Plataforma en defensa da sanidade pública do Condado

Cómo llegar

Plataforma en defensa da sanidade pública do Condado Plataforma cidadá para a defensa da Sanidade Pública do Condado e A Paradanta Mediante a cotización á seguridade social financiamos os servizos sanitarios.

�MANIFESTO DA PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DO CONDADO �

Na Plataforma En Defensa da Sanidade Pública do Condado unímonos para defender unha sanidade pública e de calidade; movidas pola convicción de que o acceso á sanidade é un dereito humano básico, que debe garantirse en condicións de igualdade para todas as persoas. A diminución da calidade do Sistema Público de Saúde implica un recorte dos nosos salarios. Polo tanto, se o goberno non garante un servizo de calidade o noso salario indirecto vese reducido: estamos recibindo menos polo noso traballo. Para recuperar unha sanidade pública de calidade, trasladámoslle ao SERGAS as seguintes reivindicacións:

• Reducir as listaxes de espera para citas, cirurxías e probas diagnósticas.
• Reducir as listaxes de agarda para medicina de familia a un máximo de 24h.
• Recuperar as consultas presenciais na Atención Primaria.
• Dotar aos centros de saúde públicos do persoal sanitario e non sanitario necesario, asegurando que se cubran as baixas e vacacións. Por exemplo, no centro de saúde de Mondariz precísase un novo médico de cabeceira. En Ponteareas, débese alcanzar a cifra de 15 médicos e médicas.
• Abrir as consultas do centro de saúde de Salvaterra tamén pola tarde, para a conciliación familiar.
• Reforzar o persoal sanitario no PAC de Ponteareas, incluíndo un pediatra.
• Implantar a unidade de raios en Ponteareas en quenda de mañá e tarde que atenda tamén o resto do Condado.
• Implantar o Servizo de Saúde Mental en Ponteareas.
• Retomar as campañas de prevención da saúde e educación na saúde para persoas con enfermidades crónicas.
• Cubrir as entradas dos Centros de Saúde para os tempos de espera.
• Implantar a enfermería escolar nos institutos do Condado.
• Aumentar o orzamento dedicado á Atención Primaria dos centros de saúde públicos. Nos últimos anos a sanidade pública degradouse considerablemente:
• non debemos consentir que nos dean citas para o médico de cabeceira ou para realizar probas diagnósticas con semanas de espera;
• non debemos consentir que nos consulten as doenzas por teléfono;
• non debemos consentir a insuficiencia de persoal para tramitar as citas;
• non debemos consentir que ao chegar a Urxencias todos os equipos médicos estean ocupados nun desprazamento;
• non debemos consentir unha dotación de ambulancias insuficiente;
• non debemos consentir que continúen degradando a sanidade pública. Denunciamos que esta degradación é deliberada para beneficiar ao sector sanitario privado. O mal funcionamento da sanidade pública provoca que cada vez máis persoas recorran á sanidade privada. A xestión privatizadora da Xunta favorece o negocio privado a costa de suprimir un dereito fundamental. O modelo sanitario de Rueda e o PP é inxusto. Con este modelo só teñen acceso a unha sanidade de calidade quen a poida pagar. Como consecuencia, a esperanza de vida de moitas persoas é menor só polo feito de ser pobre. Con este modelo só gañan as empresas privadas dedicadas a sanidade. Este é o obxectivo real das políticas neoliberais do PP: desposuírnos dos nosos dereitos para favorecer o beneficio privado. Somos conscientes de que as nosas reivindicacións non son fáciles de acadar. Para cambiar as políticas da Xunta, son necesarias mobilización permanente e loita. É así como conseguiremos que moitas persoas se informen sobre os plans privatizadores do PP, obrigándoo a cambialos para non perder o apoio electoral. Por este motivo, agradecemos a asistencia ás nosas mobilizacións pero, sobre todo, chamamos a todas as persoas e colectivos conscientes a que se unan á Plataforma ou secunden as súas convocatorias para, deste xeito, aumentar a nosa capacidade de que esta mensaxe chegue a máxima xente posible. Só así evitaremos o desmantelamento dun ben esencial para levar unha vida con dignidade.

29/10/2026

𝗔 𝗣𝗹𝗮𝘁𝗮𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮 𝗦𝗢𝗦 𝗦𝗮𝗻𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗣ú𝗯𝗹𝗶𝗰𝗮 𝗱𝗲 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮 𝗮𝗽𝗼𝗶𝗮 𝗮 𝗺𝗮𝗻𝗶𝗳𝗲𝘀𝘁𝗮𝗰𝗶ó𝗻 𝗰𝗼𝗻𝘃𝗼𝗰𝗮𝗱𝗮 𝗽𝗼𝗿 𝗦𝗢𝗦 𝗱𝗲 𝗩𝗶𝗴𝗼 𝗼 𝗱𝗶𝗮 𝟰 𝗱𝗲 𝗻𝗼𝘃𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗳𝗿𝗲𝗮𝗿 𝗮 𝗱𝗲𝘀𝘁𝗿𝘂𝗰𝗶ó𝗻 𝗱𝗮 𝗔𝘁𝗲𝗻𝗰𝗶ó𝗻 𝗛𝗼𝘀𝗽𝗶𝘁𝗮𝗹𝗮𝗿𝗶𝗮 𝗱𝗲 𝗩𝗶𝗴𝗼
perpetrada pola Xunta de Galicia, que puxo en mans de empresas multinacionais toda a atención hospitalaria dun área de 600.000 habitantes do Área Sanitaria, ocasionando un total desastre hospitalario.

A Xunta de Galicia gobernada polo Partido Popular privatizou toda a atención Hospitalaria de Vigo e esta a desmantelar a Atención Primaria:

•𝗛𝗼𝘀𝗽𝗶𝘁𝗮𝗹 Á𝗹𝘃𝗮𝗿𝗼 𝗖𝘂𝗻𝗾𝘂𝗲𝗶𝗿𝗼 esta en mans do fondo de inversión francés Meridiam que adquiriu a concesión de Acciona. 𝗢 𝗦𝗘𝗥𝗚𝗔𝗦 𝗿𝗲𝗰𝗼𝗿𝘁𝗼𝘂 𝘂𝗻 𝟯𝟬% 𝗼𝘀 𝗿𝗲𝗰𝘂𝗿𝘀𝗼𝘀 𝗽𝗿𝗲𝘃𝗶𝘀𝘁𝗼𝘀 𝗶𝗻𝗶𝗰𝗶𝗮𝗹𝗺𝗲𝗻𝘁𝗲 polo Goberno Bipartito,𝘁𝗲𝗻 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗱𝗮𝘀 𝗺𝗮𝗶𝗼𝗿𝗲𝘀 𝗹𝗶𝘀𝘁𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗮𝗴𝗮𝗿𝗱𝗮 𝗲 𝗾𝘂𝗲 𝗺𝗮𝗶𝘀 𝗺𝗲𝗱𝗿𝗮𝗻 (86 en cirurxía, 60 e consultas e 127 en probas diagnosticas) e esta desbordado polo traslado de mais de 40.000 persoas atendidas inicialmente polo hospital POVISA

• 𝗛𝗼𝘀𝗽𝗶𝘁𝗮𝗹 𝗣𝗢𝗩𝗜𝗦𝗔 actualmente en mans da multinacional francesa Vivalto Santé atravesa unha gran crise por que esta empresa quere vendelo a outra multinacional para o que𝗲𝘀𝘁á 𝗮 𝗱𝗲𝘀𝗽𝗿𝗲𝗻𝗱𝗲𝗿𝘀𝗲 𝗱𝗲 𝗽𝗮𝗰𝗶𝗲𝗻𝘁𝗲𝘀 𝗱𝗮 𝘀𝗮𝗻𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗽ú𝗯𝗹𝗶𝗰𝗮 𝗲 𝗱𝗲 𝗽𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝗹 𝗲𝘀𝗽𝗲𝗰𝗶𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮𝗱𝗼 (para abaratar o prezo da venta)

• 𝗔 𝗔𝘁𝗲𝗻𝗰𝗶ó𝗻 𝗣𝗿𝗶𝗺𝗮𝗿𝗶𝗮 𝗮𝗰𝘂𝗺𝘂𝗹𝗮 𝗹𝗶𝘀𝘁𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗲𝘀𝗽𝗲𝗿𝗮 𝗱𝗲 𝗵𝗮𝘀𝘁𝗮 𝘁𝗿𝗲𝘀 𝗲 𝗰𝗮𝘁𝗿𝗼 𝘀𝗲𝗺𝗮𝗻𝗮𝘀 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗰𝗼𝗻𝘀𝗲𝗴𝘂𝗶𝗿 𝗰𝗶𝘁𝗮 𝗲𝗻 𝗺𝗲𝗱𝗶𝗰𝗶𝗻𝗮 𝗱𝗲 𝗳𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮 𝘆 𝗽𝗲𝗱𝗶𝗮𝘁𝗿í𝗮, o SERGAS pechou Centros de Saúde e o servizo de urxencias de pediatría o que satura as do Hospital Cunqueiro.

SOS Sanidade Pública de Galicia acordou na ultima xuntanza facer un chamamento a tódalas plataformas e organizacións socias e profesionais galegas a solidarizarse con Vigo e apoiar una mobilización na que esta en xogo o futuro de todo o Sistema Sanitario Público Galego.

𝗢 𝗱𝗶𝗮 𝟰 𝗮𝘀 𝟭𝟵 𝗵𝗼𝗿𝗮𝘀 𝗻𝗮 𝗽𝗿𝗮𝘇𝗮 𝗱𝗲 𝗘𝘀𝗽𝗮ñ𝗮 (𝗣𝗿𝗮𝘇𝗮 𝗱𝗼𝘀 𝗖𝗮𝗯𝗮𝗹𝗼𝘀)

Manuel Martin. Voceiro

🟩 O pasado xoves 15 de outubro, as compañeiras da plataforma portaron as camisolas da   para defender en Europa que a Sa...
18/10/2026

🟩 O pasado xoves 15 de outubro, as compañeiras da plataforma portaron as camisolas da para defender en Europa que a Sanidade Pública é un piar fundamental para habitar os nosos pobos.

🟩 Na Conferencia sobre o Dereito a permanecer no rural no Parlamento Europeo, da man da Eurodeputada , porque sen saúde non pode haber calidade de vida no rural.

🟥 Seguimos loitando contra a privatización e o desmantelamento da Sanidade Pública; demandando máis Atención Primaria, máis Atención Hospitalaria e máis Saúde Mental no Rural 💪🏽💪

́blica

🟥 O pasado martes 13 asistimos ao Pleno do Concello de Mondariz, para presentar a Moción na que se solicita a volta do s...
17/10/2026

🟥 O pasado martes 13 asistimos ao Pleno do Concello de Mondariz, para presentar a Moción na que se solicita a volta do servizo de Saúde Mental do Hospital Nicolás Peña en Vigo para Ponteareas.

👉🏾 Aprobouse por unanimidade 👏🏻

👉🏿 Pero o máis sorprendente foi o que afirmou o Alcalde de Mondariz do PP:
1. A Unidade de SM volta en novembro (de ser certo sería estupendo).
2. No seu momento ofreceu unha alternativa de local en Mondariz para que a Unidade de Saúde Mental non se trasladase a Vigo, pero non se aceptou 😳

🟩 Agradecer poder presentala, e agradecer tamén ás persoas que asistiron, acompañaron, e apoiaron á Plataforma en defensa da sanidade pública do Condado e da Paradanta.

🟥 Seguimos na loita, pola Sanidade Pública, a Atención Primaria e a Saúde Mental que nos corresponde ✊✊🏿

́dementalimporta

🏥*PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DO CONDADO E A PARADANTA* 🏥🩺 👉🏽 Mañá en Mondariz, lévase ao pleno a moción p...
12/10/2026

🏥*PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DO CONDADO E A PARADANTA* 🏥🩺

👉🏽 Mañá en Mondariz, lévase ao pleno a moción proposta pola Plataforma en Defensa da Sanidade Publica sobre Saúde Mental:

🗓️ Día: Martes 13 de outubro

📍 Salón de plenos-Concello de Mondariz

⏰ Ás 20:30h.


👉Acompáñanos coa túa camiseta, o
teu apoio é importante, asiste!!

Seguimos na loita, pola Sanidade Pública, a Atención Primaria e a Saúde Mental que nos corresponde ✊🏼✊🏿

🏥*PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DO CONDADO E A PARADANTA* 🏥🩺 🔴 Hoxe no 10 de outubro Día Mundial da Saúde Me...
10/10/2026

🏥*PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DO CONDADO E A PARADANTA* 🏥🩺

🔴 Hoxe no 10 de outubro Día Mundial da Saúde Mental:

👉🏻 A Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública (FADSP) sitúa Galicia como a oitava comunidade autónoma con maior grao de privatización sanitaria, cunha puntuación de 22 puntos no seu índice para 2026, fronte aos 19 do ano anterior.

É a autonomía na que a cidadanía realiza un maior gasto sanitario do seu peto, cunha media de 658,85 euros por habitante.
https://www.galiciaconfidencial.com/noticia/6043850-estudo-situa-galicia-como-oitava-comunidade-maior-privatizacion-sanitaria

👉🏿 GALICIA É A AUTONOMÍA CON MAIOR GASTO FARMACÉUTICO SOBRE O TOTAL SANITARIO. O Consello de Contas fixo público este mércores un informe de fiscalización do gasto farmacéutico do Sergas no que constata que Galicia é a comunidade na que maior porcentaxe supoñen os medicamentos sobre o total do gasto sanitario, con 1.474 millóns de euros, un 27,5% dos 5.365 millóns de euros de gasto sanitario total rexistrado en 2023, o ano da auditoría.
https://praza.gal/politica/galicia-e-a-autonomia-con-maior-gasto-farmaceutico-sobre-o-total-sanitario

👉🏽 A XUNTA RECOÑECE ATRASOS EN CIRURXÍAS E AUMENTO NAS LISTAS DE AGARDA PERO CULPA AO GOBERNO CENTRAL E A FOLGA MEDICA CORPORATIVA, cifra en case 280.000 os actos asistenciais suspendidos desde decembro.
https://www.galiciaconfidencial.com/noticia/6043721-sanidade-reprogramara-as-citas-e-reforzara-servizos-atraso-recuperar-actividade-afectada-pola-folga

👉🏿 A "BRECHA DA BATA BRANCA", CADA VEZ MÁIS EVIDENTE ENTRE AS ENFERMEIRAS "NINGUNEADAS" NO SERGAS. Manuel Fariñas, secretario de acción sindical de SATSE en Galicia, explica a Galiciapress e non descartan o de convocar unha folga. Iniciaron o mes de octubre cunha concentración ante la Consellería de Sanidade. Faltan 7.000 enfermeiras
https://www.galiciapress.es/articulo/sanidad/2026-10-08/6043727-brecha-bata-blanca-cada-vez-evidente-entre-enfermeras-ninguneados-sergas?utm_campaign=webpush&utm_source=webpush&utm_medium=webpush

🏥*PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DO CONDADO E A PARADANTA* 🏥🩺 👉🏽 O vindeiro martes 13 de outubro en Mondariz,...
02/10/2026

🏥*PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DO CONDADO E A PARADANTA* 🏥🩺

👉🏽 O vindeiro martes 13 de outubro en Mondariz, lévase ao pleno a moción proposta pola Plataforma en Defensa da Sanidade Publica sobre Saúde Mental ás 20h.

👉Acompáñanos coa túa camiseta, o
teu apoio e importante!!

Seguimos na loita, pola Sanidade Pública, a Atención Primaria e a Saúde Mental que nos corresponde ✊🏼✊🏿

01/10/2026

🧠 SEMANA DA SAÚDE MENTAL | SAÚDE MENTAL E TRABALLO

A 𝑷𝒍𝒂𝒕𝒂𝒇𝒐𝒓𝒎𝒂 𝑺𝑶𝑺 𝑺𝒂𝒏𝒊𝒅𝒂𝒅𝒆 𝑷𝒖𝒃𝒍𝒊𝒄𝒂 𝑮𝒂𝒍𝒆𝒈𝒂, en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, o 𝑴𝒐𝒗𝒆𝒎𝒆𝒏𝒕𝒐 𝑮𝒂𝒍𝒆𝒈𝒐 𝒅𝒆 𝑺𝒂𝒖𝒅𝒆 𝑴𝒆𝒏𝒕𝒂𝒍 e a 𝑨𝒔𝒐𝒄𝒊𝒂𝒄𝒊𝒐𝒏 𝒅𝒆 𝑷𝒔𝒊𝒄𝒐𝒍𝒐𝒙𝒊𝒂 𝑪𝒍𝒊𝒏𝒊𝒄𝒂 𝒅𝒐 𝑺𝑬𝑹𝑮𝑨𝑺, organiza a 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀 𝐃𝐀 𝐒𝐀𝐔𝐃𝐄 𝐌𝐄𝐍𝐓𝐀𝐋, que se desenvolverá do 5 ao 11 de outubro en diferentes localidades de Galicia.

Durante estes días celebraranse Mesas de Debate sobre “Saúde Mental e Traballo”, nas que participarán:
🔹 Unha persoa moderadora da Plataforma SOS Sanidade Pública Galega.
🔹 Unha/un psicóloga/o clínica/o.
🔹 Unha/un representante sindical.

📍 Están previstas mesas de debate en 10 localidades galegas. No cartel que acompaña esta publicación podedes consultar todas as datas, horarios e lugares.

📌 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 | 𝟏𝟎 𝐃𝐄 𝐎𝐔𝐓𝐔𝐁𝐑𝐎

🕚 11:00 h
📍 Praza do Toural, Santiago de Compostela
☔ En caso de choiva, a mesa trasladarase ao CSC do Castiñeiriño.

E, ao rematar a Mesa de Debate, ás 12:30 h, terá lugar na Praza do Toural o Acto Nacional, coa lectura do Manifesto a cargo do escritor Suso de Toro.

🩺 A saúde mental tamén é saúde. Falamos de traballo, dereitos e saúde.

🟥 Hoxe, mércores 30 de setembro, asistimos ao Pleno do Concello de Ponteareas, despois da concentración previa.🟥 Viñemos...
30/09/2026

🟥 Hoxe, mércores 30 de setembro, asistimos ao Pleno do Concello de Ponteareas, despois da concentración previa.

🟥 Viñemos solicitar á volta do servizo de Saúde Mental do Hospital Nicolás Peña en Vigo para Ponteareas.

👉🏾 Agradecemos a oportunidade que se nos proporcionou para explicar a moción, que fora presentada polos grupos da oposición Cristina Fernández Davila , PSdeG-PSOE Ponteareas e de Ponteareas en común, así como o apoio que posteriormente fixeron dela.

👉 A pesar da incómoda situación durante as distintas intervencións, e de que as explicacións da concelleira e Xefa de Servizo Raquel Plana non convenceron nada, aprobouse.

👉🏻 Esperamos que non quede en papel mollado, e presentaremos a moción noutros plenos.

🟥 Seguimos na loita, pola Sanidade Pública, a Atención Primaria e a Saúde Mental que nos corresponde ✊✊🏿

́dementalimporta

⚠️⚠️⚠️ CONCENTRACIÓN⚠️⚠️⚠️❌❌Como acordamos na asemblea pasada, concentrarémonos diante do Concello de Ponteareas para po...
28/09/2026

⚠️⚠️⚠️ CONCENTRACIÓN⚠️⚠️⚠️

❌❌Como acordamos na asemblea pasada, concentrarémonos diante do Concello de Ponteareas para posteriormente asistir ao Pleno, e dar apoio á moción sobre a Unidade de Saúde Mental💪💪🏾

📆 Mércores 30 de setembro

📍Diante do Concello de Ponteareas

⏰ ás 19:30h.

💚🏥 A Sanidade Pública, a Atención Primaria e a Saúde Mental son fundamentais‼️

➡️ Na asemblea de onte analizamos a actual situación e o traslado da Unidade de Saúde Mental de Ponteareas ao Nicolás Pe...
22/09/2026

➡️ Na asemblea de onte analizamos a actual situación e o traslado da Unidade de Saúde Mental de Ponteareas ao Nicolás Peña, en Vigo, por parte do Sergas.

➡️➡️ Empezar agradecendo a asistencia, participación e aportacións, que servirán para informar e completar as publicacións, e as mocións que se presentarán nos plenos municipais.

➡️➡️➡️ Chegamos a varias conclusións, entre a que destaca, algo no que insistimos bastante e que resulta IMPRESCINDIBLE: mobilización social e organizada 💪🏽✊💪🏾✊🏿

📢 Animamos á participación nos plenos mais inminentes, ónde se presentan as mocións de saúde, que son:

⭕ Luns 28 de setembro en Salvaterra de Miño ás 10h. no salón de plenos do concello.

⭕ Mércores 30 de setembro en Ponteareas ás 20h. no salón de plenos do concello.

Hai que presionar para que se apoie á volta da Saúde Mental a Ponteareas, que todos os concellos se posicionen e aproben a moción, porque a saúde da súa veciñanza así o precisa 😷🤕

💚🏥 A Sanidade Pública, a Atención Primaria e a Saúde Mental son fundamentais‼️

Dirección

Puenteareas

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Plataforma en defensa da sanidade pública do Condado publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos