Asociación Xaruma

Página web Contactar con la organización

Asociación Xaruma xaruma.org

Entidade de iniciativa social en saúde mental. Asociación sen ánimo de lucro.

Ola Xarumeir@s 👋🪻💜🌱 Crear espazos seguros: identidade, comunidade e liberdade.Desde o proxecto Voces Moradas, entrevista...
10/11/2026

Ola Xarumeir@s 👋🪻💜

🌱 Crear espazos seguros: identidade, comunidade e liberdade.

Desde o proxecto Voces Moradas, entrevistamos a Sete Outeiros, para coñecer esta iniciativa que nace como un espazo de encontro, refuxio e liberdade para persoas trans e q***r.

A través desta entrevista, quixemos descubrir como xorde este proxecto, que significa construír un espazo verdadeiramente seguro e por que é tan importante contar con lugares nos que cada persoa poida ser quen é, sen ter que xustificarse nin esconder ningunha parte da súa identidade.

Falamos tamén de diversidade, enfoque descolonial, comunidade, natureza, autosuficiencia e benestar emocional. Porque reconectar coa terra, compartir saberes e construír outras formas de relacionarnos tamén pode ser unha maneira de coidarnos e de vivir con maior liberdade.

💬 Desde Voces Moradas, proxecto no que colabora o servizo de igualdade da Deputación de Pontevedra, seguimos creando espazos para escoitar, coñecer e dar voz a iniciativas e persoas referentes que, desde realidades diferentes, traballan por unha sociedade máis diversa, inclusiva e libre de discriminacións.

✨ Porque crear espazos seguros tamén é unha forma de apoderamento.

Grazas a Sete Outeiros por abrirnos as portas, compartir a súa experiencia e deixarnos coñecer este proxecto tan especial. 💜

+

🧠Obradoiro de memoria🧩Queres manter a mente activa, exercitar a memoria e compartir un bo momento en compañia?Dende Xaru...
09/11/2026

🧠Obradoiro de memoria🧩

Queres manter a mente activa, exercitar a memoria e compartir un bo momento en compañia?

Dende Xaruma, poñemos en marcha un obradoiro de memoria, un espazo para estimular as nosas capacidades cognitivas a través de xogos, actividades e exercicios divertidos.📝🎲🧠

📅xoves
🕑11:30 a 12:30h
📍Torrecedeira 66
✔De balde

Poder vir ata o espazo Xaruma (Torrecedeira, 66) ou chamar ao 698 142 158 para informarte. Anímate a participar!

En Sober seguimos coidándonos! 💜Lembrámosvos que o noso Grupo de Coidados para Persoas Coidadoras continúa coa súa activ...
06/11/2026

En Sober seguimos coidándonos! 💜

Lembrámosvos que o noso Grupo de Coidados para Persoas Coidadoras continúa coa súa actividade, con encontros dúas veces ao mes.

Un espazo para compartir experiencias, escoitarnos, apoiarnos e dedicarnos un tempo a nós mesmas. Porque sabemos que coidar tamén implica necesitar coidados. 🫂

📍 Sober (Lugo)

Seguimos creando rede e coidándonos en comunidade. 💜

Máis ocio, máis conexión, mellor saúde mental 🌱No mes de outubro compartimos unhas xornadas de convivencia cheas de mome...
05/11/2026

Máis ocio, máis conexión, mellor saúde mental 🌱

No mes de outubro compartimos unhas xornadas de convivencia cheas de momentos para nós: coñecer persoas novas e reencontrarnos coas que xa coñecíamos, rir e g***r do tempo libre nun espazo seguro e acolledor. A Antiga Escola Rural da Portela (Figueiras, A Coruña) foi o noso punto de encontro para esta fermosa experiencia✨

Por que o descanso e a vida social son pilares fundamentais do noso benestar emocional 🧠💚

Un agradecemento moi especial á (Santiago de Compostela) por camiñar ao noso lado nesta iniciativa. Vémonos na seguinte 😉

Os últimos martes de outubro a asociación Xaruma, a escola de tempo libre Xaruma e a asociación ASVIDAL estivémonos form...
04/11/2026

Os últimos martes de outubro a asociación Xaruma, a escola de tempo libre Xaruma e a asociación ASVIDAL estivémonos formando en perspectiva de xénero en saúde mental, da man de Lucía Pereda. Intervir con perspectiva de xénero non só é falar de igualdade, é algo que vai moito máis alá e que temos que entender desde dentro, analizando o sistema patriarcal dende todas as esferas.

Unha formación moi enriquecedora para o persoal que nos axuda a revisar as nosas propias prácticas e formas de acompañar. Reforzamos coñecementos e reafirmamos o noso compromiso para seguir incorporando a perspectiva de xénero na forma de entender e acompañar a saúde mental.

Grazas a Lucía pola súa profesionalidade e cercanía, e grazas a Synthesis pola facilitación desta formación. Agardamos repetir o próximo ano!

📢📢 NOVA OFERTA DE EMPREGO 📢📢Dentro dos programas de cooperación, contrataremos a unha persoa do ámbito da educación ambi...
02/11/2026

📢📢 NOVA OFERTA DE EMPREGO 📢📢
Dentro dos programas de cooperación, contrataremos a unha persoa do ámbito da educación ambiental, para xestionar e dinamizar os espazos de horta, pero tamén para traballar a autonomía, o ocio saudable e a mellora do benestar. Entra na nosa páxina e consulta os requisitos: https://xaruma.org/traballa-con-nos/

Axúdanos a correr a voz!

📣📣PROCESO SELECTIVO DE INCORPORACIÓN INMEDIATA📣📣  No mes que entra comezaremos co proxecto "Sementando Habilidades", un ...
31/10/2026

📣📣PROCESO SELECTIVO DE INCORPORACIÓN INMEDIATA📣📣 No mes que entra comezaremos co proxecto "Sementando Habilidades", un proxecto de fomento de inserción sociolaboral de persoas con diagnóstico en saúde mental. Buscamos a unha educadora ou un educador para formar parte del. Máis info dos requisitos e formas de entrega en: https://xaruma.org/traballa-con-nos/

Axúdanos a correr a voz!

  🌱Hoxe presentámosvos o Grupos de Coidados, un espazo pensados para acompañar a familias e persoas coidadoras. Un lugar...
30/10/2026

🌱

Hoxe presentámosvos o Grupos de Coidados, un espazo pensados para acompañar a familias e persoas coidadoras. Un lugar para parar, escoitarse e coidarse. Con faladoiros, acompañamento e a forza do propio grupo, aprendemos a coidar(nos) a nós mesmas ✨

🗓️ martes ou xoves ao mes
🕐17:30 a 19:30h

🤍 Porque coidar tamén necesita coidado.
Se es persoa coidadora, este pode ser o teu espazo seguro.

📞 Contacto: 698 14 21 58
📩 Correo: [email protected]
🌐Web: xaruma.org/fiares-vigo/

  Hoxe foi o último día do obradoiro "Sementes de coidado, raíces que falan"! 🌱💜Pechamos este ciclo despois de dous mese...
29/10/2026



Hoxe foi o último día do obradoiro "Sementes de coidado, raíces que falan"! 🌱💜

Pechamos este ciclo despois de dous meses nos que compartimos aprendizaxes sobre comunicación diaria, resolución de conflitos e hábitos de autocoidado. Queremos agradecer de corazón a todas as participantes por crear este espazo seguro, libre de xuízos e construído dende a calma e o apoio mutuo.

Aínda que este obradoiro remate hoxe, as sementes quedan plantadas para seguir coidando do noso día a día 🌱

Este proxecto foi posible grazas ao apoio económico do Servizo de Igualdade do Concello de Vigo.

📞 Para calquera dúbida ou información sobre futuras iniciativas: 698 142 158 ou
📩 [email protected]

O galego ten algo especial...  💙Ten palabras que dan apertas, outras que mesmo parecen poesía, e algunhas que son imposi...
27/10/2026

O galego ten algo especial... 💙

Ten palabras que dan apertas, outras que mesmo parecen poesía, e algunhas que son imposibles de non querer. 🫂

Isto é só un anaco, porque a nosa lingua está chea de pequenas xoias que merece a pena coñecer, compartir, e sobre todo falar. 📢

1. O galego é outro nivel, palabras curiosas, expresións xeniais, marabillas da nosa lingua para designar a chuvia que tan característica é da nosa terra... 🌧
2. Agarimo: non é só cariño, é tenrura, afecto e unha sensación de querer coidar a alguén. 🫂
3. Luscofusco, esa palabra tan bonita e cálida para o momento no que o día comeza a despedirse para dar paso á noite. 🌇
4. A morriña é a mestura de nostalxia e cariño por algo ou alguén que botas de menos. E ás veces por Galicia enteira. 🥲
5. O galego e o portugués son linguas irmás, proceden dunha mesma tradición medieval: o galego-portugués. Temos moito en común. 🇵🇹 💙

Ti tamén cres que hai palabras galegas que deberían ser patrimonio mundial? Que palabra galega salvarías do mundo?

Dirección

Vigo

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 14:00
16:00 - 17:30
Martes 10:00 - 14:00
16:00 - 17:30
Miércoles 10:00 - 14:00
16:00 - 17:30
Jueves 10:00 - 14:00
16:00 - 17:30
Viernes 10:00 - 14:00
16:00 - 17:30

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Xaruma publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Asociación Xaruma:

Atajos

Compartir