08/03/2026
✨ E ata aquí o noso Entroido 2026 🎭🥹
Pecha unha etapa intensa, emocionante e inesquecible. Queremos dar as grazas a todas as persoas que nos acompañastes en cada vila, en cada rúa e en cada aplauso. Sen vós, nada disto tería sentido 💛
Grazas aos concellos que confiastes en nós e nos abrístes as portas para levar “A Última Chamada” a tantos recunchos. Foi un orgullo formar parte das vosas celebracións 🤍
Grazas tamén ás nosas familias, ao equipo técnico e a todas as persoas que traballan detrás para que todo saia adiante. O que se ve na rúa é só unha parte do enorme esforzo que hai detrás 🫶🏼
Levamos premios, momentos e moitas lembranzas… pero, sobre todo, levamos persoas. Porque máis ca un grupo, somos unha gran familia 💛
Isto remata, pero queda o orgullo dun traballo ben feito e o recordo dun ano perfecto. 😍
Que as estrelas sigan brillando… ✨
Grazas por tanto ✨🎭