Museos de Galicia - Portas Ártabras

Cómo llegar Página web

Amigas e Amigos dos Museos de Galicia - Portas Ártabras A través destas páxinas queremos aproximarvos a quen somos, atraervos a unha actividade de sensibilización e participación co universo dos museos.

03/11/2026

Portas Ártabras acoge este miércoles la cita literaria, que culminará con un recital a cargo de estudiantes

O xoves 5 de novembro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Rúa Sinangoga, 22 – A Coruña) unha moi interesante conf...
02/11/2026

O xoves 5 de novembro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Rúa Sinangoga, 22 – A Coruña) unha moi interesante conferencia de Rafael López Loureiro, revitalizador de caveiras no tallado nas cortizas das cabazas, titulada “DE SAMAÍN A HALLOMAÍN, BIOGRAFÍA DUNHA PERVERSIÓN”. Rafael fará un percorrido polos últimos 36 anos da historia reciente, dende as orixes da Festa de Samaín no ano 1990, até a actualidade.

Entrada libre ata completar aforamento.





Actividade subvencionada por Cultura da Deputación da Coruña

O mércores 4 de novembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (rúa Sinagoga, 22 – A Coruña) a presentación do libr...
02/11/2026

O mércores 4 de novembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (rúa Sinagoga, 22 – A Coruña) a presentación do libro publicado por Alvarellos “LUZ POZO GARZA 50 POEMAS DE LUZ”.

Participan no acto:
- Olivia Rodríguez González (Responsable da edición)
- Mª Pilar García Negro (Profesora honoraria da UDC)
- Enrique Alvarellos (Director de Alvarellos Editora)
- Lectura de estudantes de Literatura

Entrada libre ata completar aforamento.

O xoves 29 de outubro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación de dous libros: “RAMÓN OTERO PEDRAYO, ARR...
26/10/2026

O xoves 29 de outubro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación de dous libros: “RAMÓN OTERO PEDRAYO, ARREDOR DE SI, 50 ANOS DESPOIS” E “RAMÓN E O PINSAPO MÁXICO” de Paco López-Barxas, con ilustracións de Siro e Xosé Cid, ámbolos editados por Teófilo.

Acompañarán ao autor Olivia Rodríguez, Siro e Felipe – Senén

Entrada libre ata completar aforamento.




O venres 23 de outubro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación de “RUMIANDO. As ovellas fixéronme pasto...
20/10/2026

O venres 23 de outubro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación de “RUMIANDO. As ovellas fixéronme pastora“, libro de Josebe Blanco Álvarez. Amais da autora participará no acto Celia Pereira Porto.

Josebe Blanco, aínda que galega de nacemento, sempre viviu en Euskal Herria. Antes de incorporarse ao rabaño, traballaba como profesora de eúscaro. Despois dunha excedencia decidiu quedarse na casa a traballar e, xunto coa súa familia, leva doce anos formando parte dun rabaño de ovellas latxas e facendo queixos co leite das súas ovellas, en Guipúscoa.

“RUMIANDO. As ovellas fixéronme pastora” recolle o día a día da autora co seu rabaño. Entre ovellas e bosques autóctonos que se estrañan, a palabra de Josebe pastorea libre entre anotacións íntimas, poemas, rexistros dos animais, prados, tarefas e queixos, e reflexións acertadísimas ao redor do noso sistema alimentario, a situación crítica da gandaría extensiva e dos pequenos produtores.

Rumiando non é só un testemuño arredor do pastoreo e da gandaría, senón tamén un espello que nos devolve todo aquilo que perdemos e todo o que poderiamos recuperar. É un manifesto de luz que nos pregunta tamén sen medo como queremos vivir, de que maneira miramos o mañá, cales son as memorias que non estamos dispostos a perder.

Entrada libre ata completar aforamento.




O xoves 22 de outubro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha moi interesante conferencia pronunciada polo hist...
19/10/2026

O xoves 22 de outubro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha moi interesante conferencia pronunciada polo historiador e escritor Carlos Méixome arredor da figura de Dona Emilia Pardo Bazán e as Terras do Carballiño.

Amais, Carlos aproveitará a ocasión para presentar seu libro “Polo avieiro de Dona Emilia” editado por Galaxia.





Actividade subvencionada por Cultura da Deputación da Coruña

O xoves 15 de outubro ás 20:00 terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) a presentación de “MINIATURAS E O...
14/10/2026

O xoves 15 de outubro ás 20:00 terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) a presentación de “MINIATURAS E OUTRAS DIMENSIÓNS” de Xosé María Álvarez Cáccamo, libro editado por Galaxia. Amais do autor, o acto contará coa poeta Eva Veiga.
Entrada libre ata completar aforamento.





O xoves 8 de outubro, ás 20.00 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo “Paganismo e Cristianismo na ar...
04/10/2026

O xoves 8 de outubro, ás 20.00 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo “Paganismo e Cristianismo na arte”.
Nesta ocasión, José Luis García Dornelas comentará máis dun centenar de obras de arquitectura, pintura e escultura co fin de analizar a evolución no tempo dos altares e do culto que neles réndese ás reliquias.
Entrada libre ata completar aforamento.

O mércores 16 de setembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro de Graciela Ortega titulado...
14/09/2026

O mércores 16 de setembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro de Graciela Ortega titulado “ARROZ CON LEITE Á VERACRUZANA”, editado por Medulia. Un encontro ideal para os que amamos os libros escritos co noso acento, para falar de literatura, da nosa lingua e de historias que cobran vida.

Entrada libre ata completar aforamento.




O venres 11 de setembro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras un interesante parladoiro co Presidente da Fundación O...
09/09/2026

O venres 11 de setembro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras un interesante parladoiro co Presidente da Fundación Otero Pedrayo, o profesor Eduardo López Pereira, arredor da inmensa figura do polígrafo por excelencia, Otero Pedrayo. A continuación terá lugar a proxección do documental “Ramón Otero Pedrayo, dereito á paisaxe“, dirixido por María Xosé Bravo Bosch. Un achegamento tratado de xeito diferente á figura deste escritor, xeógrafo e intelectual galeguista, e a súa forma tan persoal de sentir Galicia a través da interacción paisaxe-paisanaxe, tan de raiceira franciscanista, panteista, céltica…

Dirección

Rúa Sinagoga, 22
A Coruña
15001

Horario de apertura

Lunes 19:00 - 21:00
Martes 19:00 - 21:00
Miércoles 19:00 - 21:00
Jueves 19:00 - 21:00
Viernes 19:00 - 21:00
Sábado 12:00 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Amigas e Amigos dos Museos de Galicia - Portas Ártabras publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos