16/04/2026
AUTOVÍA CELANOVA - .
🙏🙏 POR FAVOR COMPARTE 🙏🙏
SEGUIMOS ….. 08/04/2026
QUÉDANOS MOITO CAMIÑO QUE RECORRER.
Na Galicia interior, a ESQUECIDA, a que NON CONTA PARA NADA, seguimos agonizando. A Galicia da Costa está en “progreso”, outras zonas estarán en “estancamento” pero a Galicia Interior e a Baixa Limia, en concreto, estamos en DECLIVE. Nos últimos 60 anos perdemos máis do 75% da poboación.
No Parlamento de Galicia estase a celebrar neste momento o Debate sobre o Estado da Autonomía. O voceiro do Grupo Mixto, D. Armando Ogea, de Democracia Ourensana , recordoulle ó Presidente da Xunta que “Ourense Existe”. Na lista de autovías autonómicas a executar próximamente que nomeou o sr. presidente, non está incluida a .
Seguimos a ser IGNORADOS, a pesar dos milleiros de apoios, (PARTICULARES, INSTITUCIONAIS, DO COMERCIO, DA EMPRESA, ASOCIACIÓNS ETC ….) que tivo a iniciativa veciñal para reclamar a PROLONGACIÓN DA AG31 ATA A FRONTEIRA DA MADALENA.
¿¿¿¿ Acordaranse de nós algún día ????
SEGUIREMOS …..