Asociación Veciñal e Cultural de Fornelos da Ribeira e Lourido

Cómo llegar Contactar con la organización

Asociación Veciñal e Cultural de Fornelos da Ribeira e Lourido Organización veciñal sen ánimo de lucro polo progreso das parroquias de Fornelos da Ribeira e Lourido situadas na Vila Milenaria de Salvaterra de Miño

🌰 MAGOSTO EN LOURIDO 🌰O sábado 14 de novembro temos unha cita no Centro Cultural de Lourido!A partir das 17:00 h, xogos ...
03/11/2026

🌰 MAGOSTO EN LOURIDO 🌰

O sábado 14 de novembro temos unha cita no Centro Cultural de Lourido!

A partir das 17:00 h, xogos de madeira para nenos e adultos, actuacións musicais, foliada aberta, castañas asadas, chouripán e queimada.

E non esquezades o concurso de sobremesas caseiras! Traede a vosa especialidade e participade. 😋

Unha tarde para g***r, compartir e celebrar o magosto en boa compañía.

Agardámosvos! 🌰🎶

🌰🔥 O magosto achégase a Fornelos da Ribeira!A Comisión de Festas de Fornelos da Ribeira organiza o seu magosto o vindeir...
10/10/2026

🌰🔥 O magosto achégase a Fornelos da Ribeira!

A Comisión de Festas de Fornelos da Ribeira organiza o seu magosto o vindeiro 24 de outubro, ás 21.00 h, no Centro Cultural Carballeira.

Unha noite para g***r da boa comida, da música e da tradición, con castañas e queimada para todos! 🎶🌰

📌 Data límite para anotarse: 20 de outubro.

📞 Reservas nos teléfonos que aparecen no cartel ou con calquera persoa da comisión.

Dende a nosa asociación, compartimos esta convocatoria para que ninguén quede sen sabelo. Agardamos que sexa unha gran festa! 🥳

🦀 Un día marabilloso na Festa do Marisco do Grove! 🦀Pasámolo de marabilla, desfrutando dun día de convivencia, diversión...
06/10/2026

🦀 Un día marabilloso na Festa do Marisco do Grove! 🦀

Pasámolo de marabilla, desfrutando dun día de convivencia, diversión e moi boa compañía. ❤️

Grazas a todas as persoas que participastes e fixestes que fora un día tan especial.

E o noso agradecemento á Deputación de Pontevedra, a través do programa +Convivencia, polo apoio que fixo posible esta actividade.

📸 Deixámosvos unha pequena reportaxe fotográfica para lembrar este día.

🦀 Grazas por compartilo connosco! 🦀


04/08/2026

💃 E despois do Curso de Teatro… chega outra proposta para este outono!

Agora poñémonos en movemento co Curso de Bailes de Salón, que comezará o xoves 3 de setembro no Centro Cultural de Lourido.

🕖 Todos os xoves, de 19:00 a 21:00 h
📅 Do 3 de setembro ao 17 de decembro

Non importa se xa sabes bailar ou se partes de cero. O importante é ter ganas de aprender, compartir un bo rato e… non quedar sentado! 😄💃🕺

As prazas son limitadas, así que, se che apetece participar, reserva canto antes no 📞 694 235 265.

E se aínda non te anotaches ao Curso de Teatro, tamén estás a tempo! 😉


31/07/2026

🎭 Tes ganas de rir, pasalo ben e probar algo diferente este outono?

Pois xa está aquí o Curso de Teatro no Centro Cultural de Lourido!

📅 Todos os venres, de 19:00 a 21:00 h, do 4 de setembro ao 18 de decembro. 💶

Non importa se nunca fixeches teatro ou se xa tes experiencia. O importante é ter ganas de compartir, aprender e botar unhas boas risas. 😄

As prazas son limitadas, así que non o deixes para o último momento. Reserva a túa no 694 235 265.

Anímate! Seguro que che sorprende! 🎭😊


🌲 𝗗𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗱𝗶𝗳𝘂𝘀𝗶𝗼́𝗻 𝗮 𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗰𝗼𝗻𝘃𝗼𝗰𝗮𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮 𝗱𝗮 𝗖𝗼𝗺𝘂𝗻𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗱𝗲 𝗠𝗼𝗻𝘁𝗲𝘀 𝗩𝗲𝗰𝗶𝗻̃𝗮𝗶𝘀 𝗱𝗲 𝗟𝗼𝘂𝗿𝗶𝗱𝗼.O vindeiro 𝗱𝗶́𝗮 𝟲 𝗱𝗲 𝗮𝗴𝗼𝘀𝘁𝗼, 𝗮́𝘀 𝟮𝟭:𝟬...
30/07/2026

🌲 𝗗𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗱𝗶𝗳𝘂𝘀𝗶𝗼́𝗻 𝗮 𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗰𝗼𝗻𝘃𝗼𝗰𝗮𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮 𝗱𝗮 𝗖𝗼𝗺𝘂𝗻𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗱𝗲 𝗠𝗼𝗻𝘁𝗲𝘀 𝗩𝗲𝗰𝗶𝗻̃𝗮𝗶𝘀 𝗱𝗲 𝗟𝗼𝘂𝗿𝗶𝗱𝗼.

O vindeiro 𝗱𝗶́𝗮 𝟲 𝗱𝗲 𝗮𝗴𝗼𝘀𝘁𝗼, 𝗮́𝘀 𝟮𝟭:𝟬𝟬 𝗵𝗼𝗿𝗮𝘀, celebrarase unha reunión aberta á veciñanza, ás persoas comuneiras e ás persoas propietarias interesadas na proposta de 𝗰𝗿𝗲𝗮𝗿 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗮𝗴𝗿𝘂𝗽𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗳𝗼𝗿𝗲𝘀𝘁𝗮𝗹 𝗻𝗼𝘀 𝗺𝗼𝗻𝘁𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝗟𝗼𝘂𝗿𝗶𝗱𝗼.

Durante o encontro aclararanse dúbidas e valorarase o interese das persoas propietarias para continuar con esta iniciativa, que permitirá 𝗮𝗴𝗿𝘂𝗽𝗮𝗿 𝗽𝗮𝗿𝗰𝗲𝗹𝗮𝘀 𝗲 𝘀𝘂𝗺𝗮𝗿 𝘀𝘂𝗽𝗲𝗿𝗳𝗶𝗰𝗶𝗲 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗳𝗮𝗰𝗶𝗹𝗶𝘁𝗮𝗿 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗺𝗲𝗹𝗹𝗼𝗿 𝘅𝗲𝘀𝘁𝗶𝗼́𝗻 𝗲 𝗮𝗽𝗿𝗼𝘃𝗲𝗶𝘁𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗱𝗼𝘀 𝗺𝗼𝗻𝘁𝗲𝘀.

👉 Para formar parte da agrupación unicamente é necesario ser persoa propietaria.

𝗖𝗮𝗻𝘁𝗮 𝗺𝗮́𝗶𝘀 𝘅𝗲𝗻𝘁𝗲 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗲, 𝗺𝗲𝗹𝗹𝗼𝗿!

🎉 A Sardiñada Popular volveu a converterse nunha gran noite de encontro e convivencia.Dende a Asociación Veciñal e Cultu...
29/06/2026

🎉 A Sardiñada Popular volveu a converterse nunha gran noite de encontro e convivencia.

Dende a Asociación Veciñal e Cultural de Fornelos da Ribeira e Lourido queremos agradecer a todas as persoas que nos acompañastes nesta nova edición da Sardiñada Popular.

As sardiñas, o chourizo, o xamón asado, a queimada, a actuación de Ondiñas do Mendo e os sorteos das doazóns contribuíron a crear un magnífico ambiente.

Grazas tamén ás empresas e entidades colaboradoras e ás persoas voluntarias que, co seu apoio e dedicación, fan posible actividades como esta.

Ata a próxima! ❤️


📢 SARDIÑADA POPULAR 2026 EN FORNELOS DA RIBEIRA 🐟🔥O vindeiro 27 de xuño ás 22:00 horas, a Asociación Veciñal e Cultural ...
19/06/2026

📢 SARDIÑADA POPULAR 2026 EN FORNELOS DA RIBEIRA 🐟🔥

O vindeiro 27 de xuño ás 22:00 horas, a Asociación Veciñal e Cultural de Fornelos da Ribeira e Lourido convida á veciñanza e visitantes a desfrutar dunha nova edición da nosa tradicional Sardiñada Popular.

🍽️ Haberá:

✅ Sardiñas
✅ Chourizo
✅ Xamón asado
✅ Queimada

🎶 Actuación do grupo de gaitas Ondiñas do Mendo.

🎁 Sorteos de doazóns achegadas polas entidades colaboradoras.

🎟️ Ademais, a primeira ración de sardiñas será gratuíta para as persoas asociadas.

Unha noite para compartir mesa, música e boa compañía, apoiando a vida social e cultural da nosa parroquia.

Agardámosvos para celebrar unha gran noite de festa!

Parabéns, Xabier! 👏🤖Dende a Asociación Veciñal queremos felicitar a Xabier Pino Merchán, veciño de Fornelos da Ribeira, ...
02/06/2026

Parabéns, Xabier! 👏🤖

Dende a Asociación Veciñal queremos felicitar a Xabier Pino Merchán, veciño de Fornelos da Ribeira, pola súa proclamación como campión galego de robótica educativa xunto ao seu compañeiro Joaquín Casal.

Un recoñecemento que pon en valor o esforzo, a dedicación e o talento da nosa mocidade, así como o importante apoio das súas familias e da comunidade educativa.

Desexámoslle moita sorte na fase nacional que se celebrará en Andorra e moitos máis éxitos no futuro.

O talento do rural tamén lidera a innovación e constrúe o futuro. Moitos parabéns, Xabier! 💙💛

♻️💚 Unha xornada para repetirA Feira de Segunda Man e Reciclaxe Creativa de Fornelos da Ribeira deixou un balance moi po...
01/06/2026

♻️💚 Unha xornada para repetir

A Feira de Segunda Man e Reciclaxe Creativa de Fornelos da Ribeira deixou un balance moi positivo, cunha boa asistencia de público ao longo de todo o día e un ambiente agradable e participativo.

Grazas ás persoas que montaron os seus postos, ás que se achegaron a mercar, compartir e pasar un bo rato, e tamén a todas as que colaboraron na organización e desenvolvemento da actividade.

Foi unha xornada de encontro veciñal, convivencia e reutilización, demostrando que pequenas accións tamén contribúen a construír unha comunidade máis dinámica e comprometida.

🎪 O espectáculo de Asacocirco Show puxo un magnífico broche final a unha tarde chea de actividade e bo ambiente.

Grazas a todas e todos por facelo posible.
Seguimos! ♻️✨

Dirección

Salvatierra De Miño
36455

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Veciñal e Cultural de Fornelos da Ribeira e Lourido publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Asociación Veciñal e Cultural de Fornelos da Ribeira e Lourido:

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos