Asociación Cultural Casa Verde

Cómo llegar Contactar con la organización

Asociación Cultural Casa Verde Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Asociación Cultural Casa Verde, Asociación vecinal, Igrexa 42, Salcedo, Pontevedra.

🌊 AS ILLAS DOS DEUSES 🌊 ​Que segredos esconden os castros, as fábricas de salga, as vidas dos anacoretas, as incursións ...
10/11/2026

🌊 AS ILLAS DOS DEUSES 🌊

​Que segredos esconden os castros, as fábricas de salga, as vidas dos anacoretas, as incursións piratas e os antigos poboadores de Cíes, Ons e Sálvora?

​Acompáñanos este xoves a descubrir a fascinante historia e misterios que arrodean o noso patrimonio insular na conferencia de Buenaventura Aparicio.

​Un encontro imprescindible dentro das IX Xornadas de Antropoloxía: "A cultura expresiva: as artes na transmisión cultural".

​📍 Onde: Centro Social de Salcedo (A Casa Verde)

🗓️ Cando: Xoves, 12 de novembro

⏰ Hora: 19:30 h

​Entrada de balde ata completar aforo. Non o perdas! ✨

​Organiza: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA)

Colaboran: Asociación Cultural Casa Verde e Concello de Pontevedra

​.


🎃👻 MENUDA TARDE DE SAMAÍN! 👻🎃​Aínda coa resaca emocional do ambientazo de onte na Casa Verde: cheo absoluto, disfraces i...
26/10/2026

🎃👻 MENUDA TARDE DE SAMAÍN! 👻🎃
​Aínda coa resaca emocional do ambientazo de onte na Casa Verde: cheo absoluto, disfraces incribles e moitísima festa!
​Este ano o noso monte foi o protagonista con cabanas prehistóricas, pedras senlleiras e ata o famoso xabaril botando uns bailes entre nós!
​✨ Javi Solla foi un auténtico crack poñendo a bailar a todo o mundo sen parar.
🕸️ O labirinto do terror, un éxito total cheo de colas, sustos e moitas risas.
​Grazas infinitas á Comunidade Montes Salcedo e a Deputación Pontevedra polo seu apoio constante para facelo posible.
E, sobre todo, grazas aos centos e centos de rapaces e ás súas nais e pais por participar con tanta ilusión e encher a Casa Verde de vida.
Sen vós, nada disto tería sentido! 💚
​Vémonos na vindeira! 🦇🕯️
​

Se non fuches ao Samaín, mira todo o que che perdeches por quedar no sofá.Aquí vai un pequeno resumo da nosa "aldea preh...
26/10/2026

Se non fuches ao Samaín, mira todo o que che perdeches por quedar no sofá.
Aquí vai un pequeno resumo da nosa "aldea prehistórica do terror:
🐗 Un xabaril custodio vixiando os sacos de patacas.
🛖 Unha palloza con veciños de ultratumba.
🪨 Un dolmen sanguento con máis glamur ca Stonehenge.
✨ A Moura e a súa tropa de pantasmas berrando máis que nós coa factura da luz.
Horas de traballo, imaxinación e maña das nosas propias mans para que o pasásemos en grande. Para o ano non tendes escusa! 🎃👻🕸️
​Para o ano que vén non tedes perdón! 😈
​

🎃 HAI COUSAS QUE ESPERTAN CANDO CHEGA O SAMAÍN... 👁️🍂​Xa falta menos para a data máis agardada do outono na Casa Verde! ...
06/10/2026

🎃 HAI COUSAS QUE ESPERTAN CANDO CHEGA O SAMAÍN... 👁️🍂

​Xa falta menos para a data máis agardada do outono na Casa Verde! Como ben sabedes, cada ano mergullámonos nun universo diferente para celebrar esta noite tan nosa... e este 2026 non ía ser menos.

​Queredes saber cal é a temática deste ano? Pois non vos imos revelar o segredo tan axiña, pero imos deixarvos a primeira pista:

​📜 Hai pedras que gardan memoria, símbolos gravados no tempo e historias moi achegadas a nós que levan séculos agardando entre sombras e lumes para saír á luz... Mirade ben a imaxe: que vos din eses trazos sobre a rocha? 🌀🏹

​Ide preparando o voso disfrace máis enxeñoso, porque o que estamos a preparar vos vai deixar sen alento.

​📅 Cando? Sábado, 24 de outubro

🕠 A que hora? Dende as 17:30 h

📍 Onde? Centro Social Casa Verde

🎟️ Entrada: De balde!

​Teremos moita festa e troula da man de Javi Solla e, para as persoas máis valentes... un arrepiante Labirinto do Terror! 👻🔥

​Atrevédesvos a adiviñar por onde van os tiros coa temática deste ano? Deixádenos as vosas apostas nos comentarios! 👇👀

📚✨ Estreamos CLUB DE LECTURA na Casa Verde! ✨📚Por primeira vez, desde a Asociación Cultural Casa Verde lanzámonos a unha...
16/09/2026

📚✨ Estreamos CLUB DE LECTURA na Casa Verde! ✨📚

Por primeira vez, desde a Asociación Cultural Casa Verde lanzámonos a unha nova aventura e queremos que formedes parte dela: Nace o noso primeiro CLUB DE LECTURA!

​Cremos firmemente que ler é moito máis que pasar páxinas; é compartir, é descubrir e é medrar xuntos. Queremos que este novo club sexa un espazo acolledor onde poidamos conversar, aprender, emocionar connosco e, sobre todo, g***r dos libros en boa compañía. Porque cada libro que abrimos non só nos leva a novas historias, senón que tamén nos abre a porta a novas amizades no nosa veciñanza.

​📍 Onde? Centro Social Casa Verde.

​🗓️ Cando? Todos os primeiros venres de mes. Comezamos o venres 2 de outubro!

​⏰ Hora: De 19:00 a 20.30h.

​👥 Para quen? Para calquera persoa adulta e nenos/as maiores de 16 anos con ganas de ler e compartir.

​📲 Inscricións: Só tes que enviarnos unha mensaxe por WHATSAPP ao 625 876 356.

​Agardámoste coas páxinas abertas e moita ilusión ! 🤎 Non faltes!

🎉 Arrancamos a nova tempada polo alto! ✨​Este curso chega cargado de enerxía, ilusión e unha programación chea de activi...
13/09/2026

🎉 Arrancamos a nova tempada polo alto! ✨

​Este curso chega cargado de enerxía, ilusión e unha programación chea de actividades para todas as idades. Temos moitas ganas de compartir grandes momentos con vós, e que mellor maneira de comezar que cunha tarde chea de risas e música en familia?

​Inauguramos a tempada co espectáculo «CONTA, CANTA E BINGO!» da man da xenial Maria Carrera 🎸✨
​Vinde preparadas e preparados porque temos un planazo:
​🧙‍♀️ Comezaremos co divertidísimo contacontos «A bruxa Maruxa».
​🎱🎶 E despois... a vibrar co noso Bingo Musical! Cantaremos temas actuais, clásicos de Disney e moito máis. Ademais... hai premios para quen cante bingo! 🎁

​Toma nota de todos os datos:

​📅 Cando: 26 de setembro

​⏰ Hora: 18:00 h

​📍 Onde: Centro Social Casa Verde (Salcedo)

​🎟️ Entrada: De balde!

​Non quededes na casa: vinde cantar, xogar e dar o pistoletazo de saída a esta tempada tan especial. Agardámosvos a todas e todos! 💜

GRAZAS polo serán máis máxico! ✨​Queremos dar un agradecemento xigante a todos as familias que onte viñestes disfrutar d...
21/06/2026

GRAZAS polo serán máis máxico! ✨

​Queremos dar un agradecemento xigante a todos as familias que onte viñestes disfrutar da actividade "Entre Lusco e Fusco" coa Asociación Cultural Casa Verde 🌅💚.

​Pasámolo en grande aprendendo nos obradoiros, viaxando ao espazo coa visita do astronauta e disfrutando do cine coas curtas dentro da caravana do Festivaliño 🚀🎬🍿.

​A vosa ilusión e enerxía fan que todo valla a pena!😊 ❤️
Grazas tamén a Barafunda Teatro, Festivaliño on the road e a VENTOS Estudos Ambientais.
Deixámosvos un resumo en fotos deste día inesquecible! 📸👇

​Vémonos na vindeira! 👋

​

🚀 ENTRE LUSCO E FUSCO! 🌌 O festival onde a astronomía, a ciencia e a imaxinación se xuntan nunha tarde-noite máxica.​Est...
07/06/2026

🚀 ENTRE LUSCO E FUSCO! 🌌 O festival onde a astronomía, a ciencia e a imaxinación se xuntan nunha tarde-noite máxica.

​Estás listo para mirar ás estrelas e imaxinar sen límites? Prepárate para unha xornada única pensada para desfrutar con toda a familia. E o mellor de todo é que a entrada é de balde! 💸✨

​📝 Toma nota da programación:

​⏰ 19:00 h – Comezo do festival.

​🎬 FESTIVALIÑO : Unha mostra de curtas temáticas do espazo que te farán viaxar polas galaxias.

​🔭 OBRADOIRO DE ASTRONOMÍA : Para descubrir os segredos do universo e aprender a mirar o ceo coma un auténtico astrónomo.

​🎭 20:00 h – BARAFUNDA: Un espectáculo espectacular de ciencia ficción e fantasía para toda a familia. ¡As risas e a maxia están aseguradas! 👽👾

​📍 Onde? Centro Social Casa Verde.

📅 Cando? 20 de xuño.

👶👵 Idades: Unha actividade perfecta para todas as idades.

​Non deixedes que volo conten! Traede as vosas ganas de explorar e pasalo ben. Vemonos ENTRE LUSCO E FUSCO. 🌌👇

Que tarde tan enriquecedora a de hoxe na Casa Verde! 🙌​Queremos darlles un agradecemento enorme a todos os que vos acheg...
30/05/2026

Que tarde tan enriquecedora a de hoxe na Casa Verde! 🙌

​Queremos darlles un agradecemento enorme a todos os que vos achegastes a compartir este faladoiro con Nuska Chousa. Dá gusto ver un público tan activo, que non só veu escoitar, senón a preguntar, opinar e achegar as súas propias vivencias e trucos para unha horta sa.

​Grazas a Nuska pola súa xenerosidade e a todos vós por facer deste encontro un espazo de intercambio tan real e próximo.

​Desliza para ver as imaxes da xornada 📸➡️

📢 ¡PRAZAS ESGOTADAS! Queremos darvos as grazas pola fantástica acollida que tivo o noso faladoiro "Horta sa, colleita se...
23/05/2026

📢 ¡PRAZAS ESGOTADAS! Queremos darvos as grazas pola fantástica acollida que tivo o noso faladoiro "Horta sa, colleita segura" con Nuska Chousa. En tempo récord completáronse todos os espazos dispoñibles!

​Sentimos moito se te quedaches sen o teu sitio esta vez, pero tomamos nota do voso interese para futuras actividades.

​📌 Información importante para os inscritos:

​📅 Sábado, 30 de maio

​⏰ Por favor, pregamos chegar un pouco antes, ás 17:45 h, para poder comezar puntual ás 18:00 h.

​📍 Centro Social Casa Verde

​Grazas por apostar polo coidado natural da nosa terra! 🌿✨

Dirección

Igrexa 42, Salcedo
Pontevedra
36143

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Cultural Casa Verde publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Asociación Cultural Casa Verde:

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos