Aceesca Asociación

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Aceesca Asociación Traballamos para a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual promovendo os seus dereitos e a súa autonomía e autodeterminación

🗣️ A nosa voz conta!Hoxe o grupo de autoxestores de Aceesca, “Os Dez de Porriño”, participou no XXIV Encontro Autonómico...
30/10/2026

🗣️ A nosa voz conta!

Hoxe o grupo de autoxestores de Aceesca, “Os Dez de Porriño”, participou no XXIV Encontro Autonómico de Persoas Autoxestoras de Galicia, organizado por Fademga Plena Inclusion Galicia 💜

Unha xornada para compartir experiencias, expresar opinións e falar sobre cuestións que forman parte da vida de cada persoa: como queremos vivir, que apoios necesitamos, como desfrutamos do noso tempo libre ou que cambios queremos impulsar nas nosas entidades.

Porque participar é moito máis que estar presente: é poder decidir, propoñer, opinar e que a túa voz sexa escoitada. 💪🏼

Seguimos aprendendo máis alá da aula. ✈️📚O proxecto MADA (Máis Alá da Aula) entra xa na súa recta final, pero aínda nos ...
28/10/2026

Seguimos aprendendo máis alá da aula. ✈️📚

O proxecto MADA (Máis Alá da Aula) entra xa na súa recta final, pero aínda nos segue deixando experiencias e aprendizaxes moi valiosas.

Nesta ocasión tivemos a oportunidade de viaxar ata Valladolid xunto co alumnado e algunhas familias para visitar o Centro San Juan de Dios Valladolid e coñecer de preto o seu funcionamento, así como algúns dos proxectos de vida que desenvolven coas persoas usuarias.

Unha oportunidade para compartir aprendizaxes, intercambiar impresións e seguir ampliando a nosa mirada cara ao futuro. 🤝✨

Grazas ao equipo de San Juan de Dios pola acollida e por compartir connosco o seu traballo. 💜

EduCaixa

🌍💚 Pequenos xestos, grandes aprendizaxes.Así conmemoramos o Día Mundial contra o Cambio Climático, participando en activ...
27/10/2026

🌍💚 Pequenos xestos, grandes aprendizaxes.

Así conmemoramos o Día Mundial contra o Cambio Climático, participando en actividades sobre reciclaxe, clasificación de residuos e enerxías renovables dentro do programa Voz Natura

Porque coñecer, respectar e coidar o noso entorno tamén é unha forma de construír comunidade e de contribuír, entre todas e todos, a un futuro máis sostible. 🌱♻️

Erasmus+ Diversidade en Escena ✨💜A semana pasada Dunia volveu de Ostuni tras participar no proxecto Erasmus+, financiado...
26/10/2026

Erasmus+ Diversidade en Escena ✨💜

A semana pasada Dunia volveu de Ostuni tras participar no proxecto Erasmus+, financiado a través do INJUVE.

Foron días de teatro inclusivo, aprendizaxes compartidas, novas amizades e moitas experiencias para gardar na memoria. 🎭✨

Viaxar, coñecer outras realidades e compartir con persoas doutros países tamén é unha forma de medrar, gañar confianza e descubrir novas oportunidades.

Estas fotos son só unha pequena mostra de todo o vivido durante esta aventura. 📸🌍

Unímonos á EU Code Week  ! ✨💻Desde   estamos a participar de cheo na Semana Europea da Programación🚀 Por iso, durante es...
23/10/2026

Unímonos á EU Code Week ! ✨💻

Desde estamos a participar de cheo na Semana Europea da Programación🚀 Por iso, durante estes días, o noso espazo converteuse nun auténtico laboratorio de aprendizaxe e diversión. 🎉🤖

A través do xogo e da exploración, o alumnado do noso Centro Educativo achegouse a ferramentas como:

⚙️ Korbo EDU, descubrindo o movemento e a construción.
🏗️ Kapla, potenciando a creatividade e o equilibrio
🤖 Coding Set de Matatalab, dando os primeiros pasos na programación e no pensamento lóxico.

Pero o máis importante foi ver como cada persoa participou activamente, experimentou, tomou decisións e aprendeu ao seu propio ritmo. 💜

Porque a tecnoloxía, a creatividade e a innovación tamén son ferramentas para construír oportunidades e favorecer a participación de todas as persoas.

E isto só acaba de empezar... seguiremos creando, explorando e aprendendo xuntos! ✨


23/10/2026

💡 Toda gran iniciativa comienza con una idea.

Hoy hemos participado en "Da túa idea ao teu negocio", una jornada organizada por IN-RED Galicia con el apoyo del Concello de Nigrán y la Rede Eusumo, para conocer experiencias, compartir aprendizajes y explorar nuevas oportunidades en torno al emprendimiento social.

En LUME creemos en el poder del empleo y de los proyectos con impacto social para generar oportunidades reales. Por eso, ha sido un placer formar parte de este encuentro donde el talento, la innovación y la economía social han sido los protagonistas.

🤝 Compartimos ideas.
🚀 Conocimos proyectos inspiradores.
📚 Descubrimos herramientas para transformar ideas en iniciativas sostenibles.

Porque cuando las personas están en el centro, las oportunidades crecen.

💜 Moito máis que anos compartidos.Durante a nosa convivencia quixemos dedicar un momento moi especial para agradecer o c...
22/10/2026

💜 Moito máis que anos compartidos.

Durante a nosa convivencia quixemos dedicar un momento moi especial para agradecer o compromiso das persoas voluntarias e profesionais que levan anos formando parte de Aceesca.

Este ano recoñecemos ás persoas que cumpren máis de 10 e 20 anos de traxectoria na entidade, así como ás persoas voluntarias que, coa súa implicación e dedicación, contribúen a facer medrar este proxecto día tras día.

Detrás de cada ano compartido hai esforzo, aprendizaxes, retos, acompañamento e moitos momentos vividos xuntos.

Nas imaxes aparecen as persoas que puideron acompañarnos neste recoñecemento, pero o noso agradecemento é para todas elas.

Grazas por formar parte da historia de Aceesca e por seguir sumando cada día. 💜

22/10/2026

Dirección

Torneiros Ribeira, Pol. III, 24 A-B
Porriño
36410

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 17:30
Martes 09:00 - 17:30
Miércoles 09:00 - 17:30
Jueves 09:00 - 17:30
Viernes 09:00 - 17:30

Teléfono

+34986332672

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Aceesca Asociación publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Aceesca Asociación:

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos


Otros Organización sin ánimo de lucro en O Porriño

Ver Todo