17/06/2026
Así vivimos o faladoiro “Realidades trans, familias e espazos seguros” no marco do Orgullo de Pontevedra 2026 💜
🗣️Enchemos a Casa das Campás cun espazo de escoita, empatía e diálogo no que Samantha e Dani puxeron no centro as experiencias das persoas trans e María e José María das familias, compartindo vivencias, aprendizaxes e tamén retos que aínda quedan por afrontar. 
🏳️⚧️Falamos da importancia de contar con apoio, de crear contornas seguras e de construír unha sociedade onde cada persoa poida existir con liberdade, dignidade e orgullo. 
🙏Grazas a todas as persoas que asistiron e participaron, partillando preguntas e reflexións mais, en definitiva, por faceren posible unha contorna positiva e enriquecedora.