Femuro - Fed. Provincial de Mulleres Rurais de Ourense

Femuro - Fed. Provincial de Mulleres Rurais de Ourense Entidade sen ánimo de lucro que agrupa as Asociacións de Mulleres Rurais de Ourense.

💜 Hai uns días falabamos de como a saúde das mulleres continúa marcada polas desigualdades de xénero: diagnósticos tardí...
02/06/2026

💜 Hai uns días falabamos de como a saúde das mulleres continúa marcada polas desigualdades de xénero: diagnósticos tardíos, síntomas minimizados ou unha atención médica construída historicamente tomando o corpo masculino como referencia.

Hoxe queremos poñer o foco nun exemplo moi concreto desta realidade: a violencia obstétrica.

A violencia obstétrica é unha forma de violencia contra as mulleres que pode producirse durante o embarazo, o parto ou o posparto, cando non se respectan os seus tempos, decisións, emocións ou o seu propio corpo.

Pode manifestarse de moitas formas:
▫️ Falta de información ou consentimento
▫️ Comentarios humillantes ou infantilizadores
▫️ Minimización da dor
▫️ Intervencións innecesarias sen explicación
▫️ Falta de intimidade ou acompañamento

Durante moito tempo, moitas destas situacións normalizáronse dentro da atención sanitaria. Por iso é tan importante visibilizalas, nomealas e seguir reivindicando unha atención máis humana, respectuosa e centrada nas mulleres.

Porque unha atención digna tamén é un dereito 💜

📚 A semana pasada tivemos a presentación do novo Certificado de Profesionalidade de atención a persoas non dependentes c...
01/06/2026

📚 A semana pasada tivemos a presentación do novo Certificado de Profesionalidade de atención a persoas non dependentes con necesidades de coidados na súa contorna cotiá.

Nas vindeiras semanas iniciaremos a formación correspondente ao módulo MF1868_2: Técnicas e recursos de animación en actividades de tempo libre, que combinará unha parte semipresencial con sesións prácticas orientadas a aplicar e reforzar os coñecementos adquiridos durante a formación teórica 💪📖

Dende as Federacións de Mulleres Rurais levamos anos traballando para facer posible a posta en marcha deste tipo de certificacións, que permitirán a moitas mulleres acreditar oficialmente as súas competencias profesionais e mellorar as súas oportunidades de acceso ao emprego nun sector con crecente demanda.

Aínda estás a tempo de sumarte! Podes pedir información a través do teléfono 699 41 58 10

Formación Cofinanciada polo Plan Corresponsables. Ministerio de Igualdad, Gobierno de España.

Igualdade en Galicia Ministerio de Igualdad

💜 No Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres queremos falar dunha realidade que moitas veces pasa desapercib...
28/05/2026

💜 No Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres queremos falar dunha realidade que moitas veces pasa desapercibida: a saúde tamén ten brecha de xénero.

Distintos estudos levan anos advertindo de que as desigualdades de xénero afectan directamente á saúde das mulleres, tanto no acceso á atención médica como na calidade desa atención.

Durante décadas, a investigación médica tomou o corpo masculino como modelo principal. As mulleres estiveron infrarrepresentadas en moitos ensaios clínicos e, cando participaban, moitas veces os resultados nin sequera se analizaban diferenciando por s**o. Isto provocou que numerosos tratamentos, doses e protocolos médicos se desenvolvesen sen ter en conta as diferenzas biolóxicas femininas.

As consecuencias son reais:
▫️ As mulleres sofren máis efectos secundarios adversos dos medicamentos.
▫️ Reciben diagnósticos máis tardíos en enfermidades como as cardíacas.
▫️ As súas dores e síntomas son máis frecuentemente minimizados ou cuestionados.
▫️ E continúan atopando barreiras na atención á saúde sexual e reprodutiva.

Tamén a saúde mental evidencia esta desigualdade. En España, diferentes informes sinalan que as mulleres presentan unha maior prevalencia de ansiedade, depresión e trastornos alimentarios, especialmente entre as mulleres novas. Ademais, factores como a sobrecarga de coidados, a precariedade ou a violencia de xénero teñen un impacto directo no benestar emocional.

No rural, esta situación agrávase aínda máis pola falta de especialistas, recursos e servizos próximos.

A saúde das mulleres non pode seguir tratándose como algo secundario. Necesitamos máis investigación con perspectiva de xénero, máis formación sanitaria e unha atención médica que escoite, respecte e coide ás mulleres en igualdade de condicións.

Porque defender a saúde das mulleres tamén é defender dereitos 💪💜

📢 REUNIÓN INFORMATIVA EN FEMUROSe estás interesada en formarte no ámbito dos coidados, esta información é para ti 💜Dende...
26/05/2026

📢 REUNIÓN INFORMATIVA EN FEMURO

Se estás interesada en formarte no ámbito dos coidados, esta información é para ti 💜

Dende FEMURO convidámosvos a unha reunión informativa sobre o novo Certificado Profesional de Atención a persoas non dependentes con necesidades de coidados no seu contorno cotián, que xa está en marcha dentro do Plan Corresponsables.

Durante a reunión informarémosvos sobre a formación dispoñible, os módulos, a modalidade híbrida, o proceso de matrícula e resolveremos todas as dúbidas que poidades ter.

📅 Xoves, 28 de maio
🕡 18:30 horas
📍 Camiño Vello de Sousas, 26 · Verín

📲 Confirma asistencia no 699 41 58 10 ou por MD.

Agardámosvos! 💫

Cofinanciado polo Plan Corresponsables. Ministerio de Igualdad, Gobierno de España.

Igualdade en Galicia Ministerio de Igualdad

22/05/2026

💬“Seguro que lo entendiste mal”. "Eso nunca pasaría en nuestra familia".

Frases que hacen que los niños y niñas se callen. Y cuando se callan, quien hace daño lo tiene más fácil.

Si un niño, niña o adolescente te cuenta algo:
Cree primero.
Escucha.
Acompaña.
Y busca ayuda profesional.

🛑 No es alarmismo. Es protección.

👉 ¿Qué crees que hace que los niños y niñas se sientan seguros para hablar?

Con el apoyo de EU Justice and Consumers .

El proyecto FULLIVING DAPHNE está financiado por la Unión Europea y Educo en el marco del programa Ciudadanía, Igualdad, Derechos y Valores (CERV). Las opiniones y puntos de vista expresados solo comprometen a sus autores/as y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea ni Educo, por lo que en ningún caso la autoridad otorgante puede ser considerada responsable de ellos.

Hoxe achegámonos ata a exposición “Ver, sentir e pintar”, de Emilio González Afonso, na Sala de Exposicións do Concello ...
18/05/2026

Hoxe achegámonos ata a exposición “Ver, sentir e pintar”, de Emilio González Afonso, na Sala de Exposicións do Concello de Verín 🖼️ acompañando ao grupo de “Mulleres que contan”.

Tivemos ademais a sorte de facer a visita da man do propio autor, que foi compartindo co grupo as historias, emocións e técnicas que hai detrás das obras que conforman a mostra, ademais de achegarnos á súa propia traxectoria persoal e artística.

A elección desta exposición tiña tamén un significado especial para nós, xa que Emilio González Afonso foi o ilustrador de “Vivas para contarlo”, unha publicación composta por relatos e testemuños arredor da violencia de xénero e sexual. A visita permitiunos coñecer máis de preto ao artista e afondar tamén no universo creativo dunha obra vinculada a unha realidade sobre a que traballamos e reflexionamos dentro do grupo.

“Mulleres que contan” é un espazo pensado para crear apoio, confianza e vínculos entre mulleres. Por iso, máis alá do traballo na aula, tamén buscamos compartir experiencias fóra dela: descubrir espazos culturais, conversar, convivir e seguir construíndo relacións positivas entre elas 🤝✨

💬 Participamos na xornada “Impulso local: emprendemento e igualdade en rede”, organizada polo Polo de Emprendemento e Ap...
15/05/2026

💬 Participamos na xornada “Impulso local: emprendemento e igualdade en rede”, organizada polo Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Verín

Un encontro pensado para persoas con ideas, inquietudes e ganas de dar un paso máis no mundo do emprendemento. Pero tamén unha oportunidade para compartir experiencias e reivindicar algo importante: no rural tamén hai talento, proxectos, iniciativas e futuro.

Dende FEMURO tivemos a oportunidade de achegar a nosa visión como entidade que traballa cada día por impulsar a igualdade, fortalecer o liderado feminino e abrir camiños para que máis mulleres poidan desenvolver os seus proxectos e vivir deles 💜

Foi un pracer compartir espazo con iniciativas e profesionais que demostran que aquí tamén pasan cousas. Tamén vivimos. Tamén traballamos. E, por suposto, facémolo ben.

Grazas ao equipo do Polo, á Fundación Juana de Vega e a todas as compañeiras e compañeiros que formaron parte da xornada.

15/05/2026

💬 "Es solo una chorrada en Internet. No es como en la vida real". Mentira. Lo que pasa en el mundo digital también duele.

A veces más, porque lo que está online no se borra: se multiplica. 📲

Y la infancia no siempre tiene las herramientas para gestionarlo.

Si ves que tu hijo o hija se desconecta, se asusta con notificaciones o borra el historial: pregunta. Sin acusar. Con curiosidad. 🔍
Eso es protección de verdad.

👉 ¿Cuál crees que es el mayor riesgo en el mundo digital para los niños y niñas?

Con el apoyo de EU Justice and Consumers .

El proyecto FULLIVING DAPHNE está financiado por la Unión Europea y Educo en el marco del programa Ciudadanía, Igualdad, Derechos y Valores (CERV). Las opiniones y puntos de vista expresados solo comprometen a sus autores/as y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea ni Educo, por lo que en ningún caso la autoridad otorgante puede ser considerada responsable de ellos.

💬 ¿Cuántas etiquetas repetimos sin darnos cuenta?Son palabras que se dicen rápido, pero que se quedan mucho tiempo.A vec...
13/05/2026

💬 ¿Cuántas etiquetas repetimos sin darnos cuenta?

Son palabras que se dicen rápido, pero que se quedan mucho tiempo.

A veces ni parece violencia, pero lo es. Porque limitan, determinan y condicionan.

La infancia merece todas sus posibilidades, no definiciones o estereotipos que cierran puertas.

👉 Ayúdanos a cambiar la forma en la que hablamos de la infancia.

Con el apoyo de EU Justice and Consumers .

El proyecto FULLIVING DAPHNE está financiado por la Unión Europea y Educo en el marco del programa Ciudadanía, Igualdad, Derechos y Valores (CERV). Las opiniones y puntos de vista expresados solo comprometen a sus autores/as y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea ni Educo, por lo que en ningún caso la autoridad otorgante puede ser considerada responsable de ellos.

👣💜 Así foi o V Encontro de Panxón.Como cada ano, dende FEMURO e FEMUPO volvemos reservar unha fin de semana para atoparn...
12/05/2026

👣💜 Así foi o V Encontro de Panxón.

Como cada ano, dende FEMURO e FEMUPO volvemos reservar unha fin de semana para atoparnos, convivir e seguir creando rede entre mulleres de distintos puntos de Ourense e Pontevedra. Nesta ocasión fixémolo arredor do Entroido, unha das tradicións máis nosas e unha celebración que continúa unindo xeracións, aldeas e maneiras diferentes de vivir a cultura popular.

Ao longo destes días achegámonos á visión do proxecto A Peliqueira, reflexionando sobre o papel das mulleres no Entroido, pero tamén descubrimos celebracións menos coñecidas, compartimos lembranzas e recuperamos pequenas tradicións que existían nalgunhas aldeas e que, co paso do tempo, foron desaparecendo 🎭

Houbo tempo tamén para os paseos, o deporte, os obradoiros, os bailes e mesmo un escape room. E, por suposto, para seguir facendo o que mellor define encontros coma este: crear espazos nos que sentirnos acompañadas, escoitadas e parte dun grupo 💜🤝

E atención… porque estamos preparando un vídeo resumo desta fin de semana e xa vos avisamos: vai traer de volta moitos momentos bonitos 👀✨

Dirección

Camiño Vello De Sousas 26
Verín
32600

Horario de Apertura

Lunes 09:30 - 14:30
Martes 09:30 - 14:30
Miércoles 09:30 - 14:30
Jueves 09:30 - 14:30
Viernes 09:30 - 14:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Femuro - Fed. Provincial de Mulleres Rurais de Ourense publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Femuro - Fed. Provincial de Mulleres Rurais de Ourense:

Compartir