Plataforma Eólicos No Morrazo Non

Plataforma Eólicos No Morrazo Non Plataforma cidadá que agrupa a persoas e colectivos da comarca do Morrazo, contra o expolio eólico.

📢 CADA VEZ MÁIS CERCA A FIN DO PROXECTO DO PARQUE EÓLICO DA EMPRESA ARENA POWER NO MORRAZO GRAZAS Á MOBILIZACIÓN DA COMA...
24/01/2026

📢 CADA VEZ MÁIS CERCA A FIN DO PROXECTO DO PARQUE EÓLICO DA EMPRESA ARENA POWER NO MORRAZO GRAZAS Á MOBILIZACIÓN DA COMARCA

✅ DENDE A PLATAFORMA RECLAMAMOS O ARQUIVO URXENTE DO EXPEDIENTE E A ELIMINACIÓN DA ADE DO MORRAZO PARA QUE NON HAXA MÁIS PROXECTOS NO FUTURO 💪🏽 (Sigue lendo e axuda a difundir👇🏽)

🔔 Dende que coñecemos o proxecto o noso obxectivo foi paralo. Por iso desenvolvemos, dende outono de 2021, un traballo de información (asembleas, charlas + boletín ás casas) así como diferentes actos de protesta (camiñadas, concentracións, marcha ciclista, manifestacións)

🏫 Tamén contamos coa colaboración dos concellos de Bueu, Cangas, Moaña e Vilaboa (faltou Marín 👀) facilitando información, aprobando mocións, opoñéndose institucionalmente e apoiando a Plataforma. Todo este traballo, que implicou a moita xente, serviu para mandar a mensaxe de que non íamos permitir que nos espoliasen a comarca 🚫

🗞️ Despois de contrastar ás informacións da prensa, os últimos movementos da empresa e a documentación da Xunta parece que a fin do proxecto está máis cerca.

💰 Que a empresa solicitase o arquivo do expediente e a devolución da fianza é unha boa nova, aínda que INCOMPLETA ata que se peche ese expediente que a Xunta nunca debeu autorizar. A nosa satisfacción será total cando non poida rondar polo Morrazo ningunha destas empresas.
Por iso anunciamos que:

1️⃣ Seguiremos atent@s ata o arquivo definitivo e reclamamos da Xunta axilidade.

2️⃣ Cando se confirmar o peche deste expediente, traballaremos para modificar o desfasado Plan Sectorial Eólico do ano 1997 para eliminar a Área de Desenvolvemento Eólico (superficie de 4.632 hectáreas dos nosos montes) que seguiría permitindo que estas empresas puidesen instalar parques eólicos no Morrazo☝🏽Eliminar a ADE é vital para a tranquilidade da veciñanza do Morrazo, do contrario sempre haberá unha porta aberta ás empresas do monopolio eólico.

3️⃣ Ademais seguiremos a participar na COORDINADORA EÓLICA ASÍ NON e a colaborar coas Plataformas que loiten contra este espolio nas proximidades da comarca, como as da Serra da Fracha, para que non se instalen parques que poidan supoñer un risco futuro para o Morrrazo.

💪🏽 Seguimos defendendo a auga, a terra, a saúde, a vida... EÓLICA ASÍ NON❗

Unha andaina reivindicativa denuncia os impactos ecolóxicos do proxecto eólico de Arena Power🚶‍♀️ Perto de 300 persoas s...
22/09/2024

Unha andaina reivindicativa denuncia os impactos ecolóxicos do proxecto eólico de Arena Power
🚶‍♀️ Perto de 300 persoas saíron da Chan da Arquiña, facendo un percorrido circular con parada en Pedras Negras
‼️ As obras do parque eólico terán un forte impacto nos montes e nas augas debido aos solos graníticos da comarca
📢 Plataforma denuncia o carácter depredador e especulativo da actual implantación de parques eólicos no noso país

Mais info en: https://sites.google.com/view/eolicosnomorrazonon/noticias .4sq1bfipbg9

EÓLICOS NO MORRAZO NON 💚

Unha andaina reivindicativa denuncia os impactos ecolóxicos do proxecto eólico de Arena Power • Perto de 300 persoas saíron da Chan da Arquiña, facendo un percorrido circular con parada en Pedras Negras • As obras do parque eólico terán un forte impacto nos montes e nas augas debido aos so...

☝️Lembrade que esta tarde temos ás 17:00h a andaina partindo de Chan d Arquiña.‼️O acceso desde a estrada Moaña-Marín es...
21/09/2024

☝️Lembrade que esta tarde temos ás 17:00h a andaina partindo de Chan d Arquiña.

‼️O acceso desde a estrada Moaña-Marín está en moi mal estado. Procurade vir subindo desde Domaio.

Dende o Corredor do Morrazo collemos a saida nº3 para Domaio e logo tiramos cara arriba para o monte. Desde alí proseguimos cara Chan da Arquiña.

Vémonos alá arriba.

🚶‍♀️ Andaina Circular Reivindicativa📅 21 de setembro ás 17h na Chan da Arquiña👉🏽 No próximo sábado día 21, organizada po...
18/09/2024

🚶‍♀️ Andaina Circular Reivindicativa
📅 21 de setembro ás 17h na Chan da Arquiña
👉🏽 No próximo sábado día 21, organizada pola Plataforma Eólicos No Morrazo Non e o Concello de Moaña, temos unha nova cita reivindicativa para defendermos a Terra, a Auga e o Vento.
🔄 Consistirá nun roteiro circular con saída e chegada na Chan da Arquiña, de 3,8km, dificultade baixa e 1h30 de duración aproximada.
🗺 Plano da andaina no primeiro comentario
👊🏽 Vémonos no monte!
EÓLICOS NO MORRAZO NON 💚

🚴‍♀️ Douscentos ciclistas marchan polos montes do Morrazo en rechazo ao proxecto eólico de Arena PowerDurante o percurso...
10/09/2024

🚴‍♀️ Douscentos ciclistas marchan polos montes do Morrazo en rechazo ao proxecto eólico de Arena Power
Durante o percurso constatouse sobre o terreo os diversos impactos da instalación dos 15 aeroxeradores de 180 metros de altitude na dorsal dos montes do Morrazo. Un deles será o impacto paisaxístico, pois estruturas desta magnitude serán visíbeis tanto desde toda a rede de estradas do Morrazo como desde concellos da contorna, como Pontevedra, Vigo, Redondela ou Sanxenxo.

👊🏽 Vémonos no monte!
EÓLICOS NO MORRAZO NON 💚

02/09/2024

🚵🏽‍♀️ Ruta en BTT polos montes do Morrazo

📅 8 de setembro ás 10h na Praza o Concello de Moaña

👉🏽 No próximo domingo día 8, en colaboración cos diferentes clubes da comarca, temos unha nova cita nesta Marcha Ciclista Reivindicativa para defendermos a Terra, a Auga e o Vento.

👊🏽 Vémonos no monte!

EÓLICOS NO MORRAZO NON 💚

💧 En risco o 40 % do subministro de auga de Marín, Moaña e Vilaboa.🚱 As 21 captacións da Escola Naval Militar estarían c...
24/08/2024

💧 En risco o 40 % do subministro de auga de Marín, Moaña e Vilaboa.
🚱 As 21 captacións da Escola Naval Militar estarían comprometidas.
🦀 O sector marisqueiro podería verse afectado por escorras de auga doce.

👉🏽 Descarga o informe en: https://rebrand.ly/hidroloxia
📊 Mais información no primeiro comentario.

📱Difunde, infórmate, pergunta, opina...
EÓLICOS NO MORRAZO NON 💚

🙌🏼Fan falta MÁIS MANS.🌳🌍Todos e todas estamos a favor da transición enerxética, pero NUNCA baixo un boom especulativo.‼️...
05/08/2024

🙌🏼Fan falta MÁIS MANS.

🌳🌍Todos e todas estamos a favor da transición enerxética, pero NUNCA baixo un boom especulativo.

‼️Sabemos que os proxectos eòlicos son a maior ameaza para TODO o Morrazo.

Toca Organizarse
Marca na Axenda e asiste

Endereço

O Morrazo
Galiza

Website

Notificações

Seja o primeiro a saber: enviamos-lhe um e-mail quando Plataforma Eólicos No Morrazo Non publicar novidades e promoções. O seu endereço de e-mail não será utilizado para nenhum outro fim e pode cancelar a subscrição a qualquer momento.

Atalhos

Partilhar