Arelas, asociación de familias de menores e mocidade trans de Galicia

Como chegar Website

Arelas, asociación de familias de menores e mocidade trans de Galicia Asociación de familias de infancia e mocidade trans (ata 30 anos), unidas na loita polos seus dereitos

🏳️‍🌈💜 A diversidade tamén se aprende nas aulas!Desde ARELAS, realizamos dúas charlas dirixidas a todo o alumnado de 3º d...
29/10/2026

🏳️‍🌈💜 A diversidade tamén se aprende nas aulas!

Desde ARELAS, realizamos dúas charlas dirixidas a todo o alumnado de 3º da ESO do IES Monelos, na Coruña, para falar sobre diversidade afectivo-sexual e familiar.

🗣️ A través destes encontros, compartimos coñecementos, resolvemos dúbidas e creamos espazos de reflexión sobre a diversidade, o respecto e a importancia de construír contornas educativas libres de prexuízos e discriminacións.

🏳️‍⚧️ Porque todas as persoas merecemos medrar, aprender e vivir sendo quen somos, con liberdade, seguridade e respecto.

Estas accións desenvólvense no marco do PAICO-TRANS, Programa de Atención Integral da Coruña para Persoas Trans e Familias, impulsado por ARELAS e financiado pola Área de Igualdade e Diversidade do , a través da Convocatoria de subvencións destinadas a actividades de interese social en materia de igualdade e diversidade ano 2026.

💜 Grazas ao IES Monelos pola acollida e por apostar por unha educación que recoñece e celebra a diversidade.

Seguimos traballando por unhas aulas máis inclusivas, diversas e libres de LGTBIfobia! 🏳️‍🌈

🏳️‍⚧️ Por uns espazos de traballo máis inclusivos e respectuosos coa diversidade!Onte, Cristina Palacios  , xerente e tr...
16/10/2026

🏳️‍⚧️ Por uns espazos de traballo máis inclusivos e respectuosos coa diversidade!

Onte, Cristina Palacios , xerente e traballadora social de ARELAS, acompañada da orientadora laboral e educativa Sara García , impartiu unha formación híbrida dirixida ao persoal de Recursos Humanos de , empresa galega referente no sector da transformación industrial da madeira, cunha longa traxectoria e presenza nos ámbitos do hábitat, o interiorismo e a construción.

🤝 Esta colaboración busca formar e sensibilizar sobre as realidades trans no ámbito laboral, proporcionando ferramentas para favorecer a igualdade de oportunidades, previr a discriminación e avanzar cara a contornas profesionais máis inclusivas, diversas e respectuosas coa identidade de todas as persoas.

💜 Desde ARELAS agradecemos a FINSA a súa colaboración e compromiso coa promoción da diversidade e a construción de espazos laborais máis inclusivos.

Esta formación forma parte do programa TRANSformar, de sensibilización sobre diversidade sexual, de xénero e familiar, financiado pola Deputación da Coruña, no marco das subvencións a entidades para o mantemento de políticas de xénero (FOIOOA/26).

💙 PAICO-TRANS: acompañamento, redes, apoio e diversidade na Coruña 💗Desde ARELAS seguimos traballando para ofrecer unha ...
14/10/2026

💙 PAICO-TRANS: acompañamento, redes, apoio e diversidade na Coruña 💗
Desde ARELAS seguimos traballando para ofrecer unha atención integral ás persoas trans e ás súas familias na cidade da Coruña a través do programa PAICO-TRANS, financiado polo Concello da Coruña no marco das Subvencións a entidades sociais sen ánimo de lucro destinadas a actividades de interese social en materia de igualdade e diversidade para o exercicio 2026.

💜 A través deste programa queremos ofrecer acompañamento, información e orientación ás persoas trans e ás súas familias, creando espazos seguros nos que sentirse escoitadas, comprendidas e apoiadas.
🌈 Ademais, desenvolveremos accións de formación e sensibilización social para promover o respecto á diversidade, combater os prexuízos e a discriminación e contribuír á construción dunha sociedade máis inclusiva.

🤝 Se es unha persoa trans ata 30 anos, formas parte dunha familia ou coñeces alguén que poida precisar apoio, en ARELAS estaremos encantadas de acompañarvos.
📩 Contacto: [email protected]
📞 Teléfono e WhatsApp: 686 160 465
🕘 De 9:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00

💗 Seguimos construíndo redes de apoio e unha sociedade na que todas as persoas poidan vivir con liberdade, respecto e dignidade.
Grazas ao por apoiar este traballo un ano máis!

12/10/2026
06/10/2026
🌈 ESTES DÍAS FORON INTENSOS DE FORMACIÓNS! 💜E que gusto poder compartir, aprender e debater con tanta xente! 🫶Durante es...
30/09/2026

🌈 ESTES DÍAS FORON INTENSOS DE FORMACIÓNS! 💜

E que gusto poder compartir, aprender e debater con tanta xente! 🫶

Durante estes días estivemos con:

📚 Todo o alumnado de 4º da ESO do IES Rosalía de Castro.

📚 O alumnado de 2º e 3º da ESO do IES Antonio Fraguas.

📚 O alumnado de 5º e 6º de Primaria do CEE Manuel López Navalón.

🎓 E tamén co alumnado do Mestrado do Profesorado e con orientadoras e orientadores educativos da Facultade de Ciencias da Educación da USC.

En cada encontro tivemos espazos para formarnos, compartir experiencias, cuestionar prexuízos, resolver dúbidas e, sobre todo, dialogar arredor da diversidade sexual e de xénero, a inclusión, os dereitos e a convivencia. 🏳️‍🌈💜

Todo isto foi posible grazas ao programa DIVA: Diversidade, Inclusión e Valores, financiado pola Área de Igualdade do Concello de Santiago de Compostela, dentro das Subvencións para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo LGBTIQ+ e de prevención e loita contra as violencias machistas do ano 2026.

💜 Grazas a todos os centros, profesorado e alumnado por abrir estes espazos de diálogo e aprendizaxe.

Porque formar, escoitar e debater tamén é transformar. 🌈✨

📘 NOVA GUÍA DE ARELAS: “RESPOSTAS A PREGUNTAS SOBRE REALIDADES TRANS” 🏳️‍⚧️En ARELAS presentamos unha nova guía práctica...
22/09/2026

📘 NOVA GUÍA DE ARELAS: “RESPOSTAS A PREGUNTAS SOBRE REALIDADES TRANS” 🏳️‍⚧️

En ARELAS presentamos unha nova guía práctica elaborada por profesionais da s**oloxía, o traballo social, a psicoloxía e o dereito, pensada para achegar información, aclarar conceptos e ofrecer ferramentas para acompañar as realidades trans.

Un recurso dirixido a persoas trans, familias e profesionais, que dá resposta a moitas das dúbidas e preocupacións que poden aparecer ao longo dos diferentes procesos de acompañamento.

💜 Que atoparás na guía?

🔹 Desde o ámbito social: identidade, familia, amizades, estudos, saída do armario, acompañamento e situacións de rexeitamento ou exclusión.

🔹 Desde a saúde mental: dúbidas sobre a propia identidade, medos, ansiedade, aceptación e como afrontar situacións de rexeitamento ou acoso.

🔹 Desde a s**oloxía: identidade sexual, masculinidades e feminidades, relación co propio corpo e sexualidade, relacións de parella, tratamentos hormonais e cirurxías.

🔹 Desde o ámbito xurídico: dereitos das persoas trans, delitos de odio, acoso escolar, ámbito laboral, cambio de nome e s**o e diferentes situacións de discriminación.

Porque ter información é fundamental para comprender e acompañar.

📖 A guía xa está dispoñible para a súa consulta e descarga na web de ARELAS, no apartado “Guías e documentos”:

👉 https://asociacionarelas.org/services/guias-e-documentos/

💜 Consulta, descarga e comparte!

🌈 Este mércores, falamos de diversidade!Desde ARELAS temos o pracer de participar na xornada “A diversidade na comunidad...
14/09/2026

🌈 Este mércores, falamos de diversidade!

Desde ARELAS temos o pracer de participar na xornada “A diversidade na comunidade universitaria: coñecemento, apoio e boas prácticas”, organizada polo PAT-ANEAE da ESEI da Universidade de Vigo. Falaremos da realidade trans para profundizar no seo coñecemento e acompañamento.

💜 Estaremos compartindo espazo con Raquel Rey Vilas, directora da Unidade de Diversidade da UVigo, para falar sobre as realidades trans: do descoñecemento ao acompañamento.

📅 Mércores 16 de setembro
🕦 11:30 h
📍 Salón de Graos da ESEI — Universidade de Vigo
💻 Tamén podes participar en liña

Moitas grazas á ESEI e ao PAT-ANEAE por contar con ARELAS e por abrir estes espazos de diálogo, aprendizaxe e sensibilización. 🏳️‍⚧️🏳️‍🌈

Agardámosvos! 💜

🏫💜 VOLVEMOS ÁS AULAS!E non podemos estar máis contentas. 🥹🌈Comeza un novo curso e, con el, volvemos entrar nas aulas par...
11/09/2026

🏫💜 VOLVEMOS ÁS AULAS!

E non podemos estar máis contentas. 🥹🌈
Comeza un novo curso e, con el, volvemos entrar nas aulas para falar de diversidade, respecto e igualdade.

Volvemos para achegar ao alumnado as distintas realidades da diversidade afectivo-sexual e familiar, para desmontar prexuízos e, sobre todo, para previr a LGTBIQ+fobia.
Porque cada conversa importa.
Cada pregunta importa.
Cada mirada que cambia importa.
E cada aula que se converte nun espazo máis seguro tamén importa. 🩷🤍🩵

💜Grazas ao CEIP de Curtis e ao IES de Valga por volver contar con ARELAS e por abrirnos, unha vez máis, as portas das súas aulas.
Grazas por confiar na educación como ferramenta para transformar, acompañar e construír unha sociedade onde todas as persoas poidan ser quen son, sen medo e con orgullo🌈

✨ Que bonito volver atoparnos!
Seguimos volvendo ás aulas.
Seguimos sementando respecto.
Seguimos construíndo diversidade. 💜

Estás formacións forman parte de TRANSFORMAR, programa de sensibilización sobre diversidade sexual, de xénero e familiar financiado pola Deputación da Coruña dentro das subvencións a entidades para o mantemento en políticas de xénero FOIO0A/26

🏳️‍⚧️ VOLTA Á AULA, VOLTA AO RESPECTO«Era unha broma.»Pero… ¿era realmente unha broma ou simplemente estabas seguindo o ...
10/09/2026

🏳️‍⚧️ VOLTA Á AULA, VOLTA AO RESPECTO

«Era unha broma.»

Pero… ¿era realmente unha broma ou simplemente estabas seguindo o rollo?

- Ás veces rimos porque ri todo o mundo.
- Compartimos porque xa o compartiron.
- Facemos un comentario porque queremos encaixar.
- E calamos porque non queremos ser quen leve a contraria ao grupo.

Pero seguir o que fan xs demais non fai que estea ben.

Se para encaixar no grupo tes que humillar, excluír ou facer dano a outra persoa, paga a pena preguntarse: de verdade queres formar parte dese grupo?

A transfobia tamén pode aparecer neses pequenos momentos: nunha risa colectiva, nun grupo de WhatsApp, nunha foto compartida sen permiso, deixando alguén fóra ou facendo que sinta que non pertence.

E ti podes marcar a diferenza.

Non tes que ser protagonista. Ás veces chega con non seguir o rollo.

💬 Iso non ten graza
🫂 Ven con nós
📱 Non compartas esa foto
💜 Isto non está ben

Porque encaixar non debería significar facer dano a ninguén.

🏳️‍⚧️ Non sigas o rollo. Fai sitio. Inclúe. Respecta.
NON MIRES PARA OUTRO LADO.

🌈

Está campaña forma parte de TRANSFORMAR, programa de sensibilización sobre diversidade sexual, de xénero e familiar financiado pola Deputación da Coruña dentro das subvencións a entidades para o mantemento en políticas de xénero FOIO0A/26

Endereço

Arelasasociacion@gmail. Com
Galiza

Notificações

Seja o primeiro a saber: enviamos-lhe um e-mail quando Arelas, asociación de familias de menores e mocidade trans de Galicia publicar novidades e promoções. O seu endereço de e-mail não será utilizado para nenhum outro fim e pode cancelar a subscrição a qualquer momento.

Atalhos

Partilhar