Fundacion Xavier Pousa

Cómo llegar Página web

Fundacion Xavier Pousa La Fundación tiene como objetivos preservar la obra, figura y memoria del pintor Xavier Pousa y fav XX.

Xavier Pousa (Goián,Tomiño 13 de abril de 1931 - Vigo 8 de diciembre de 2000) es uno de los paisajistas más representativos de la pintura gallega de la segunda mitad del S. Artista culto, próximo a corrientes europeas, gran conocedor del arte universal y fuertemente ligado a la comarca pontevedresa del "Baixo Miño", del que era originario.

Unha nova renovación dun espazo para a cultura en Tomiño inaugúrase con esta exposición ben merecida para mostrar a arte...
04/11/2026

Unha nova renovación dun espazo para a cultura en Tomiño inaugúrase con esta exposición ben merecida para mostrar a arte que se crea ou creou desde Tomiño.

🗿 A pedra, a paisaxe e o oficio de crear danse encontro en «Antúnez. Materia, forma e territorio».

A renovada Casa da Cultura de Tomiño acolle esta exposición adicada ao escultor de Estás, José Antúnez Pousa, que transformou a tradición da cantería nunha maneira propia de facer arte.

Unha oportunidade para achegarse a súa obra e descubrir a mirada dun dos pioneiros da escultura nun concello como o noso, cunha fonda tradición artística.

📅 Este venres 6 de novembro, ás 20:00 h
📍 Casa da Cultura de Tomiño

Agardámosvos!✨

https://tomino.gal/o-legado-de-antunez-pousa-chega-a-renovada-casa-da-cultura-de-tomino

Cando unha familia leva toda a vida rodeada de arte e vemos que un membro dela convértese noutra artista con maiúsculas ...
30/10/2026

Cando unha familia leva toda a vida rodeada de arte e vemos que un membro dela convértese noutra artista con maiúsculas pois só podemos dicir que é un orgullo moi grande.

Rosalía González Pousa, sobriña neta de Xavier Pousa, é una rapaza moi nova que xa demostrou por medio mundo a súa capacidade de creación.

Rosalía é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e especializada en pintura na Accademia di Belle Arti di Brera (Milán) onde rematou no ano 2023 con matrícula de honra.

Traballou en diversos países e en varias disciplinas que fan que sexa unha artista completa. Foi a responsable na restauración do Château de Ravel en Francia, deseñadora creativa da cerámica Pottery & Poetry en Bulgaria, realizou muros monumentais en Uzbequistán ou coordinou a un grupo de artistas especializado en frescos en Catar, sen deixar, por suposto, de facer as súa propia obra que mostra un realismo máxico que capta moitos momentos da vida de forma moi sutil e que xa expuxo en diferentes galerías de arte.

Hoxe compartimos con vos algúns detalles do seu primeiro traballo mural en Galicia, unha obra no concello de Salceda de Caselas que representa as principais figuras do Rancho do Entroido da Feira, unha tradición recuperada fai pouco pola veciñanza deste concello.
Cremos que a partir de agora quedará na nosa terra, así que teremos moitas mais posibilidades de achegarnos a súa obra.

No primeiro comentario tamén podedes escoitar a entrevista que fixéronlle onte en Radio Vigo da Cadena Ser.

Moitos parabéns!!!!

Fotos: Helena Pousa Ortega






15/10/2026

Iniciativa marabillosa para coñecer as entrañas destes artistas!!!
Se estás por Ourense recomendámosvolo!

O sentimos profundamente!!!Mesmo por ese cúmulo de casualidades que conta a Fundacion Xoan Piñeiro que fixo que se asent...
29/09/2026

O sentimos profundamente!!!
Mesmo por ese cúmulo de casualidades que conta a Fundacion Xoan Piñeiro que fixo que se asentará en Goián, Picallo e Pousa compartiron esa paixón pola arte e incluso exposicións conxuntas.
Que a Terra lle sexa leve.

Sentimos a perda do escultor Magin Picallo. Artista con unha amplísima obra, mesmo perto de nós, en Tui, A Guarda, Baiona e tamén en distintos puntos de Galicia e Alicante, donde traballou con varios encargos sempre relacionados coa figura humana e grupos escultóricos de carácter histórico, preferentemente en pedra.
Nado en 1940 en Cuntis, foi alumno de Asorey na Escola de Artes e Oficios de Santiago. Por unha sorte de casualidades, sendo novo e mesmo a piques de rematar o servizo militar, Xoán Piñeiro o levou ao seu taller a traballar nuns encargos e acabou por casarse e afincarse en Goián. Montou o seu propio taller incorporandose a esa lista de artistas que conforman a paisaxe goianesa.
Que a terra lle sexa leve.

Fai un dias dicíamos que era un bo día para achegarse ao Puntal en Camposancos, nós estivemos alí e localizamos o punto ...
18/09/2026

Fai un dias dicíamos que era un bo día para achegarse ao Puntal en Camposancos, nós estivemos alí e localizamos o punto exacto no que Pousa colocou o seu cabalete.

Hoxe, despois da clausura da exposición organizada pola Xunta de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura coa colaboració...
07/09/2026

Hoxe, despois da clausura da exposición organizada pola Xunta de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura coa colaboración de Afundación, “As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI”, comisariada pola artista e investigadora Mónica Alonso, queremos expresar o noso agradecemento por ter incluído obra de Xavier Pousa que estivo representada no outono.

A exposición deseñada para sentir a arte a través da temperatura, os sons, as texturas e as cores coas catro estacións do ano de fondo, foi un auténtico pracer non so sensorial senón emocional.

Unha das últimas visitas da familia foi a de Carmela, viuva de Pousa, e o se último neto tamén chamado Xavier Pousa que gozou moitisimo. Por certo un neno que xa apunta maneiras.

Parabéns a todas as persoas e entidades, especialmente a Mónica Alonso, por este tipo de iniciativas que dan visibilidade a arte galega realizada onte e hoxe.

As estacions do ano na arte galega. Se ainda non visitaches esta marabillosa exposición na Cidade da Cultura tes maña pa...
05/09/2026

As estacions do ano na arte galega.
Se ainda non visitaches esta marabillosa exposición na Cidade da Cultura tes maña para facelo.

Un día para achegarse ao Puntal en Camposancos (A Guarda) e observar que todo segue igual.A Ínsua. 1991Xavier PousaÓleo/...
05/09/2026

Un día para achegarse ao Puntal en Camposancos (A Guarda) e observar que todo segue igual.

A Ínsua. 1991
Xavier Pousa
Óleo/lenzo. 73 x 92 cm.

21/08/2026

Más de veinte artistas convirtieron Goián, Vila Nova de Cerveira, Estás y Figueiró en un gran estudio de pintura al aire libre.

No día Mundial da Fotografía queremos mostrar este retrato de Pousa realizado en 1969 polo fotógrafo Arcadio Vila.Arcadi...
19/08/2026

No día Mundial da Fotografía queremos mostrar este retrato de Pousa realizado en 1969 polo fotógrafo Arcadio Vila.

Arcadio forma parte da saga dos fotógrafos Vila que establecéronse a principios de 1930 en Monforte de Lemos. Na súa longa carreira profesional retratou a vida de Monforte e a súa comarca traballando con todo tipo de técnicas, desde os negativos de cristal que xa empregaba o seu pai Salustiano, ata a fotografía dixital, pasando pola iluminación con lámpadas de magnesio.

Pousa tiña moitos amigos en Monforte de Lemos, entre os que estaba o escritor Manuel María, así que supoñemos que este retrato foi realizado nunha desas visitas que Pousa facía ao seu amigo.

Dirección

Tollo 33
Goyán
36750

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Fundacion Xavier Pousa publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos