Cineclube Pontevedra

Cómo llegar Página web

Cineclube Pontevedra Asociación sen ánimo de lucro cuxo obxectivo fundamental é a promoción e a difusión de todo o relacionado co feito cinematográfico.

Cinema e estrelas! ✨Entre o 7 e o 11 de xullo, a praza da Pedreira transfórmase en sala de cinema ao aire libre para aco...
02/07/2026

Cinema e estrelas! ✨

Entre o 7 e o 11 de xullo, a praza da Pedreira transfórmase en sala de cinema ao aire libre para acoller as proxeccións do ciclo Cinema e estrelas deste ano.

Todas as sesións comezarán puntualmente ás 23 h e proxectaranse en versión orixinal subtitulada. Un plan perfecto para g***r das noites de verán: para amantes da música urbana en gaélico irlandés, os mercados nocturnos taiwaneses, o queixo Comté, as viaxes no tempo e o meneo das cadeiras de John Wayne.

O filme de Ford proxectarase en formato 35 mm.

Grazas á imprenta ambulante Alouette Machine pola axuda co cartel!

Print the legend!

Concello de Pontevedra

Este xoves ás 20 h en Belas Artes! Entrada de balde ata completar a cabida!Ambienta
13/05/2026

Este xoves ás 20 h en Belas Artes! Entrada de balde ata completar a cabida!
Ambienta

Mi querida señorita (Jaime de Armiñán, 1972) é o filme que escollemos este ano para programar na sección AMBIENTa_Clásic...
04/05/2026

Mi querida señorita (Jaime de Armiñán, 1972) é o filme que escollemos este ano para programar na sección AMBIENTa_Clásico da Mostra Internacional de Cinema LGBTIQA+ de Pontevedra.

A sesión terá lugar no salón de actos da Facultade de Belas Artes, o xoves 14 de maio ás 20 h.

Co gallo da recente estrea do seu remake, propuxemos revisitar nesta edición o clásico de Jaime de Armiñán, estreado en febreiro de 1972 e con Jose Luis López Vázquez no papel de Adela Castro/Juan. Un filme transgresor que abriu un espazo inédito no panorama do cinema español para falar de cuestións como o xénero, o desexo ou a identidade.

Podedes consultar a programación completa en ambienta.gal.

Ambienta

Dirección

Rúa Luis Braille, Núm. 40
Pontevedra
36003

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Cineclube Pontevedra publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir