Fundación Olga Gallego

Cómo llegar Página web

Fundación Olga Gallego Organización sen ánimo de lucro que nace co desexo de contribuir á difusión e á protección dos arquivos e do patrimonio documental

A VISIÓN: A Fundación Olga Gallego nace coa vontade de ser un espazo participativo e solidario que permita fomentar a reflexión e o intercambio de ideas sobre todos os aspectos que preocupan á comunidade arquivística galega, mantendo como referente o espíritu de compromiso cos arquivos, arquiveiros e arquiveiras que practicou Olga Gallego ao longo da súa vida profesional.. A MISIÓN: A Fundación Olga Gallego pretende co seu labor contribuír á difusión e protección dos arquivos e do patrimonio documental mediante o fomento dos estudos e da investigación sobre arquivística e arquivos, e mediante o desenvolvemento de actividades de formación
OS OBXECTIVOS:
•Crear canles permanentes de comunicación con institucións e profesionais relacionados cos arquivos.
•Colaborar para a consecución dos seus fins con outras entidades, organismos, institucións ou persoas de calquear ámbito territorial, de forma especial, con aqueles países que teñen unha forte vinculación con Galicia, como Portugal ou os de América.
•Promocionar e difundir actividades de impulso e protección dos arquivos e do patrimonio documental doutras entidades ou institucións.
•Fomentar a investigación no ámbito da arquivística e comunicar á sociedade todos os resultados que se obteñan, favorecendo o ben xeral da sociedade.
•Impulsar actividades de formación no ámbito dos arquivos e do patrimonio documental que axuden á xeración e transmisión de coñecemento.

Vídeos publicados Xa podedes acceder aos vídeos da xornada "Días de labor: a memoria do traballo e a súa pegada na socie...
05/11/2026

Vídeos publicados

Xa podedes acceder aos vídeos da xornada "Días de labor: a memoria do traballo e a súa pegada na sociedade e o territorio":

Xornadas celebradas en Ferrol, na Facultade de Humanidades e Documentación os días 25 e 26 de setembro de 2026. Organizaron: BAMAD-Galicia e Fundación Olga G...

Biblioteca dixital Seguimos a traballar na preparación do terceiro volume da Biblioteca Dixital Olga Gallego, que se pub...
14/10/2026

Biblioteca dixital

Seguimos a traballar na preparación do terceiro volume da Biblioteca Dixital Olga Gallego, que se publicará na nosa web a comezos do ano 2027.

Comprenderá traballos dispersos de Olga en publicacións profesionais ou do ámbito cultural custodiadas en diferentes bibliotecas de Galicia.

La Fábrica de la LuzConcepción Fernández aborda no seu relatorio, o derradeiro das xornadas, a Memoria que transforma a ...
26/09/2026

La Fábrica de la Luz

Concepción Fernández aborda no seu relatorio, o derradeiro das xornadas, a Memoria que transforma a través do Museo da Energía de Ponferrada.

Participación e representación
26/09/2026

Participación e representación

As mulleres no marisqueo Relatorio de Sandra Amezaga.
26/09/2026

As mulleres no marisqueo

Relatorio de Sandra Amezaga.

Papeis para existir Continuamos coa intervención de Victorino Escamilla, da Fundación Educativa e Social Dignidade.
26/09/2026

Papeis para existir

Continuamos coa intervención de Victorino Escamilla, da Fundación Educativa e Social Dignidade.

Invisibles e desvalorizadas.Bibiana Martínez, antropóloga, investigadora independente, fálanos do traballo das mulleres ...
26/09/2026

Invisibles e desvalorizadas.

Bibiana Martínez, antropóloga, investigadora independente, fálanos do traballo das mulleres no mundo rural.

Propostas de Beiramar da Xente para os edificios de Alfageme en Vigo.
25/09/2026

Propostas de Beiramar da Xente para os edificios de Alfageme en Vigo.

Beiramar da xenteDavid Amoedo fala de Beiramar da xente, un proxecto de defensa e recuperación do patrimonio industrial ...
25/09/2026

Beiramar da xente

David Amoedo fala de Beiramar da xente, un proxecto de defensa e recuperación do patrimonio industrial de Vigo.

Guillerme Pérez, da Fundación Luis Tilve, fala dos arquivos sindicais como laboratorios da historia social.
25/09/2026

Guillerme Pérez, da Fundación Luis Tilve, fala dos arquivos sindicais como laboratorios da historia social.

Dirección

Rúa Rosalía De Castro, Nº 13, Bajo
A Coruña
15004

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Fundación Olga Gallego publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos